Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

cabeiroweb 624 views 36 slides Mar 12, 2011
Slide 1
Slide 1 of 36
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36

About This Presentation

Xogos recollidos polos alumnos/as dos seus avós e pais.


Slide Content

ESCOLMA DE XOGOS
POPULARES
CEIP PORTO – CABEIRO
CURSO 2009-2010

XOGO “O
BURRO”
“A miña nai contoume un
xogo que lle contou a
súa nai, chámase o
burro”.
Trátase de que haxa un
grupo de nenos e nenas,
máis de 5, que esta en
posición do burro. Tíñan
que separar máis de un
metro.

XOGO “O BURRO”
•Despois un dos
xogadores tiña que
saltar por enriba
deles coas as mans
colocadas no lombo e
saltando coas pernas
abertas.

XOGO “O BURRO”
•Cando saltes por
enriba do último
xogador colócaste
coma un burro, e o
primeiro empeza o
xogo outra vez.
•Os burros teñen que
ter a cabeza encollida
para non mancarse.
•O que caia perde.

XOGO “OS XOGADORES DAS
CAIXAS DOS MISTOS”
•Cando eu estaba na escuela o xogo que había
era o xogo dos xogadores das caixas dos
mistos.O xogo consistía en desde unha altura,
tirar o xogador ao chan e o que quedaba por
encima era o que gañaba.

XOGO “O XOGO DAS CAIXAS
DOS MISTOS”
•Xogábase collendo varias
caixas de mistos baleiras.
•Tirábase contra a parede e a
caixa caía enriba das outras
que estaban no chan.
•Gañábase se tocaba as caixas
que estaban no chan, e son
para o xogador.

XOGO “O ARO”
•A miña avoa
contoume que de
pequena xogaba ao
aro.

XOGO “O ARO”
•Collían un aro dun caldeiro ou dun pipote, e
outro ferriño máis pequeno, e con el construían
o xogo.

XOGO “O ARO”
•Quen aguante máis tempo co aro en
movemento é o gañador.
•Non pode caer ao chan, se non perdes.

XOGO “A MONECA”
•A moneca de pao:
Este xogo díxomo a miña avoa.
Cantos máis xogadores haxa,
máis divertido é.

XOGO “A MONECA”
•A miña avoa de pequena,
cunhas amigas, xogaba a
crear unha moneca co
corpo de pao ou cana.

XOGO “A MONECA”
•Os ollos podíanse facer de varias formas,
segundo queiramos, pintados, poñéndolles un
anaco de la etc.

XOGO “ A PEDRIÑA”
•Este xogo contoumo tamén a
miña avoa. Os xogadores poden
ser cantos queiramos.Consiste en
marcar unhas liñas no chan, logo
coller unha pedra ou un anaco de
tella e tirala ao chan.

XOGO “ A PEDRIÑA”
•A pedra ou tella non pode tocar as liñas se non perdes. Tes que mover a
pedra de casiña en casiña, dándolle toques co pé sen que toque as liñas.

XOGO “AS BRUXAS”
–Póñense todos nun círculo menos un, que elixe a 3 ou 4 persoas para que
sexan as bruxas.
•Cando as bruxas esten dentro do círculo cantan unha canción mentras dan
voltas ao redor das bruxas. Cando termina a canción os xogadores din
nomes do que foron dicindo as bruxas ao longo da canción.
•Feito esto o gran grupo dille ás bruxas: quen sodes? , o que elas
responderan: “ As bruxas “.
•Todos empezan a escapar e as bruxas os intentan alcanzar.
•Os últimos en ser atrapados poden ser as bruxas no seguinte xogo.

XOGO “AS BRUXAS”

XOGO “PASE MI SI”
•A miña avoa, Concha,
contoume un xogo para xogar
en grupo.
•Escóllense dous nenos que fan
unha ponte cos brazos e
deciden que van preguntar
paises,cidades, cores, etc

XOGO “PASE MI SI”
•Os demais nenos fan unha fileira e pasan por debaixo da ponte, mentras se
canta a canción:
“Pase mi si, pase mi sa, polas portas de Alcalá. Os de diante corren moito,
os de atrás se quedarán” .

XOGO “PASE MI SI”
•Preme aquí
Ao rematar a canción os dous
nenos que forman a ponte baixan
os brazos e atrapan a un neno ao
que lle preguntan que prefiren
das cousas que escolleron antes.
Segundo a resposta, pasan detrás
do neno que lle corresponda.
Cando se atrapan todos os nenos
faise unha liña no chan, e os dous
equipos tiran hacia atrás. O
equipo que cruce a liña perde.

XOGO “ CASTELO DE CAROZOS”
•Necesíntanse carozos.
•Poden xogar un ou máis xogadores.
•Cada xogador ten que facer o seu propio castelo,
poñendo 2 carozos en vertical, logo enriba 2 en
horizontal e así ata que teñas un castelo.
•Gaña o xogador que consiga o castelo máis alto sen
que lle caia.

XOGO “ O FÍO”
PREME NESTE VÍDEO

XOGO “ O FÍO”

XOGO “O TIRAPEDRAS”
•O xogo que me contaron é o
“tirapedras”
•O tirapedras consiste en coller
unha pedra, metela entre a goma
e despois tirar hacia atrás, e
soltar.

XOGO “O TIRAPEDRAS”
•Como se fai un tirapedras?
•Córtase un pao, pero a punta do pao ten que ter unha forma de i grega
(“Y”), despois colles unha goma e atala nas dúas puntas.

XOGO “A PULGA”
•A pulga facíase cunha capsuliña de calquera cousa, por exemplo dun
medicamento, na que se metía unha bola pequena de ferro

XOGO “A PULGA”
•Coa pulga facíanse varios xogos.
•Un era facer circuítos.
•Facíanse cunha táboa de madeira
na que se poñían obxectos que se
pegaban na táboa e despois había
que inclinar a táboa e intentar que a
pulga esquive os obxectos.
•Preme aquí

XOGO “A PULGA”
•Outro xogo era ir pasando a pulga
de man en man pero rodando sen
que se lle caera a ninguén. Se
alguén se lle caía quedaba
descalificado.
•Este xogo podía ser de dous ou
máis xogadores e os que perdían
dábanlle unha pulga cada un ao
gañador.
•Hoxe en día chámase:
“Tico-Tacos”

XOGO “AMO-ATÓ”
•Vou contar un xogo que se chama
amo-ató e poden xogar de 4 a 20
persoas.
•Dun grupo escóllense dúas nenas,
unha fai de nai e outra de ama,
logo a nai ponse nuha esquina e a
ama noutra.
•A que fai de nai ten con ela o
resto das nenas e a ama canta
para escoller unha nena

XOGO “AMO-ATÓ”
•Ama: Amo-ató matarilerilerile, amo-ató matarilerilerón, chim-pon
•Nai: Que quere vostede, matarilerilerile, que quere vostede matarilerilerón
chim-pon
•Ama:Eu quero un paxe matarilerilerile, eu quero un paxe matarilerilerón,
chim-pon
•Nai: Que paxe é ese matarilerilerile, que paxe é ese matarilerilerón chim-
pon
•Ama: A “Sandra” polo sue nome matarilerilerile, a “Sandra”polo seu nome
matarilerilerón, chim-pon
•Nai: Que oficio lle vai poñer? matarilerilerile, que oficio lle vai poñer?
matarilerilerón chim-pon
•Ama: O oficio de mestra matarilerilerile, o oficio de mestra matarilerilerón,
chim-pon
•Nai: Aquí a ten vostede, matarilerilerile, aquí a ten vostede matarilerilerón
chim-pon

XOGO “AMO-ATÓ”
•Logo xúntanse as tres, fan unha
roda e cantan: “ Ao pasar o
trébole, o trébole o trébole. Ao
pasar o trébole a noite de San
Xoán.
•E a filla despídese da nai
gritándolle: Adeus mamá!. E así
repítese todo ata que se rematen
todas as nenas, tendo ao final
cada unha o seu oficio.

XOGO DE MANS
•Preme aquí para ver os
movementos das mans
•Unha pomba,
punto e coma.
Quería saír do niño,
punto e seguido.
Quería ser cantante,
punto e aparte.
Pobre animal!
Punto e final.

XOGO “O PATEIRO”
•Este xogo que me contou o meu avó é moi antigo, e chámase o
xogo da billarda. É así:
•Collemos dous paos un mais pequeno que o outro. O pequeno de
15 ou 20cm e o grande de 80 ou 90 cm
•Este xogo, ademáis de chamarse “ o pateiro” ou “a billarda”, tamén
se chama “a pincha”.

XOGO “O PATEIRO”
•Xogan os xogadores que queiran pero teñen que ser pares.
•Ponse o pao pequeno no chan cun dos extremos un pouco
levantado para poder darlle co pao grande. Cando o pao pequeno
está xirando no aire dámoslle co grande.
•O pao pequeno chámase “canícola” e o grande “vara”.

OUTROS XOGOS

OUTROS XOGOS

RELACIÓN DE XOGOS
•“ O BURRO ”………………………………………………………………………..……….1
•“ O XOGO DAS CAIXAS DE MISTOS ”…..……………………...........................…….3
•“ O XOGO DAS CAIXAS”……………………………………………..............................5
•“ O ARO”……………………………………………………………………………………..6
•“ A MONECA DE PAO…………………………………………….………………………..9
•“ A PEDRIÑA”………………………………………………………………………………12
•“ AS BRUXAS ”……………………...……………………………………………………..14
•“ PASE MI SI ”……………………………………………………………………………...16
•“ O CASTELO DE CAROZOS ”………………………………………………………….19
•“ O FÍO ”……………………………………………………………….............................20
•“ O TIRAPEDRAS ”………………………………………………………………………. 22
•“ A PULGA ”………………………………………………………………………………..24
•“ AMO – ATÓ ”……………………………………………………….........................…..27
•“ XOGO DE MANS ”………………………………………………………………………30
•“ O PATEIRO ”……………………………………………………………………………..31
•“OUTROS XOGOS: BOLICHE, CHAPAS, TABAS, CANICAS……………………….33
•Autores:Carla, Fernando, Andrea, Carla L. F.,Eva, Alexis, Andrea B., Uxía, David,Daniel,
Breogán, Ana, Asunción, Lucía Mª, Laura, Miriam, José Mª, Alejandro,xunto coa colaboración
dos seus avós, avoas, pais, nais …
•Mestra: Ánxela D.M.