Alciprestes

400 views 50 slides Sep 10, 2015
Slide 1
Slide 1 of 50
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36
Slide 37
37
Slide 38
38
Slide 39
39
Slide 40
40
Slide 41
41
Slide 42
42
Slide 43
43
Slide 44
44
Slide 45
45
Slide 46
46
Slide 47
47
Slide 48
48
Slide 49
49
Slide 50
50

About This Presentation

Cupressus sempervirens, C. macrocarpa, C. Lusitanica; Chamaecypares lawsoniana, Ch. pisifera, Ch. leylandii.


Slide Content

Alciprestes

CLASE
pinopsida
ORDE
pinales
FAMILIA
cupresáceas
Co nome común de alciprestes
coñecense varios xéneros de
ximnospermas da familia das
cupresáceas (Cupressus,
Chamaecyparis...), que se
caracterizan por ter as follas
escamiformes, as flores
femininas e masculinas
separadas, pero no mesmo pé, e
os conos pequenos e globulares.
A principal característica é o seu
porte columnar-cónico e as
ponlas cilíndricas.

Xénero Cupressus
(alciprestes)
Formado por entre 16 e 25
especies, a maioría en
poboacións pequenas e
illadas de dificil clasificación
como especie, subespecie ou
variedade.
Atópase en numerosas
zonas do Hemisferio Norte.
Son árbores de folla perenne
que poden acadar os 20 m
de altura e un diámetro de
ata 60 cm.

As follas, de 2 a 6 mm de lonxitude, con forma de escama, están
dispostas en parellas opostas e alternas.
Os conos masculinos son ovais e colgan das puntas das ponlas, e
os femininos son globulares de ata 3 ou 4 cm de lonxitude.

Alcipreste
mediterráneo
(Cupressus sempervirens)
ciprés mediterráneo
mediterranean cypress
cyprès méditerranéen
cipreste italiano

Pode acadar os 25, 30 metros de
altura. É nativo do sudoeste de
Asia e leste do Mediterráneo.
O toro é recto coa tona, lisa,
cinsenta nas árbores novas e
parda escura con gretas
lonxitudinais nas árbores vellas.
Atópase baixo dúas formas
naturais: C. sempervirens f.
horizontalis, con ramificación
estendida, e Cupressus
sempervirens f. pyramidalis, de
porte columnar, que é a forma
máis cultivada.

As follas son de cor verde escura, perennes, con forma de escama de entre entre 2
e 5 mm de lonxitude.
Os conos masculinos son cilíndricos, amarelos, de entre 3 e 5 mm de longo; os
femininos son de cor cinsenta verdosa e de 2 a 3 cm de diámetro.

Capela do Salvador ou da
Ermida (Samos)
-26,4 m de altura; 3,29 m de
perímetro. Pode ter perto dos
500 anos.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO
DE ÁRBORES SENLLEIRAS
DA XUNTA DE GALIZA.
“O ALCIPRÉS E A ERMIDA”,
Millenta soles deron volta ó mundo
desque unha santa man benedictina
chantou en terra este alciprés altivo
cabo da ermida.
As sedentas raíces alongadas
ó maino río, as ponlas arrandea
na luminosa outura dos frolidos
campos de estrelas.
O tronco forte, ríxido e cincento
enmantado en follaxe verdemouro,
vive sereo, estático, calado,
místico ensono.
.....
Ramón Cabanillas en “Samos”, 1958.

Casa da Cultura (Quiroga)
-27,5 de altura e 3,90 m de perímetro.
-3,58 m de perímetro.

Pazo Dompiñor (O Incio)
-21 m de altura e 2,90 m de perímetro.
Hospital (O Incio)
-3,05 m de perímetro.

Mosteiro de Ferreira de Pantón
-16,50 de altura e 1,95 m de perímetro.
Mosteiro de Melón
-17,50 m de altura e 2,05 m de perímetro.

Alcipreste de Abarkuh (Yadz, Irán)
-25 m de altura e 18 m de perímetro.
Bough - 3" by TruthBeethoven - -

Literatura popular:
-Alcipreste non se rega,
porque na lentura nace.
-Eu rubín a un alcipreste, 
Cheguei ao medio e caín; 
O alcipreste ten a morte, 
Eu para morrer nacín.
Alcipreste, rei das aves, 
Amparo dos paxariños; 
Cando te deixe de amar, 
Xa as aves non farán niño.
Se soubera que ti viñas, 
Como de certo viñeche, 
Mandara varrer a rúa, 
Con ramiños de alcipreste.
De Galicia os cimiterios, c'os seus alciprestes altos;
c'os seus olivos escuros, i os seus homildes osarios;
todos de frores cobertos, frescos com'os nosos campos;
pol-as mañáns melancónicos, 'e nas tardes solitarios,...
 Rosalía de Castro (Follas Novas)

USOS
Utilízase como especie ornamental nos parques e xardíns. É común nos cimeterios. Tamén
se planta para protexer os cultivos.
A madeira é resistente á humidade. Emprégase en ebanistería e construción. Foi moi
empregado en tempos antigos para a construción naval.
En medicina tradicional as follas e conos empréganse para o tratamento das úlceras, das
hemorroides e os problemas da próstata. É astrinxente, expectorante, diurético,
vasoconstrictor, sudorífico e febrífugo.
Os gregos considerábano como símbolo da beleza feminina e como símbolo funerario.
Noutras zonas o alcipreste foi considerado coma un símbolo de hospitalidade. Na
antigüidade plantábase na porta das vivendas para indicaren aos viaxeiros que a casa
ofrecía xantar e leito por uns días.

Alcipreste de Portugal
(Cupressus lusitanica)
Ciprés de Portugal
Mexican white cedar 
cyprès du Portugal, cyprès du Mexique
cipreste português

Orixinario de México e a
metade norte de América
Central.
En Galiza plántase como
ornamental.
Pode medir de 30 a 40 m de
altura. Ten a copa cónica co
toro recto e a tona gretada de
cor vermella-marrón cando é
novo e gris-branca cando é
vello.

As follas, escamas, miden de 2 a 5
mm de longo.
Os conos femininos maduros son
case redondos, cun dente erguido
no centro das escamas, e miden de
12 a 15 mm; os masculinos miden
de 3 a 4 mm.

Pazo Vilar de Francos.
(Artes, Carballo)
-24 m de altura; 4,3 m de perímetro.
Iria (Padrón)
No adro da igrexa.

Pazo de Mariñán (Bergondo)
-3,60 m de perímetro.Rodís (Lalín)

Alcipreste de
California
Cupressus macrocarpa
Ciprés de California
Monterey cypress
cyprès de Lambert, cyprès de Monterey
Cipreste da Califórrnia

Nativo do suroeste dos
EE.UU.
En Galiza é común coma
ornamental.
É unha árbore de copa
ancha e abovedada que
pode acadar os 30 m
coa casca vermella e
gretada.

Follas escamiformes, de 2 a 5 mm, de cor verde escura, bastante grosas e de
olor a limón.
Conos femininos de 2 a 4 cm, redondeados e verdes que collen cor púrpura ao
maduraren, e masculinos de 3 a 5 mm e cor amarela.

Convento de San Francisco (Muros).
No camiño de entrada ao convento.
Carnés (Vimianzo)
-4,17 m de perímetro.

Campus Sur USC
(Santiago de Compostela)
-3,8 m de perímetro.

Castelo Santa Cruz (Oleiros).
-21 m de altura e 5,78 m de perímetro.
A Paínza (Arzúa)
-4,03 m de perímetro.

Xardín do Malecón (Ortigueira).
-Ata 24,6 m de altura e 6,6 m de perímetro.
INCLUÍDOS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

A Raíña, (Bóveda). Na estrada de Bóveda a
Taboada, no alto da serra das Penas.
-5,20 de perímetro.
Adro da igrexa de Xermade.
-5,90 m de perímetro.

A Misericordia (Viveiro)
-31,10 m de altura e 9,62 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Parque Rosalía de Castro (Lugo)
-3,95 m de perímetro.
Xardín do Balneario de Guitiriz
-5,82 m de perímetro.

Parque do Carballiño
-4,20 m de perímetro.
Castelo de Soutomaior
-3,95 m de perímetro

Pazo de Quintáns (Meis)
-33 m de altura; 9,19 m de perímetro
(11,36 na base).
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE
ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE
GALIZA.

UNED (Monteporreiro, Pontevedra)
-30 m de altura, 6,25 m de perímetro
Río dos Gafos (Campolongo, Pontevedra)
-4,30 m de perímetro.

Lago Castiñeiras (Marín)
-4,21 m de perímetro.
Pazo de Besada (Poio)
-3,70 m de perímetro.

Xénero
Chamaecyparis
(falsos alciprestes)
Inclúe especies orixinarias do leste
de Asia (C. formosensis e C.
taiwanensis, deTaiwán; C. obtusa e
C. pisifera, do Xapón; C. hodginsii,
de China, Vietnam e Laos) e, (C.
thyoides) do leste e (C. lawsoniana)
do oeste de Norteamérica. Son
árbores de folla perenne que poden
medir de 20 a 70 m de alto.

As follas son escamas curtas en ponlas planas. Os conos masculinos son
ovais e os femininos de ovais a esféricos, de 1 cm de diámetro.

Alcipreste de
Lawson
Chamaecyparis lawsoniana
ciprés de Lawson
Lawson cypress
cyprès de Lawson
cedro do Óregão

É nativo do suroeste de Oregón e o noroeste
de California nos Estados Unidos.
É unha árbore que acada entre 50 e 70 m de
altura, de toro recto coa casca avermellada e
febrosa con fendas verticais, e copa cónica,
coas ponlas novas planas.

As follas son escamas de 3 a 5 milímetros
de longo, con marcas brancas que lle dan
ao conxunto da follaxe unha cor azul
verdosa.
Os conos femininos son globosos, de 7 a 14
mm de diámetro, verdes que se volven
marróns a comezos do outono. Os conos
masculinos son ovoides, de 3 a 4 mm de
longo, vermellos escuros.

Pazo de Mariñán (Bergondo)
-2,55 m de perímetro.

A Ferradura (Santiago de Compostela)
-3,30 m de perímetro.
Alameda (Santiago de Compostela).
-2,95 m de perímetro.

Casa da Puebla (Hospital, O
Incio).
-29,8 e 29 m de altura; 8,70 e
9,25 m de perímetro (teñen máis
de 10 toros)
INCLUÍDOS NO CATÁLOGO
DE ÁRBORES SENLLEIRAS
DA XUNTA DE GALIZA.

Xardín Botánico de Lourizán (Pontevedra)
-3,04 m de perímetro
Viveiro de Areas (Tui)
-3,43 m de perímetro.

Castelo de Soutomaior
-32,4 m de altura, 9,10 m de perímetro na base.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Alcipreste sawara
Chamaecyparis pisifera
falso ciprés Sawara
Sawara cypress
cyprès Sawara
cipreste Sawara

É nativo do centro e do sur do Xapón.
Medra a modo pero pode acadar de 35 a 50 m de altura.
Ten o toro recto e a tona vermella e con gretas verticais.
As follas son escamas de 1,5 a 2 mm de longo, rematadas en punta, de cor verde
con manchas blancas no envés; dispostas en pares opostos en ponlas que
semellan planas.
Os conos son globulares, de 4 a 8 mm de diámetro.

Alcipreste Sawara (var. plumosa)
Viveiro de Areas (Tui)
-2,85 m de perímetro.

Alcipreste de Leyland
Alcipreste híbrido de Leyland
x Cupressocyparis leylandii
ou Cupressus × leylandii

Árbore que medra rápido e pode
acadar entre 20 e 25 metros de
altura.
As follas con forma de escama, algo
aromáticas, son de cor verde
escura.
Os conos, globosos, miden uns 2 cm
de longo.
As sementes, ao procederen dunha
árbore híbrida, son estériles.

Parque de Castrelos
(Vigo)

MONTAXE: Adela Leiro
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Agosto 2015
Tags