20241108_Informe estado árbores colexio Gregorio Sanz.pdf
AntonioGregorioMonte
295 views
13 slides
Nov 30, 2024
Slide 1 of 13
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
About This Presentation
20241108_Informe estado árbores colexio Gregorio Sanz.pdf
Size: 6.39 MB
Language: none
Added: Nov 30, 2024
Slides: 13 pages
Slide Content
Área de Medio Rural do Concello de Ribadeo
Título: Informe sobre estado do arborado no colexio público Gregorio Sanz de Ribadeo.
Expediente: 5009/2024
Autora: Iria de Luis Iglesia – Técnica de Medio Rural
En cumprimento da providencia de data 07/11/2024 emítese o seguinte:
INFORME
O xoves 31 de outubro de 2024 trasládaseme verbalmente que por petición da dirección do
colexio público CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, se vai realizar unha actuación de mantemento
sobre as especies forestais de toda a zona verde das instalacións do colexio. Por ese motivo
solicítaseme que realice un informe descritivo da situación e estado das árbores que alí se
encontran. Desprázome ata o lugar para facer unha comprobación in situ e realizar fotografías.
Localización: colexio público Gregorio Sanz de Ribadeo, Av. Luarca, 0, 27700 Ribadeo, Lugo
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 13
O Colexio conta con diferetes zonas verdes e recreativas nas que se poden atopar un variado
número de especies vexetais e forestais que presentan múltiples características. Distínguense
tanto especies autóctonas como exóticas; árbores frutais e ornamentais. A continuación
mostraranse imaxes e describirase o estado daquelas especies que segundo me traslada o
Concelleiro de medio ambiente, causan preocupación na dirección do colexio por diferentes
motivos. Eses motivos son principalmente de seguridade e integridade tanto para as persoas
coma para as instalacións.
Especie: Catalpa
Esta árbore atopase xunto á esquina suroeste do recinto. Presenta un grave deterioro na súa
base, producido seguramente como consecuencia de algún fungo que fixo que o seu talo se
secase. Mostra tamén unha leve inclinación que pode estar motivada tanto pola falta de
vitalidade para medrar como pola escaseza de espazo ó encontrarse demasiado próximo dos
muros do recinto e de outras especies que lle dan sombra. Malia ter algún brote novo na parte
superior, o talo mostra claros síntomas de estar seco, na fotografía pódese apreciar unha
pronunciada fenda que divide o talo en dúas metades e que podería con tempo e exceso de
peso causar a súa rotura.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 13
Especie: Betula
Esta árbore non mostra ningún síntoma de praga ou enfermidade, o que si se pode apreciar é
que o marco de plantación con respecto ás especies que a rodean non é o axeitado, o cal lle
impide desenvolver correctamente o seu hábito e poder medrar de xeito vertical, obrigando
dese xeito a que medre de maneira inclinada.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 13
Especie: Salix babylonica
Aparentemente non mostra signos de enfermidade pero si síntomas de deterioro no talo e
unha importante cicatriz producida por un desgarro ou mala práxis en podas anteriores. Está
localizado tan preto dunha soleira de formigón e do valado dun parque infantil, que o seu
crecemento non pode ser vertical e apréciase un porte claramente inclinado.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 4 a 13
Especie: Ulmus
Son varias as árbores desta especie que se atopan distribuídas en distintas zonas. Por un lado
están os exemplares que se mostran na seguinte fotografía, nos cales non se aprecian signos
de enfermidade, pero si o normal oscurecimento e presenza de gretas na cortiza froito da
idade. Debido á ausencia de poda prolongada, presentan unha altura excesiva que invade o
cableado que pasa por riba.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 5 a 13
Na parte traseira do pavillón polideportivo hai catro exemplares que tampouco presentan
signos de enfermidade, pero si o normal oscurecemento e presenza de gretas na cortiza (neste
caso moito máis pronunciado que nos anteriores). Do mesmo xeito que nos anteriores, como
consecuencia dunha ausencia de poda prolongada, presentan unha altura excesiva que invade
o cableado que pasa por riba, así mesmo ,causan danos no canelón e cuberta do polideportivo.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 6 a 13
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 7 a 13
Especie: Platanus
A ausencia de poda durante varios anos motivou un crecemento excesivo que implica un gran
peso na parte alta da árbore. Obsérvanse brotes novos e verdes na parte superior, porén, o
tronco principal da árbore non goza da mesma saúde, mostrando evidentes signos de ter
sufrido algunha praga.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 8 a 13
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 9 a 13
Este outro exemplar non mostra ningún síntoma de praga ou enfermidade. O que si se pode
apreciar é que o marco de plantación con respecto ás especies que a rodean non é o axeitado,
o cal lle impide desenvolver correctamente o seu hábito. Tanto o plataneiro como o castiñeiro
que está ó seu lado non poden medrar con liberdade, xerando unha impresión visual de
sobrepoboación.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 10 a 13
Especie: Thuja
Varios exemplares presentan malformacións como consecuencia dunha poda deficiente. O
número de especies por superficie é demasiado elevado e está disposto de maneira que non
poden desenvolver o seu hábito con liberdade. Obsérvase que tapan unha ventá, envolven un
farol e causan humidade na parede da edificación adxacente.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 11 a 13
Especie: Prunus
Aparentemente está seco como causa de algunha enfermidade producida por un fungo.
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 12 a 13
s.e.u.o é canto se ten a ben informar, e para que así conste aos efectos oportunos, asinase o
presente, en Ribadeo, a data de sinatura electrónica.
A Técnica de Medio Rural,
Iria de Luis Iglesia
(DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE Á MARXE)
Cod. Validación: AHTSJJA6EX37FP4NS7KSSQ5JR Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 13 a 13