para así poder secuestralo, pero ella dilles que está de viaxe, para que non
vaian a por él. No resto da novela, Gregorio no da sinais de vida, só
comunícase con Sara mediante un canto da perdiz que sabía facer dende
rapaz.
Había un taberneiro chamado Lázaro, o cal, estaba namorado de Sara ao
punto de obsesionarse con ela. Iso provocou que un día fora ata onde os
secuestradores para dicirlles que vira a Gregorio na súa casa. Tras isto, Luís
e Leonardo (os secuestradores) foron á aldea a asegurarse, pero cando
chegaron non viron a Gregorio. Eles creron que era unha trampa e,
enfadados, decidiron matar a Sara, e así fixeron. A deixaron no chan cuberta
do seu propio sangue.
O libro remata con Luís e Leonardo volvendo cara á aldea e atópanse con
Gregorio morto no chan cun disparo. A gran incógnita do libro é o misterio
da morte de Gregorio, pois...Suicidouse ou alguén o matou?
Non saberemos o final, xa que o deixan aberto, a imaxinación do lector.
NARRADOR:
Neste libro atópanse dous tipos de narradores. Un é narrador en primeira
persona testemuña, que o basea na testemuña dos veciños que contan a
historia no presente que ocorreu hai cincuenta anos; e tamén hai un narrador
en terceira persona omnisciente, que se basea neses cinco días aterradores
que viviu Sara mentres estivo retida na ‘Touza’. Estivo desde o trece ata o
dezasete de agosto retida.
OPINIÓN PERSOAL:
Persoalmente, este libro gustounos moito aos tres que o limos, xa que, ao ser
tan cercano á realidade, puidemos meternos mellor na historia. Realmente
nos sentimos máis familiares aos personaxes cando sufrían ou cando
atopábanse felices. A historia está moi ben encadrada, non é difícil de
entender polos saltos temporais. O certo é que é unha novela coa que podes
aprender historia, e vivir, en certo modo, de primeira man, o sufrimento que
viviron na Guerra Civil. Recomendamos moito a lectura deste libro, paga a
pena.
FIN