7
1931
2021
tempos que se aveciñaban; dando lugar ao pouco á Federación Repu-
blicana Gallega (FRG), da que sería Santiago Casares Quiroga o máximo
representante. Mais tornaríase ao cabo estéril aquel encontro, tal e como
afirmaría anos despois Daniel Rodríguez Castelao, un dos activistas cen-
trais do nacionalismo galego xa naquela altura
2
. Unha realidade que se
vería acompañada a nivel español por unha reactivación do republicanis-
mo, nas súas diversas tendencias, que tivera no Pacto de San Sebastián
de agosto de 1930 o seu punto álxido, co compromiso de derrocar a
monarquía para instaurar unha nova República
3
, xuntanza na que estaría
como representante galego o propio Casares Quiroga, e que os galeguis-
tas xulgarían improdutivo
4
.
Ese republicanismo que xiraba arredor da ORGA convocou un novo en-
contro pro-republicano galego, procurando hexemonizar no país a opo-
sición republicana fronte á ditadura primorriverista e á monarquía alfon-
sina. Realizouse no pazo de Barrantes (Ribadumia) por volta de 25 de
setembro, e fronte á vontade de Casares Quiroga asistiron maioritaria-
mente nacionalistas galegos como Daniel R. Castelao, Ramón Otero Pe-
drayo, Álvaro de las Casas, Enrique Peinador Lines, Valentín Paz Andrade,
Florentino López Cuevillas ou Ramón Cabanillas (aos que se sumou o
crego agrarista Basilio Álvarez), diante dunha reducida representación
da propia ORGA
5
. O encontro desenvolveuse presidido por un discurso
anticaciquil e eminentemente popular. Do que deu en chamarse o Pacto
ou Compromiso de Barrantes derivou un manifesto, inspirado no mani-
festo da I Asemblea Nacionalista Galega das IF (Lugo, 1918)
6
.
A partir da desconfianza que os galeguistas profesaban cara a Casares
Quiroga, e por extensión cara a ORGA e a FRG, abriríase un debate arre-
dor da reorganización do nacionalismo galego. O 27 de abril de 1930 ce-
lebraríase a VI Asemblea Nacionalista Galega, no local co que contaba a
IF da Coruña. Xuntanza na que se apostaría por relanzar o nacionalismo
galego após o tempo de censura que representara a ditadura primorrive-
rista. Entre outras cuestións, mesmo se debatería arredor da integración
formal das IF na ORGA, cuestión que se desbotaría en favor da creación
dunha nova organización
7
, apostando por un Partido Nacional(ista) Gale-
go. Daquela reunión saíu o acordo de celebrar o Día da Patria de 1930 en
Vigo (logo de seis anos sen o poder celebrar publicamente), dando lugar
ao coñecido Xantar da Barxa.
Os que se deron cita en Vigo asistiron primeiro ao Teatro García Barbón,
onde se desenvolverían diversos discursos (de Otero Pedrayo, Castelao
e Paz Andrade entre outros), para despois participaren do devandito xan-
tar. Neste falaron tamén varios galeguistas, entre os que estaban Caste-
lao, Valentín Paz Andrade, Xosé Núñez Búa, Ramón Cabanillas, Alexan-
dre Bóveda, Antón Vilar Ponte e Álvaro de las Casas, entre outros.
A aposta pola reorganización explicitamente política do nacionalismo
galego, abandonando calquera integración nunha estrutura allea (no-
meadamente a ORGA e a FRG), daría lugar, por exemplo, á constitución
2
Rodríguez Castelao, Daniel, Sempre en Galiza, Vigo, Galaxia, 1994. p.161.
3
Asistiría pola Federación Republicana Gallega Santiago Casares Quiroga. Na devandita
xuntanza constituiríase un “comité revolucionario”, presidido por Alcalá-Zamora, acordando
os presentes o común denominador do encontro: o establecemento dunha República, a
descentralización do Estado e a liberdade relixiosa e política.
4
Rodríguez Castelao, Daniel, Sempre en Galiza,... Op. Cit. p.161.
5
Algúns, como Lois Peña Novo, veteranos nacionalistas das Irmandades da Fala que se
desmarcarían ao pouco do republicanismo casarista.
6
A Nosa Terra nº277, 1/11/1930, p.4-5
7
Beramendi, Justo, De provincia a nación... Op. Cit.