instruccións de fondolibros Galicia25-26.pdf

victormpa 4,386 views 2 slides May 16, 2025
Slide 1
Slide 1 of 2
Slide 1
1
Slide 2
2

About This Presentation

fondo libros


Slide Content

Rúa da Escola, s/n
36450 Salvaterra (San Lourenzo)
886110717
[email protected]
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón



36008751

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MA TERIAL
ESCOLAR PARA O CURSO 202 5/2026

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 16 de maio ao 20 de xuño de 2025
NORMATIVA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250515/AnuncioG0761-290425-0001_gl.html
FORMAS DE PRESENTACIÓN:
- Telemática: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación
informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
- Presencial: En horario de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:00h. Pódese entregar cuberto e asinado nos seguintes días a través do alumnado, sen
necesidade de acudir os proxenitores ao centro, entregando os Anexos e as fotocopias da documentación requirida.

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR O FORMULARIO: (cubrirase un formulario por familia)
Datos da persoa solicitante: Pai/nai/titor(a) legal do alumnado que conviva con este.
Datos do alumnado: Alumnado admitido nos cursos de 1º a 6º de Educación Primaria no curso 2024/2025 no CEIP Infante Felipe de Borbón.
Membros computables da unidade familiar: restantes membros da unidade familiar que non figuren na primeira páxina da solicitude.
Comprobación de datos: Marcar se autoriza a consulta dos datos da renda na última casiña.
Sinatura da persoa solicitante: Sinatura do pai/nai/titor(a) legal que apareza na primeira páxina da solicitude.
Anexo II: Todos os membros da unidade familiar excepto o solicitante, incluído o alumnado para o que se solicite a axuda. No caso de
menores de idade deberá asinar o pai, nai ou titor/a, NUNCA o menor de idade.
Hai que cubrir e asinar os dous cadros de comprobación de datos para autorizar a consulta de DNI e datos da renda, ademais da situación de
discapacidade, de ser o caso.
Se a unidade familiar está composta por máis de catro membros se cubrirán tantos Anexo II como sexan necesarios.
Xunto coa solicitude deberá achegarse o libro de familia e, se este non reflicte a situación familiar, achegarase a documentación precisa
(resolución xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador, certificado de discapacidade se NON está recoñecida pola Xunta, etc.)
En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar actual. A efectos de renda os datos serán os do
exercicio fiscal 2023.
As familias deberán traer a fotocopia da documentación esixida o día da presentación no centro, ademais da solicitude (Anexos I e II)
cuberta e asinada polos membros da unidade familiar.
No caso de realizar a presentación telemática, deben escanear o anexo II correctamente asinado e axuntalo.


Resumo do fondo de libros e das axudas: Renda per cápita familiar 2023
Suma das casiñas 435 e 460 da declaración dividida entre o nº de
membros da unidade familiar

≤ 6000€
> 6000€
≤ 6000€
> 6000€

≤ 10.000€ ≤ 10.000€

Libros de texto Material
1º e 2º Educación Primaria 240 € 160 €
75 €
60 €
3º a 6º Educación Primaria 6 libros 4 libros
60 €
Alumnado con NEAE 240 € 160 €
75
Alumnado con NEAE con Discap. ≥ 33% 300 300
75 75
Alumnado tutelado pola Xunta 240€ ou 6 libros
75 €
Discapacidade ≥ 65% e Ed. Especial 300€ ou 6 libros
(1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.
(2) O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % que non empregue os libros de texto do curso en que estea matriculado ou con
necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda da orde, poderá adquirir os libros doutros cursos ou o
material específico que determine o centro docente
(3) O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o
material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros axeitados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale, co
que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine (Disposición adicional 2ª).
Esta situación deberá acreditarse cun informe do centro onde se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno e a
imposibilidade de empregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.

Rúa da Escola, s/n
36450 Salvaterra (San Lourenzo)
886110717
[email protected]
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón


PRAZOS
Presentación de solicitudes: do 16 de maio ao 20 de xuño, ambos incluídos, en horario de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 13.00 sen necesidade de pedir
cita. Poderedes tamén enviar a solicitude polo voso fillo/a se tendes todo correctamente cuberto xunto coa fotocopia da documentación necesaria
para que a entreguen en secretaría. O alumnado trasladado desde centros de fóra de Galicia ou privados non concertados terá un mes desde a data
de formalización de matrícula, que deberá ser anterior ao 31 de marzo de 2026 en todo caso.
Devolución dos libros do curso 2024/2025: Para evitar aglomeracións establécense diferentes horarios para a entrega de libros. As familias con
alumnado en diferentes cursos poderá traer os libros de todos os alumnos no mesmo día. Pregamos cumpran o horario establecido.

 Alumnado 3º Ed. Primaria: 10 e 11 de xuño de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30
 Alumnado 4º Ed. Primaria: 16 de xuño de 09:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30
 Alumnado 5º Ed. Primaria: 12 e 13 de xuño de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30
 Alumnado 6º Ed. Primaria: 6 de xuño de 09:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:30

Publicación de listaxes provisionais: 1 de xullo de 2025 – As listaxes só se poderán consultar presencialmente no centro ou na aplicación fondolibros;
non se publicarán na web do centro nin se poderá facilitar dita información telefónicamente.
Reclamación ás listaxes provisionais: 2 e 3 xullo de 2025 As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á pu-
blicación da listaxe provisional
Publicación de listaxes definitivas: 4 de xullo de 2025
Entrega de vales de libros e de material escolar de 1º/2º Ed. Primaria: 7 de Xullo
Entrega de libros de texto e vales de 3º e 4º Ed. Primaria: 8 e 9 de Xullo
Entrega de libros de texto e vales de 5º e 6 Ed. Primaria: 10 e 11 de Xullo
A entrega de libros e material escolar realizarase en horario de 10:00 a 13:00. Se precisades ser atendidos a outra hora, teredes que avisar o antes
posible ó 886110716 ou o correo electrónico