Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán
3
PRESENTACIÓN
Para que teño as dúas mans,
dúas mans, dúas mans.
Para que teño as dúas mans,
dúas mans.
As dúas mans para petar,
e pintar e xogar.
As dúas mans para petar
e xogar.
Para que serven os meus pés,
os meus pés, os meus pés.
Para que serven os meus pés,
os meus pés.
Os meus pés son para saltar,
e correr e xogar.
Os meus pés son para saltar,
e xogar.
Mentres cantamos, imos facendo os diversos xestos que indica a canción.
Despois de avaliar como moi positiva a actividade do pasado curso, acordamos continuar afon-
dando neste proxecto que chamamos Ao galego cantando (e danzando) con alegría, con bo hu-
mor, con amor.... Entre outros, temos como obxectivo fomentar a oralidade de moitos xeitos,
destacando a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados, xogos orais… xa
que queremos contribuír no que poidamos a que este marabilloso patrimonio cultural, que ademais
pode enchernos de ledicia, non vaia a menos ou remate por desaparecer.
Queremos agradecer o labor desenvolvido neste campo por moitas persoas. Recollendo propos-
tas, moitas das cantigas, non todas, son asimilables por todos os compoñentes da comunidade
escolar, especialmente dos máis novos. Lembrámonos e falamos coa xente de “Preescolar na
Casa” para poder incluír algunhas coplas sinxelas que tiñan recollido. O que vai despois dalgúns
títulos son simplemente ideas de cómo facer. Seguimos agradecendo propostas para completar,
adaptar, corrixir… Os debuxos realizados pola comunidade escolar son sinxelos coa idea de que
cada membro do alumnado poida colorealos como máis lle guste, despois de coñecer o que di a
letra da canción. Incluímos tamén algunhas cantigas do libro+cd+dvd “Na punta do pé” de Pesde-
lan (ed. Kalandraka), pois este é o que escolleron para traballar, entre outras razóns pola boa expli-
cación das danzas no seu dvd, un numeroso grupo de profesores de música da comarca, e temos
proxectada unha festa para a lingua no mes de maio onde queremos que todo o alumnado dos
distintos centros cante e baile algunha destas cancións segundo as súas idades.
Comprobado que podemos pasalo ben aprendendo cantigas, soltándonos e mellorando a oralidade,
se o tempo e as forzas para traballar acompañan, temos en mente seguir afondando neste proxecto,
coas modificacións que fose necesario introducir despois da correspondente avaliación. Que vos
siga sendo de proveito!
PARA QUE