A pomba

MonContos 10 views 72 slides Feb 15, 2019
Slide 1
Slide 1 of 72
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36
Slide 37
37
Slide 38
38
Slide 39
39
Slide 40
40
Slide 41
41
Slide 42
42
Slide 43
43
Slide 44
44
Slide 45
45
Slide 46
46
Slide 47
47
Slide 48
48
Slide 49
49
Slide 50
50
Slide 51
51
Slide 52
52
Slide 53
53
Slide 54
54
Slide 55
55
Slide 56
56
Slide 57
57
Slide 58
58
Slide 59
59
Slide 60
60
Slide 61
61
Slide 62
62
Slide 63
63
Slide 64
64
Slide 65
65
Slide 66
66
Slide 67
67
Slide 68
68
Slide 69
69
Slide 70
70
Slide 71
71
Slide 72
72

About This Presentation

Historia e estudo das características e utilidades da pomba. As pombas silvestres galegas. Algunhas razas de pombas e outras curiosidades.


Slide Content

a pomba

Domesticada desde moi
antigo para múltiples
aproveitamentos.
Aparece citada e
representada desde hai,
polo menos, 4500 aC.
Comíase no Antigo
Exipto, e xa se utilizaba
como mensaxeira nesa
época.
Representacións de
pombas da época romana
Ilustración
medieval na
que aparecen
representadas
pombas
mensaxeiras

Pomba (Columba
livia) As pombas
son animais de
corpo robusto,
pescozo longo,
cabeza pequena e
patas curtas coas
ás e o rabo longos.
Miden entre 32 e 37
cm de longo e
teñen unha
envergadura de 64
a 72 cm. Teñen un
bo sentido da
orientación e son
voadoras veloces
que percorren entre
70 e 90 km nunha
hora. Existen máis
350 variedades

Teñen ás
afiadas na
punta para que
ofrezan menos
reistencia ao
aire e un rabo
longo e ancho
para facilitarlle
os cambios de
direción.

As pombas aliméntanse de
sementes e froitos e de calquera
outro resto comestible feito con
cereais ou sementes. Para beber
meten o peteiro na auga e solben
e tragan sen interrupción ata que
están satisfeitas.

As pombas
teñen moi bo
oído e unha vista
excepcional, a
posición dos
ollos permítelles
ver todo arredor
e o que pasa pro
enriba delas,
pero cando
queren mirar
algo con
atención xiran a
cabeza para
enfocalo cun ollo
só.

Desplázanse a pé mentras
buscan que comer pero
para ir dun sitio a outro,
aínda que non sea lonxe,
prefiren facelo voando.

O coidado das
plumas é unha
das principais
ocupacións
das pombas.
Fanno con
moita
dedicación.
Péinanas e
ordenanas a
diario e
habitualmente,
sobre todo en
épocas de
calor,
báñanse.

As plumas sérvenlle ás
pombas para voar e
para abrigarse. Cando
chove, a graxa que as
cobre impide que a
auga entre e lle molle o
corpo, e cando baixa a
temperatura, ou cando
dormen, impiden que
entre o aire frío do
exterior, para eso
encollen o pescozo e
erguen un pouco as
plumas para deixar un
espacio entre elas e a
pel no que reteñen a
calor do corpo.

Para durmir
aodptan unha
postura
semellanta a
cando teñen frío
para gardar a
calor arrente do
corpo.

As pombas son animais gregarios. Viven formando bandos máis ou menos
grandes, o número depende dos sitios de que dispoñan para aniñar, aínda que
para alimentarse poden xuntarse en grupos moi numerosos. Pero, a pesar deso,
cada indivíduo mantén arredor de sí un pequeno espazo no que non deixa que
entre ninguén agás a súa parella.

As pombas pelexan
violentamente peteirándose e
dándose fortes golpes co
canto das ás. Pelexan, sobre
todo, polos lugares de
aniñada, pero tamén o poden
facer, con menos violencia,
pola comida ou por un
pousadeiro. Sempre pelexan
animais do mesmo sexo

Os machos
realizan unha
exhibición para
atraer ás
femias que
consiste en
roleos, voltas e
paseos co
corpo erguido,
o papo inchado
, o rabo baixo e
aberto, mentras
a femia
indiferente
segue ás súas
cousas. O
macho
persíguea,
córtalle o paso
e volve a
exhibirse, tanto
no chan como
voando,

e cando a femia
o acepta,
estando xuntos,
aséanse
mutuamente a
cabeza e o
pescozo e
entrelazan os
peteiros.

O niño é unha
estructura
sinxela, pouco
elaborada,
situada nun
lugar protexido,
un recuncho ou
un furado, fóra
do alcance dos
predadores. Nel
a femia pon
dous ovos cuns
dias de
separación.

O macho e a
femia chocan
os ovos, por
quendas,
normalmente o
macho pola
mañán e a
femia pola
tarde e a noite,
durante 18
días. Pasado
ese tempo
nacen os
pichóns, un
nace un día
antes que o
outro.

Os pichóns nacen sen plumas, cubertos por unha lanuxe pouco mesta de cor
amarela. Os pais acóchanos os primeiros días e aliméntanos con “leite de pomba”
co que duplican o seu peso cada día. Aos 5 días abren os ollos e uns días antes xa
chían para reclamar a atención. Aos 7 días sáenlle os cotos das plumas e antes dos
vinte días xa están emplumados, uns días máis tarde abandonan o nido. Reclaman
alimento chiando e axitando as ás.
Pichón
recén
nacido
Pichón de
Cinco días
Pichón de
dez días
Pichón de
vinte días

Os pais
continúan
alimentandoos
uns días máis
e antes dos 2
meses xa son
independentes.
Se as
condicións son
favorables
empezan unha
segunda cría
antes de que
os pichóns da
anterior
abandonen o
niño.
Pichón que xa abandonou o niño solicitando alimento dun dos seus proxenitores.

As pombas
coidadas
viven ata 12
anos, as da
rúa teñen
unha
esperanza de
vida de 3 ou 4
anos.

As pombas
pódense criar
en gaiolas
amplas, nas
que poidan
voar algo, en
gaiolas máis
pequenas, das
que se soltan
de vez en
cando, ou
soltas. As que
viven soltas só
precisan de un
algo de comida
e un sitio
tranquilo e
protexido no
que aniñar.
Espazo pechado para cría en grupo
Espazos
individuais para a
cría controlada
de razas selectas
Pombal de xardín,
para a cría dun
pequeno grupo de
pombas
Gran pombal
de campo

As pombas críanse
como productoras de
carne, aínda que o
maior número de
criadores se adique ás
razas selectas,
deportivas ou de
exhibición, coas que
compiten e comercian.
A carne máis
apreciada e a dos
pichóns, que se
sacrifican entre os 20
e os 30 días, pola súa
ternura e suavidade.

Os columbicultores
compiten cos seus
mellores exemplares
en distintos certames:
carreiras, concursos,
exposicións… e
celebran feiras de
compra, venda e
intercambio.
Solta de pombas dunha competición de velocidade
Vista parcial
dunha exposición
de pombas
Pomba galardonada
nun concurso de
colombofilia

pombas silvestres
de Galicia

Pomba brava (Columba livia). Mide entre 30 e 35 cm. Sedentaria, escasa. Cría
en cantís nuns poucos puntos da costa. É a pomba que deu orixe ás pombas
domésticas, coas que hibrida habitualmente.

Pomba zura
(Columba
oenas). Mide
de 28 a 33 cm.
Sedentaria,
pouco común.
Aniña nas
árbores.

Pombo ou torcaza (Columba palumbus). Mide de 38 a 45 cm. Sedentaria común
con visitantes invernais, é cada día máis habitual e abundante en xardíns urbáns.

Rula común ou rula do país (Streptopelia turtur). Mide uns 25 cm. Visitante de
verán cada vez máis escasa, aniña en árbores baixas e matogueiras a pouca altura.
Pode vivir en gaiolas grandes e criar nelas se ten tranquilidade.

Rula blanca ou rula turca (Streptopelia decaocto). Mide entre 28 e 33 cm.
Sedentaria, común. Procede de Asia, desde onde se extendeu por toda Europa.
A Galicia chegou a principios da década de 1970, asentándose primeiro no litoral
desde onde avanza cara ao interior. Cría case todo o ano e afaise ben as gaiolas
nas que se reproduce sen problemas.

algunhas razas de
pombas
e outras
curiosidades

Pomba
maltesa.
Orixinaria de
Asia. De
tamaño medio.
Mala voadora,
con
movementos
nerviosos e
curiosa postura.

Pomba arcánxel. Criada
en Inglaterra. De tamaño
mediano a pequeno. Cor
negra e cobre. Destaca
polo brillo metálico de todas
as plumas.

Pomba de Lahore.
De orixe india.
Destaca polo seu
elegante porte, as
calzas e o bonito
reparto das cores.

Pomba de rabo de
abano. É de orixe
india. Destaca polo
seu rabo erguido e
aberto. Mala voadora,
pero cría ben e vive
moito tempo.

Romana. A pomba romana é a xigante das pombas domésticas. Un animal
corpulento que mide 55 cm, da punta do peteiro ao remate do rabo, e ten unha
envergadura de ata120 cm. Pesa entre 900 e 1.300 gr.

Pomba runt.
Americana. Iguala e
pode superar en
tamaño a pomba
romana.

Pomba papuda.
De tamaño medio
e postura erguida.
Destaca polo
tamaño do papo e
as plumas das
patas.

Pomba mensaxeira. Destaca pola súa velocidade e o excelente
sentido da orientación

Pomba con traxe de saír

Pomba de perruquería

Pomba que esqueceu o peteiro

Pomba con peteiro doble

Pomba con moita
cabeza

Pomba de carnaval

Pomba en blanco e negro

Pomba con permanente

Pomba sen pés nin cabeza

Pomba sacando peito

Pomba sacando máis peito

Pomba sacando moito peito

Pomba con amiga perruqueira

Pomba orgullosa

Pomba que tragou
unha laranxa

Pomba que camiña sentada

Pomba que bateun cun vidro

Pomba que bateu con outro vidro

Pomba con bufanda

Pomba moi mirada

Pomba con frío nos pés

Pomba moi coqueta

Pomba “jet”
As pombas poden voar a altitudes de 6000 metros ou máis.
As pombas poden voar entre 600 e 700 kilómetros nun só día.

Pombas fotógrafas.Durante a guerra
mundial utilizáronse pombas para
moi diversos fins, entre eles
fotografiar as liñas enemigas.
Soldado alemán transportando
pombas mensaxeiras.

Dodo ou dronte
(Raphus cucullatus).
A pomba máis grande
que existeu. Foi
exterminada polas
persoas a finais do
séculoXVII. Era
endémica das illas
Maurico, do Océano
Índico. Non voaba,
medía 1 m de altura e
podía acadar os 15 kg
de peso.
Deseño, feito do natura,l por Roelandt Savery,
pintor holandés do Século de Ouro que fixo varios
retratos dos dodos da colección do emperador de
Austria, para o que traballaba.

Gura victoria (Goura victoira). A pomba máis grande da actualidade. Mide 74
cm de longo e pesa uns 3 kg. é endémica de Nova Guiné. Moi coñecida pola
súa cor azul e a crista plumosa. Só pon 1 ovo cada ano.

Pomba de Nicobar (Caloenas
nicobarica). Endémica da illa
de Nicobar e outras pequenas
illas de Indonesia. Pomba
grande, de 40 cm de lonxitude e
ata 600 gr de peso, de cor azul
gris e brillo metálico. Pon 1 ou 2
ovos que choca durante 30 días.

Torcacita ou ave
torcaza
(Columbina
picui) pequena
pomba silvestre
sudamericana.
Mide 15 cm de
longo. É unha ave
confiada que
aparece un pouco
por todas partes.

Biajaní, ou tojosa (Columbina passerina). Está considerada a pomba silvestre
máis pequena do mundo. Vive en Cuba.

Xa hai que ter sede…

Pizza de pomba ou pizza para pombas?

Pomba con gala alimenticia

fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que
saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Tags