Alejandro Magno

honomastico 477 views 32 slides Feb 11, 2012
Slide 1
Slide 1 of 32
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32

About This Presentation

Vida e conquistas de Alexandre Magno.


Slide Content

O REINO DE MACEDONIA
No século IV a.C. o reino de Macedonia constituía
unha pequena pero ambiciosa potencia. Os seus
monarcas guerreiros soñaban con estender o seu
territorio e obter un recoñecemento que non
posuían.
Macedonia e Tracia formaban reinos que os
civilizados gregos do sur consideraban primitivos e
analfabetos.
O rei Amintas III, pai de Filipo II,
reinou en Macedonia entre os anos
389 a 369 a.C. Trasladou a capital a
Pella e unificou o reino.
A súa morte herdou o trono Filipo II.

O REINO DE MACEDONIA
Despois de consolidarse no trono en 358 a.C. Filipo
iniciou unhas astutas campañas diplomáticas e
militares que o levaron a unha posición de
hexemonía sobre toda Grecia.
Filipo II

O REINO DE MACEDONIA
A ambición de Filipo de posuír a hexemonía en
Grecia pareceu consolidarse na batalla de
Queronea (338 a.C.), na que o rei e o seu xeneral
Alexandre derrotaron a alianza de Atenas e Tebas.
Mentres o rei Filipo preparaba o
exército para marchar sobre Persia,
foi asasinado misteriosamente,
no ano 336 a.C., por un membro
da súa garda persoal.
As polis gregas que estaban baixo a dominación
macedónica se rebelaron pero fracasaron.
Alexandre, con gran habilidade, impúxose como
novo monarca e eliminou ós posibles rivais.

Fillo de Filipo II, rei de Macedonia, e
de Olimpia. Naceu o 20 ou 21 de
xullo de 356 a.C. en Pella e morreu
o 10 ou 13 de xuño do 323 a.C. en
Babilonia. Segundo Plutarco, o día
do seu nacemento tívose noticia na
capital de tres triunfos.
ALEXANDRE MAGNO
Nacemento e infancia
 Alexandre era fisicamente de baixa estatura, con cutis
branco, cabelo ondulado de cor castaño claro e ollos
heterócromos (un marrón —o esquerdo— e outro gris).

Adolescencia
Moi cedo (340 a. C.) o seu pai o
asociou a tarefas do goberno
nomeándoo rexente
No 338 a. C. dirixiu a cabalería
macedónica na batalla de
Queronea, sendo nomeado
gobernador de Tracia ese mesmo
año.
Dende pequeno, Alexandre
demostrou as características
máis destacadas da súa
personalidade: activo, enérxico,
sensible e ambicioso. É por iso
que, a pesar de ter apenas 16
años, se viu obrigado a repeler
unha insurrección armada.
Colin Farrell como Alexandre
de mozo

Ascenso ao poder
Despois do asasinato de Filipo no ano 336 a. C. Alexandre
tomaria as rendas de Macedonia á idade de 20 anos.
Tras suceder ao seu pai, Alexandro atopouse con que debía
gobernar un país radicalmente distinto daquel que herdou Filipo,
xa que Macedonia pasara de ser un reino fronteirizo, pobre e
desdeñado polos gregos, a un poderoso Estado militar de
fronteiras consolidadas cun exército experimentado que
dominaba indirectamente a Grecia a través da liga de Corinto.
A morte do gran Filipo supuxo que algunhas polis gregas
sometidas por el se alzasen en armas. Alexandre demostrou
rapidamente a súa destreza militar atravesando Tesalia para
sometela novamente, e acto seguido venceu aos gregos tomando
e destruíndo Tebas e obrigando a Atenas a recoñecer a súa
supremacía facéndose nomear Hegemon, título que xa ostentara
o seu pai e que o situaba como gobernante de toda Grecia, tras o
cal se dispuxo a cumprir o seu seguinte proxecto: conquistar o
Imperio Persa.

Asia Menor

Alexandre cruzou o Helesponto
cara a Asia Menor. Fixo unha
breve parada en Troia, onde
honrou a tumba do seu heroe
Aquiles. Na primeira contenda que
se librou en territorio asiático, a
batalla do Gránico, os sátrapas
fixéronlle fronte cun exército de
40.000 homes comandado polo
astuto Memnón de Rodas e
composto no seu maior parte por
gregos mercenarios, pero o
exército persa ofreceu unha débil
resistencia e foi vencido. Neste
combate Alejandro estivo preto da
morte, pois un persa tratou de
asasinalo por detrás.

As cidades gregas das costas
entregáronse, xa sexa por medo ou por
querer ser liberadas.
A finais de 334 a. C. decidiu pasar o
inverno en Gordión, antiga capital de Frixia.
Alí atopábase un famoso carro real, suxeito
a un nó moi complicado de desfacer.
Segundo o oráculo de Gordión, quen
soubese desfacelo conquistaría Asia.
Alexandre partiu o nó coa súa espada. A
tormenta que seguiu ao feito interpretouse
como un claro signo de que Zeus daba a
súa aprobación.

Alexandre foi ben recibido polos exipcios, quenes
lle apoiaban pola súa loita contra os persas,
cuxos reis dominaran Exipto en dúas ocasións.
Como o seu salvador e liberador concedéuselle a
coroa dos dous reinos, sendo nomeado faraón en
novembro de 332 a. C. en Menfis.
En xaneiro do 331 a. C. Alexandre fundou a
cidade de Alexandría nunha parte moi fértil do
delta do Nilo. Os motivos da fundación eran tanto
económicos (a apertura dunha ruta comercial no
mar Exeo) como culturais (a creación dunha
cidade ao estilo grego en Exipto, cuxa
planificación se deixou en mans do arquitecto
Dinócrates).

Posteriormente, tras unha
dificultosa viaxe polo
deserto, chegou ao oasis
de Siwa, onde o profeta do
deus Amón anuncioulle que
lle saudaba tanto de parte
do deus como do seu pai.
Alexandre preguntou se
quedara sen castigo algún
dos asasinos do seu pai
Filipo. Dándolle o deus
favorable resposta e
asegurándolle que Filipo
estaba vingado, Alexandre
fíxolle magníficas ofrendas
pola resposta positiva.
Restos do oráculo de Amón

A cultura do Antigo Exipto
impresionou a Alexandre
dende os primeiros días da
súa estancia neste país.
Os exipcios deixáronnos
testemuño, gravado en
pedra, destes feitos e
apetencias. En Karnak
existe un baixorreleve
onde se representa a
Alexandre facendo
ofrendas ao deus Amón,
como o fai un converso.
Nel, viste a indumentaria
de faraón.

Alexandre controlou a situación de rebeldía en Anatolia e
o Exeo, de tal modo que na primavera do 331 a. C.,
dende Tiro, organizou os territorios conquistados. Darío,
cun exército máis numeroso, decidiu facerlle fronte a
beiras do Tigris, pero apenas logrou salvar a súa vida, xa
que a pesar da superioridade numérica viuse derrotado
polo xenio militar do novo rei macedonio. Así, Alexandre
co seu exército logrou entrar en Babilonia.

No ano 331 a. C., o exército macedonio invadiu
Persia entrando doadamente en Susa, mentres
que o vencido monarca persa Darío III fuxía cara
ao interior do territorio persa en busca de forzas
leais para enfrontar novamente a Alexandre.
Dende Susa pasou a Persépolis, capital
cerimonial do Imperio Aqueménida, onde
incendiaron o palacio da cidade durante unha
festa. Despois dirixíronse cara a Ecbatana para
perseguir a Darío , pero o atoparon asasinado
polos seus nobres. Alexandre honrou ao seu rival
e inimigo e prometeu perseguir aos seus
asasinos.

Os estranxeiros que vivían en Persia se sentiron
identificados con Alexandre e comprometéronse con
el para veneralo como novo gobernante. A maioría
dos sátrapas foron deixados no seu posto, aínda
que supervisados por un oficial macedonio que
controlaba o exército.

Tras moitas peripecias e conquistas, Alexandre invadira a
Sogdiana e a Bactriana, casouse coa princesa Roxana, e
levaría ao seu exército a atravesar o Hindu Kush e a
dominar o val do Indo.
Aos seus 32 anos, o seu imperio estendíase ata o val do
Indo polo leste e ata Exipto polo oeste. Das 70 cidades que
fundou, 50 delas levaban o seu nome.

A India

Alexandre puxo toda a súa atención no subcontinente
indio e convidou a todos os xefes tribais da anterior
satrapía de Gandhara para que viñesen a el e se
sometesen á súa autoridade. Algúns aceptaron, pero os
rajás dalgúns clans das montañas negáronse.
Alexandre conduciu aos seus homes a loitar contra a
tribo dos kamboja e despois se enzarzou nunha feroz
contenda contra os aspasioi na que o feriron no ombreiro
cun dardo aínda que gañou a batalla.
Os assakenoi foron ao encontro de Alexandre loitando
valentemente e opoñendo unha tenaz resistencia ao
invasor. Ao final, foron masacrados.
Alexandre cruzou o Indo e gañou unha batalla épica
contra o gobernador local, Poros, que controlaba a rexión
de Punyab, na batalla do Hidaspes do 326 a. C.

Trala batalla, Alexandre quedou tan impresionado pola
valentía de Poros que fixo unha alianza con el e nomeoulle
sátrapa do seu propio reino. Alexandre chamou Bucéfala a
unha das dúas cidades que fundara, en honra ao cabalo
que lle trouxo á India e que morrería durante a contenda do
Hidaspes.
Charles Le Brun – Alexandre Magno e Poros

Dirixindose ao sur o exército macedonio atopouse cos
malios. A batalla contra esta tribo os conduciu ata a
ciudadela de Malia en cuxo asalto Alexandre foi ferido
gravemente por unha frecha no pulmón. Grazas ao esforzo
do seu ciruxano, Critodemo de Cos, sobreviviu a esa ferida.
Os Malios foron masacrados. Non se perdoou a vida a
ningún home, muller ou neno.
Alexandre pensou en continuar dirixíndose ao Ganxes, pero
o exército, canso tras oito anos fora da casa, negouse a ir
máis aló. Ante unha posible rebelión ordenou o regreso a
Babilonia dividindo o exército en tres corpos: un iria a
Carmania baixo o mando do xeneral Crátero; outro
enviouno por mar para explorar o Golfo Pérsico baixo o
mando de Nearco, e el conduciría ao resto de volta a
Persia pola ruta do sur a través do deserto de Gedrosia.

Conspiracións
No 330 a. C., Filotas, fillo de Parmenión, foi
acusado de conspirar contra Alexandre e
asasinado xunto co seu pai por temor a que este
se rebelase ao enterarse da noticia. Así mesmo,
o primo de Alexandre, Amintas, foi executado
por tentar pactar cos persas para ser o novo rei.
Tempo despois houbo unha nova conxura
ideada polos seus paxes, a cal tampouco logrou
o seu obxectivo. Calístenes (historiador das
travesías de Alexandre e sobriño de Aristóteles),
considerado como impulsor deste complot, foi
condenado a morte.

A morte de Alexandre
O 10 de xuño do 323 a. C. Alexandre morreu no palacio de
Nabucodonosor II de Babilonia. Faltáballe pouco máis dun
mes para cumprir os 33. Existen varias teorías sobre a causa
da súa morte, que inclúen envelenamento por parte dos fillos
de Antípatro (Casandro e Yolas) ou outros, enfermidade
(suxírese que puido ser a febre do Nilo), ou unha recaída da
malaria que contraeu no 336 a. C.
Alexandro non tiña ningún herdeiro lexítimo e obvio. O seu
medio irmán Filipo Arrideo era deficiente, o seu fillo Alexandre
nacería tras a súa morte, e o seu outro fillo Heracles era
dunha concubina.
O imperio se dividiu entre os seus sucesores (diádocos).
Todos os seus familiares e herdeiros, tanto a súa nai Olimpia,
a súa esposa Roxana, o seu fillo Alexandre, a súa amante
Barsine e o seu fillo Heracles, foron mandados asasinar por
Casandro, o que levou á extinción da dinastía Argéada.

As guerras dos Diádocos
A pesar dos intentos de manter unificado o Imperio
macedónico, este acabaría por dividirse en varios reinos
independentes que fundaron as súas dinastías:
Dinastía Tolemaica: Tolomeo converteuse desde un
primeiro momento en gobernante de Exipto.
Dinastía Antigónida: con centro en Macedonia e co fillo
de Antígono, Demetrio, como rei, esta dinastía conquistou
o seu reino a Casandro e ocupou tamén Grecia.
Dinastía Seléucida: Con base en Mesopotamia e Siria,
Seleuco dominou despois un territorio máis amplo, xa que
se apropiou de Asia que estaba en poder de Antígono.
Lisímaco obtivo Tracia e Asia Menor pero non logrou
fundar unha dinastía nin consolidar os seus dominios.

1ª partición do imperio

Os reinos dos Diádocos, Roma
e Cartago

Fin