Aciñeira
enciño
(Quercus ilex)
encina
holm oak
chêne vert
azinheira
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Fagales
FAMILIA
Fagáceas
Árbore de ata 12 m que moitas veces non pasa
de arbusto. Ten a copa moi ampla e esférica.
É orixinaria da rexión mediterránea.
Toro forte coa tona case
negra, áspera, fendida en
placas cadradas pequenas.
FOLLAS
Persistentes, simples, elípticas,
de ata 7,5 cm de lonxitude e 5
cm de ancho, duras, coa beira
lisa ou con algúns dentes
pequenos, co dereito de cor
verde-gris brillante e o envés
máis craro e veludo.
Bugallos sobre follas de aciñeira
FLORES
Unisexuais, as masculinas forman amentos
colgantes e as femininas nacen en pequenos
grupos cun rabo curto.
Florece de abril a maio. Polinízase polo vento.
♂
♀
FROITOS
Landras de 1,5 a 3,5 cm de lonxitude e
de 1 a 2 cm de grosor. Están cubertas
por unha cúpula de ata 1/3 da súa
lonxitude.
Maduran entre outubro e novembro.
CICLO ANUAL-ACIÑEIRA
Folla
Flor
Froito
xaneirofebreiromarzo abril maio xuño xullo agostosetembrooutubronovembrodecembro
USOS:
Foi moi empregada como combustible e para
facer carbón para as ferrerías.
A tona úsase como astrinxente. As landras
para alimentar aos porcos.
Os aciñeirais galegos son formacións de
pouca extensión pero de gran interexe
ecolóxico.
Atópanse nos vales do Sil, do Limia e do
Támega e asociados ás rochas calcárias
en Cruzul (Becerreá) e no Courel.
Parque Natural Enciña da Lastra (Rubiá)
Aciñeiral de Cruzul. (Becerreá-Lugo).
O máis septentrional de Galiza e da
Península Ibérica. Está asentado sobre
un banco de rochas calcarías con
fortes pendentes que proporcionan un
ambiente seco.
Está protexido como LIC.
Aciñeira de Cobas (Rubiá-Ourense). É a
máis grande e máis antiga de Galiza, con
perto de 400 anos.
Mide 17,50 m de alto e 6 m de perímetro.
Segundo unha lenda local debaixo da pedra
que está na base do toro hai enterrado un
tesouro do tempo dos mouros.
¿Qué fas eiquí, forasteira,
medo distas tenras baias
témeras contigo á veira?
Recolle túas sete saias
e volta prá parameira,
medo distas doces baias.
Eduardo Blanco Amor
“Poemas Galegos”
Enciños gachos de Cido
i as da Veiga de Lago!
Ise enciño
deu a madeira dos mangos
das fouces que o chapodaron.
Uxío Novoneira “Os Eidos”, 1981
Javier Hermoso De Mendoza
Aciñeira Tres Patas de
Mendaza (La Laguna, Navarra)
Cunha idade estimada de 1.200
anos.
-15,50 m de altura e 7,70 m de
perímetro.
AS ACIÑEIRAS
MÁIS GRANDES
E VELLAS
“La Terrona”, en Zarza de Montánchez (Cáceres)
-16 metros de altura, 7,75 m de perímetro e uns 800 anos.
Azinheira da Herdade do Monte Barbeiro
(entre Castro Verde e Mértola, Portugal).
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta
Internet
Marzo 2015