Metrosidero
árbore do lume
pohutukawa
Metrosideros excelsa
pohutukawa
arbre de Noël de Nouvelle-Zélande
árvore de fogo
CLASE
magnoliópsidas
ORDE
mirtales
FAMILIA
mirtácea
Árbore perennifolia,
unha das doce especies
de metrosideros
endémicas de Nova
Zelandia, coñecido como
pohutukawa na súa
lingua.
Pode acadar uns 25 m de
altura e ten unha copa
ampla.
TALO
Toro dereito coa tona de cor gris ou castaña avermellada. É frecuente que emita
raíces aéreas mestas e febrosas.
FOLLAS
Simples, de forma elíptica a oblonga de 5-10 cm de lonxitude, enteiras, co
peciolo curto. Son grosas, de cor verde polo dereito e claras e con peliños polo
envés.
FLORES
Agrupadas en acios terminais. Teñen cinco pétalos pequenos e numerosos
estames duns 2,5 cm de lonxitude. Son dunha chamativa cor vermella.
FROITOS
Cápsulas coirentas con pequenas sementes alongadas.
USOS
Especie ornamental moi valorada polas súas vistosas flores.
A tona e o néctar das flores teñen aplicacións medicinais.
Patio da Policía Municipal (A Coruña)
-20,4 m de altura, 6,38 m de perímetro na
base.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Torre de Andrade. Pontedeume.
-25 m de altura, 5,45 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Un pohutukawa senlleiro en Te Araroa (Nova Celandia)
-20 m de altura e 38 m de diámetro de copa.
Árbore rata do norte
Metrosideros robusta
Nativa dos bosques de Nova Celandia. Funciona como unha especie hemihepífita
que se desenvolve sobre o toro doutra árbore acadando un gran tamaño, ou
como unha árbore independiente de toro curto.
As follas son veludas e de cor verde escura, de 2,5 a 5 cm de lonxitude.
Pazo de Besada (Poio)
-2,02 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Bushy Park Reserve
(Nova Celandia)
MONTAXE: Adela Leiro
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Agosto 2015