INFORME TÉCNICO DO ESTADO DO
ÁRBORADO EXISTENTE NO ENTORNO DO
CEIP GREGORIO SANZ
CONCELLO DE RIBADEO
PROVINCIA DE LUGO
SOLICITANTE: CONCELLO DE RIBADEO
AUTOR: MANUEL VALCÁRCEL VILA
ENXEÑEIRO TÉCNICO FORESTAL
COLEXIADO DO COETFOGA Nº 555
OUTUBRO DE 2024
1.- INTRODUCCIÓN.
No mes de outubro de 2024, encargase por parte do Concello de Ribadeo, o presente
informe técnico de cara a evaluar a conveniencia de retirada de diversas árbores do entrono do
CEIP Gregorio Sanz, localizado na Av. Luarca, 0, 27700 Ribadeo, Lugo.
O presente informe é redactado por D. Manuel Valcárcel Vila, con DNI 33331697M,
Enxeñeiro Técnico Forestal con número de colexiado 55 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos
Forestais de Galicia, actuando ó servizo da empres SERVITEC MEDIOAMBIENTE S.L.
2.- OBXECTO.
O presente informe técnico ten por obxeto evaluar a conveniencia de retirada de diversas
árbores do entrono do CEIP Gregorio Sanz, localizado na Av. Luarca, 0, 27700 Ribadeo, Lugo.
3.- ANTECEDENTES.
Ante a existencia de varios riscos derivados das árbores existentes no entorno do CEIP Gregorio
Sanz o Concello de Ribadeo encarga a reaalización do presente informe técnio.
A principios do mes de outubro o Enxeñeiro Técnico Forestal, Manuel Valcárcel Vila
desprazase ó colexio ca finalidade de evaluar o estado das árbores de cara a establecer unha
serie de actuacións para eliminar e/ou mitigar os riscos existentes.
4.- LOCALIZACIÓN.
O CEIP Gregorio Sanz, localizase na Av. Luarca, 0, 27700 Ribadeo, Lugo, nas seguintes
coordenadas: 43°32'05.6"N 7°03'07.6"W.
O seguinte enlace web mostra a localización da escola:
CEIP Gregorio Sanz - Google Maps
5.- ANÁLISE DOS RISCOS DETECTADOS.
A presenza de árbores en entornos urbanos proporciona múltiples beneficios para os seus
habitantes polo cal considerase indispensable fomentar a súa implantación, protexelos e coidalos.
Estas árbores proporcionan diversos beneficios como a refrixeración do aire os días de calor, o
aumento da biodiversidade urbana, a absorción de gases contamisntes ó ser uns excelentes filtros
para os mesmos, regulan o fluxo da auga, e outros moitos beneficios indirectos que causan no
entorno e na poboación.
Non obstante, a pesar destes beneficios, a presenza de árbores no entorno urbano implica
asumir riscos, incluso no caso de que o individuo este completamente sano.
Avisita de campo consistiu na inspección visual das árbores presente no entorno do
colexio.
Durante a visita realizada detectouse a presenta de numeroso arborado no entorno do
colexio, dito arborado ten un elevado desenrolo con pes adultos de diferentes especies (chopo,
cerdeira, Tuias, Bidueiros, Cipreses e outras coníferas). En moitos casos os pes atópanse moi
próximos uns dos outros impedindo o seu desenrolo.
Tamén se detectaron varias árbores con ramas secas con perigo de desprendemento así
como árbores con fustes inclinados.
Por outra banda as ramas de varias árbores localízanse próximas a condutores de telefonía
e de liñas eléctricas de baixa tensión. O movementos das ramas rozando os condutores pode
provocar o desgaste da protección exterior dos mesmos chegando incluso a causar un risco
eléctrico importante en caso de desgastarse totalmente o illante exterior. No entorno do colexio
existen varias árbores neste caso.
Tamén existen varias árbores que están moi próximas a edificios do colexio causando un
risco importante en caso de temporal de vento xa que o movemento da árbore pode provocar
danos nos edificios e desprendementos que poden caer sobre os usuarios do colexio.
Cabe destacar que todas estas árbores causan outro inconvinte que é a caída de ramas e
follas en canelóns e cubertas que hai que limpar frecuentemente e que supón un risco importante
para os traballadores que teñan que realizar estas operacións.
Por último indicar que todas estas árbores ca caída de follas e ramas provocan risco de
escorregar sobre todo nos meses de outono e inverno así como maior humidade no chan.
6.- CONCLUSIÓNS.
Ante todos os riscos detectados durante a visita de campo realizada conclúese que é
convinte realizar a corta de varias árbores do entorno do CEIP Gregorio Sanz, estimándose a
necesidade de realizar a corta dunhas 27-30 árbores.
Esta corta a pesar de ir en contra dos múltiples beneficios que proporciona o arborado en
entornos urbanos é necesaria dende o punto de vista da seguridade dos usuarios do CEIP
Gregorio Sanz.
Cabe destacar que a pesar de todos os beneficios que cause o arborado urbano así como,
a presenza de árbores no entorno urbano implica riscos, incluso no caso de que o individuo este
completamente saudable, por exemplo un temporal forte de vento pode provocar o colapso dunha
árbore enteira ou dalgunha parte aínda que a árbore este completamente saudable. Recoméndase
a realización de inspeccións periódicas das árbores.
En Ribadeo (Lugo) a 7 de outubro de 2024.
Asdo. Manuel Valcárcel Vila.
SERVITEC MEDIOAMBIENTE S.L.