Ría de Foz

MonContos 99 views 75 slides Nov 07, 2021
Slide 1
Slide 1 of 75
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36
Slide 37
37
Slide 38
38
Slide 39
39
Slide 40
40
Slide 41
41
Slide 42
42
Slide 43
43
Slide 44
44
Slide 45
45
Slide 46
46
Slide 47
47
Slide 48
48
Slide 49
49
Slide 50
50
Slide 51
51
Slide 52
52
Slide 53
53
Slide 54
54
Slide 55
55
Slide 56
56
Slide 57
57
Slide 58
58
Slide 59
59
Slide 60
60
Slide 61
61
Slide 62
62
Slide 63
63
Slide 64
64
Slide 65
65
Slide 66
66
Slide 67
67
Slide 68
68
Slide 69
69
Slide 70
70
Slide 71
71
Slide 72
72
Slide 73
73
Slide 74
74
Slide 75
75

About This Presentation

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.


Slide Content

Ría de Foz Ría de Foz vista desde Barreiros

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria. Concellos: Foz e Barreiros

A ría de Foz ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño . É unha ría estreita e alongada, con 5.800 m na marxe oriental e 8.000 m da marxe occidental, e un cumprimento de entre 450 e 2.250 m. Ten unha ampla chaira intermareal lamacenta rodeada por marismas que se concentran na marxe dereita do interior da ría e no esteiro do Centiño . É unha ría en proceso de colmatación porque a forza do mar impide a saída dos materiais que arrastra o río e trae cara a ela a area que arranca nos cantís veciños.

V Ría de Foz

Ría de Foz

Boca da ría de Foz desde a punta dos Castelos. De fronte a punta dos Prados.

Punta dos Prados e praia de Altar (Barreiros)

Praia do Altar e Pedra Rubia (Barreiros). Ao fondo Foz.

Praia do Altar (Barreiros), de 1.050 m de lonxitude e 45 m de largura media. Dise que o seu nome débese aos sacrificios que, noutros tempos, se facían aos deuses no illote conhecido como “Pena de Altar”, accesible na baixamar .

Frecha entre a praia do Altar e a ría (punta Tupide)

Na parte externa da ría de Foz atópase unha frecha de area que tapa parcialmente a súa boca (entre as praias do Altar e Anguieira, resultado da interacción entre a dinámica interna da ría e unha corrente O-E que percorre a costa. Entre os anos 1969 e 1977 construíronse en Foz unha serie de espigóns que modificaron a dinámica da ría e fixeron practicamente desaparecer esta frecha arredor de 1980, mentres se xuntaba area na outra banda, na praia da Rapadoira. Na actualidade estase a rexenerar, despois da construción dun novo dique en 1988.

Frecha na marxe dereita da rÍa de Foz. Punta Tupide.

Punta e praia da Anguieira (Barreiros)

Punta e praia da Anguieira

Praia de Anguieira

Ría de Foz , interior (banda leste)

Ría de Foz , interior (banda leste)

Ría de Foz , interior (banda leste)

Ría de Foz , interior

Marismas no fondo da r ía de Foz

Esteiro do Masma

RÍO MASMA O río Masma nace entre os picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral ) e ten un percorrido de 46,2 km ata rematar formando a ría de Foz (mar Cantábrico). O Masma no Pozomouro . Ata aquí chega a influencia das mareas.

Esteiro do Masma

Esteiro do Masma

Esteiro do Masma e ponte do tren

Esteiro do Masma

Esteiro do Masma

Esteiro do Masma

Esteiro do Masma e ponte do tren (vista cara ao interior)

Esteiro do Masma e ponte do Tren

Punta da Arnela

Punta da Arnela

Praia dos Fondás

Praia dos Fondás

Vista da ría desde Os Fondás

Vista da ría desde Os Fondás

Vista da ría desde Os Fondás . Ao fondo Foz.

Río Centiño . Fórmase pola unión de varios regos que baixan da Frouxeira .

Esteiro do Centiño

Xunqueira do río Centiño

Desembocadura do río Centiño

Desembocadura do rego de Vilaronte

Seo do Viveiro

Seo do Viveiro

Foz, restos de antigos estaleiros

FOZ A vila de Foz é de orixe fenicia. Conta con case 10.000 habitantes e no verán convértese nun importante foco de atracción turística.

FOZ. Vila e porto.

FOZ

Porto de Foz

Foz desde a outra banda da ría

Praia da Rapadoira, na banda oeste da ría de Foz. De 340 m de lonxitude e 100 m de largura media, abrigada e de area fina. Os areais desta ría está moi alterados pola construción de espigóns.

Praia da Rapadoira

Punta dos Cairos ou dos Castelos

XEOLOXÍA A orixe da ría de Foz foi un encaixamento na plataforma costeira dun antiguo val fluvial que logo foi invadido polo mar. Os planos de fractura das lousas cámbricas forman parte tamén do proceso. As rochas dominantes son os xistos ; tamén aparecen cuarcitas e lousas . Pena do Altar (Pedra Rubia) (Barreiros)

A RASA DE RIBADEO forma parte da rasa Cantábrica que se estende desde o cabo de Peñas (Asturias) ata Burela. É unha superficie elevada ( planalto ) sobre o nivel do mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente terra adentro , na liña na que se cree que antigamente estaban os cantís. Comeza con maior altura en Asturias, con 110 a 120 m, e vai descendendo pouco a pouco ata Burela onde só acada de 3 a 5 m. Na beira costeira remata en zonas de cantís que caen case rectos e zonas de praias. Está interrompida polos vales dalgúns ríos. A orixe desta rasa ou planalto foi moi estudada por diversos especialistas que barallan distintas hipóteses sobre as causas que puideron actuar máis ou menos combinadas: proceso tectónico de fallas e levantamento da costa no final da Oroxenia Hercínica , movementos epiroxénicos Alpinos, e elevación e descenso do nivel do mar con maior ou menor acción erosiva...

Bancos de area na ría

PROTECCIÓN LIC: 29 de decembro de 2004 ZEC: 31 de marzo de 2014 ZEPA “Ría de Foz” (564 ha) 2-4-2004 Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da SEO/ BirdLife A área corresponde parcialmente coa IBA 007 Ría do Eo -Praia de Barayo -Ría de Foz, incluída no inventario de SEO/ BirdLife (1998).

Cebola das gaivotas Na ría destaca a vexetación de marisma e de dunas. Nas zonas resgardadas do esteiro hai seba (Zostera noltii ) , Juncus maritimus , Spartina maritima , Juncus gerardi , Scirpus maritimus e Phragmites australis . Nas dunas das praias podemos atopar Ammophila arenaria, Eryngium maritimum , Linaria polygalifolia , Cochlearia aestuaria (endémica das costas do golfo de Biscaia ), Limonium dodartii (en perigo crítico de extinción en España), e nos cantís silva do mar ( Smilax aspera ), pirixel do mar … FLORA

Silva do mar ( Smilax aspera )

Xunqueira no fondo da ría

Seba ( Zostera noltii )

Inflorescencia de xunco ( Juncus maritimus )

Bochos e verdellos , algas típicas de zonas lamacentas

Mazarico rabipinto ou rubio ( Limosa lapponica ) No esteiro do Masma e na ría de Foz hai catalogadas 200 especies de aves. Destacan as poboacións de aves acuáticas, especialmente durante o inverno e o paso migratorio outonal : cullereiro ( Platalea leucorodia ), lavanco ( Anas platyrhynchos ), cerceta ( Anas crecca ), asubiador ( Anas penelope ), o escaso ganso de cara negra ( Branta bernicla ), raro en España e que é relativamente frecuente de ver nesta ría; mazarico real ( Numenius arquata ), mazarico rubio ( Limosa lapponica ), pilro gordo ( Calidris canutus )… Rexistrouse a cría da escasa garza pequena ( Ixobrychus minutus ). FAUNA

Garza real ( Ardea cinerea ), visitante invernal habitual.

Cullereiros ( Platalea leucorodia ). Ivernan na ría de Foz procedentes de Holanda.

Cangrexo ( Carcinus maenas )

Pesca e marisqueo, lecer... USOS/APROVEITAMENTO

Porto de Foz

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Aínda que fóra do espazo protexido, nas proximidades atópanse lugares dunha grande importancia histórica ou etnográfica. Muíño no río Centiño

Praia de Rapadoira (Foz) -Construcción de diques que cambiaron a fisonomía das praias -Obras no espazo costeiro -Especies invasoras -Presión turística Praia de Altar (Barreiros) PROBLEMAS

Montaxe e fotos: Adela Leiro , Mon Daporta Agosto 2020
Tags