Cantiga de amor

trafegandoronseis 5,867 views 44 slides Nov 25, 2012
Slide 1
Slide 1 of 44
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36
Slide 37
37
Slide 38
38
Slide 39
39
Slide 40
40
Slide 41
41
Slide 42
42
Slide 43
43
Slide 44
44

About This Presentation

No description available for this slideshow.


Slide Content

CANTIGA DE AMOR

.- A cantiga de amor é o xénero máis provencializante da nosa lírica (< cançó ). .- Figuras conceptuais (antíteses, paradoxos, parodia, ironía) e formais (dobre, mordobre). .- A linguaxe é máis elaborada que a das cantigas de amigo. .- Conservánse nos códices en 1º lugar: 377 de refrán e 321 de mestría.

A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona, mostrando o seu amor por ela. Unha amada inalcanzable, á que se rende vasalaxe como se fose un señor feudal. En contra do que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico é masculino. Estamos ante un xénero prestixioso. Constitúen a maior parte das 1679 cantigas profanas que conservamos e dedícaselle en exclusiva o Cancioneiro de Ajuda .

Orixes A) TRADICIÓN CLÁSICA : o mundo antigo inflúe no pensamento do home da Idade Media, de aí que vexamos nas composicións a erótica latina, o amor platónico e as consecuencias tormentosas do desamor. B) TRADICIÓN MEDIEVAL : a influencia do idealismo cristiá fai que teñamos un culto á muller como un ser divino. E seguindo esta liña temos tamén a influencia da sociedade feudal. C) TRADICIÓN POPULAR : Gaston París ve unha influencia na celebración das maias, xa que a invocación da primavera favorece o amor libre e o pracer. D) TRADICIÓN PROVENZAL : ademais dos numerosos provenzalismos temos a introdución da teoría do amor cortés.

O xénero poético da CANTIGA DE AMOR consistía en que unha voz poética masculina expresaba o seu amor a unha dama idealizada da nobreza.

Coa palabra “SENHOR” o home facía referencia a unha DONA que reunía CARACTERÍSTICAS ABSTRACTAS DO IDEAL DE BELEZA FEMININO. Daquela o m orfem a -or era o empregad o par a os dous xéneros : a senho r , a past or …

Por tanto… Na cantiga de amor a voz presente é a masculina : é o home quen expón a súa coita amorosa a unha muller. A palabra senhor , que fai referencia á amada, adoita aparecer nos primeiros versos destas cantigas, converténdose na marca de xénero .

“FALAR BEN” , “ SER FERMOSA” , “ BEN TALLADA” OU “ A QUE DEUS FIXO MELLOR” son os únicos eloxios que fai o poeta.

Este non podía citar ningunha parte física concreta dela porque rompería o código da MESURA , que impedía desvelar a identidade da dama gabada no poema .

Pola COITA (PENA DE AMOR) que sufría pola dama, a voz poética podía chegar a MORRER DE AMOR, o que se deu na cantiga de amor provenzal.

… moir *’ eu porque non vexo aquí a dona que por meu mal vi. (Afonso X) ‏ * morro

Os personaxes A senhor : descrita de xeito vago e impreciso. Só sabemos que é moi bela, case perfecta ( bon semelhar , ben talhada ). Da súa psicoloxía tampouco temos adxectivos nin positivos nin negativos ( bon sen, bondade ). O namorado : desempeña o papel de vasalo ( seer vosso ) e preséntase á dama como un ser fiel e honesto para gañar o seu favor. Expresa repetidamente o seu amor pola senhor aínda que ás veces o oculta por medo á saña. Pode chegar á morte por amor, ao non lle conceder galardón (recompensa)

Os personaxes Os miscradores : eran os competidores do poeta polo amor da dama. Cualificados de mentireiros porque así o autor atraía a atención da amada sobre el.

‏ O amor cortés Este ideal baséase na concepción do amor como servizo . O home, como namorado, estaba sometido á súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor. A amada é representación de todas as virtudes e bens. Hai que exaltar a muller como suma de calidades positivas. O poeta aspira a través dun camiño de aprendizaxe amorosa ao grao máis alto de felicidade, ao Joi d´amor . Aínda que non sempre é así.

‏ O amor cortés O amor cortés configúrase como unha arte con graos diferentes que o amante vai superando na escada amorosa: FENHEDOR : limítase a suspirar pola amada, sen dirixirse a ela. PRECADOR : diríxese a ela rogándolle o seu amor. ENTENDEDOR : a dama corresponde o seu amor. DRUDO : prodúcese contacto físico

‏ O amor cortés A característica fundamental do amante é a mesura e a vontade de servir polo pracer de facelo , para realizarse a un mesmo mediante o amor , orixe da perfección .

‏ DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR A muller da lírica provenzal a quen se dirixen as composicións é real e casada. Na nosa o poeta diríxese a unha dona idealizada , solteira ou casada. Na cantiga de amor, o gozo de amar e a sensualidade son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor. O namorado nunca é correspondido e na cançó si; non, pois, hai contacto físico nin adulterio.

‏ DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR Ausencia de descrición física da dama, é algo intocable e etéreo. Só se describe moralmente. Ausencia de locus amoenus e exordium primaveral. Os nosos poetas case nunca superan a fase de fenhedor , como moito chegan a precadores .

‏ DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR Maior sinxeleza formal: Na cançó composicións de mestría, con 5 ou 7 cobras unisonantes ou dobras, rima consonante e 800 esquemas estróficos diferentes. Na cantiga de amor, cantigas de mestría ou refrán, de 4 ou 5 cobras con rima asonante e só 200 esquemas estróficos diferentes.

Os recursos propios deste tipo de cantiga son O DOBRE E O MORDOBRE . O PRIMEIRO É A REPETICIÓN DUNHA PALABRA NA MESMA COBRA OU ESTROFA.

Pois sempre há en vós mesura e todo ben e cordura , que Deus fez en vós feitura qual non fez en muller nada (Don Dinís ) ‏ DOBRE

O MORDOBRE repite unicamente o lexema, creando un xogo de conceptos do AMOR CORTÉS aínda maior có dobre.

Pois me tal coita faz sofrer qual sempr ’ eu por ela sofr í , des aquel día que a vi, e non se quer de min doer … ( Afonso X) ‏ MORDOBRE

As cantigas de amor acostumaban ser de mestría , sen estribillo ou refrán, de aí que o poeta debese amosar o seu bo facer poético ao non poder repetir versos enteiros.

A rima MACHO (AGUDA) destas composicións seguía máis fielmente o modelo provenzal, fronte á rima grave, máis propia das de amigo . Quer’ eu en maneira de proenç al fazer agora un cantar d' am or … (Don Dinís) ‏

Tópicos nas cantigas de amor

Céntrase no tema da fin'amors ou amor cortés. Expresión dunha voz masculina que manifesta a súa paixón amorosa cara a unha dama nobre, normalmente casada. Trasvasamento do ríxido código feudal de vasalaxe á relación amorosa: trobador=vasalo/dona=senhor O amante, como bo vasalo, ha ser constante e fiel, á espera dun prezado ben . Trazos temáticos da cantiga de amor Visión idealizada da dama, apenas descrita para non desvelar a súa identidade (amor adúltero per se) e respectar a mesura (motivo do segredo do amor) O amor non correspondido polo desdén ou rexeitamento da dama ( sanha ) é fonte de coita e sufrimento constante, mesmo morte de amor. Amor entendido como camiño de perfección espiritual .

Como morreu quem nunca bem houve da rem que mais amou, e que[m] viu quanto receou dela, e foi morto por en: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem foi amar quem lhe nunca quis bem fazer, e de que lhe fez Deus veer de que foi morto com pesar: ai, mia senhor, assi moir'eu! Com'home que ensandeceu, senhor, com gram pesar que viu e nom foi ledo nem dormiu depois, mia senhor, e morreu: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem amou tal dona que lhe nunca fez bem, e quen'a viu levar a quem a nom valia, nen'a val: ai, mia senhor, assi moir'eu! Cantiga de amor de Paio Soares de Taveirós A 35 B 150 Versións musicadas de Tomás Borba e J. Vicente Narciso en http://cantigas.fcsh.unl.pt Cancioneiro da Ajuda (A)

Amor cortés A doutrina do amor cortés codifica o ritual amoroso nas cantigas. Dáse unha traslación do concepto do servicio feudal ao servizo amoroso: o trobador entrégase como vasalo á sua dona (que se converte así na súa senhor con dominio pleno sobre el) aceptando os deberes que os lazos feudais implican e, asemade, esperando o seu merecido ben , que nunca chega a acadar o abnegado e fiel amante da lírica galego-portuguesa.

Amor cortés . O bon amador ha posuír calidades de seu: constante no servizo amoroso, fiel, xeneroso, mesurado e de bon sen. O trobador ten divinizada a súa dama, contémplaa como a un ser superior; por iso, malia ser un amor non correspondido (desprezo da dama ou separación), este servizo amoroso supón para o trobador, alén de sufrimento, un proceso de perfeccionamento espiritual.

TEMAS .

Loanza da dama A senhor das cantigas de amor -a diferenza da dona virgo das cantigas de amigo- é adoito unha muller nobre casada, o que impón a mesura por parte dos amantes; isto é, a discreción deste amor adúltero. Louvanza da dama con escasas referencias ás súas calidades físicas e piscolóxicas para manter en segredo a súa identidade. Idealización da dama con figuras estereotipadas: fremosa mha senhor senhor ben talhada senhor de bom parescer senhor do melhor prez boa senhor senhor de bon ssem

Loanza da dama Aparece polo xeral na primeira parte da cantiga. Pode referirse á beleza física ou moral:

Senhor, en tan grave día vos vi que non podería máis; e por Santa María, que vos fex tan mesurada, doede-vos algún día de mí, senhor ben talhada. Pois sempre ha en vós mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vós feitura qual non fez en molher nada, doede-vos por mesura de min, senhor ben talhada. E por Deus, senhor, tomade mesura por gran bondade que vós el deu, e catade qual vida vivo coitada, e algún doo tomade de min, senhor ben talhada. Cantiga de amor de Don Dinís B 562 V 176 Don Dinis, trobador e rei de Portugal Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B )

Coita de amor O amor na lírica galego-portuguesa -a diferenza da occitana- é fonte de COITA. O desdén e/o rexeitamento da dama ou a simple separación dos amantes é a causa do sufrimento constante do trobador e de toda a sintomatoloxía amorosa que o acompaña: loucura, perda do sen e mesmo morte de amor.

Coita de amor Preséntanse diferentes graos de sufrimento por amor: o pranto, a loucura ou a morte por amor. Algúns elementos léxicos comúns son: coita, doo, penar, sofrer , lazerar , chorar, sandecer (tolear), perder o sen, morrer … Ora non moiro , nen vivo, nen sei como me vai, nen ren de mi, se non tanto que ei eno meu coraçon coita d´amor qual vos ora direi: tan grand´é que me faz perder o sén e mia senhor non sab´ ende ren. Nuno Fernández Torneal

A dona que eu am'e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, se nom dade-mi-a morte. A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, se nom dade-mi-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, se nom dade-mi-a morte. Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar, mostrade-mi-a u possa com ela falar, se nom dade-mi-a morte. Cantiga de amor de Bernal de Bonaval B 1066 V 657 Versión musicada por Amancio Prada en: http://cantigas.fcsh.unl.pt/ http://sondepoetas.blogspot.com/ Muitos dizem com gram coita d'amor que querriam morrer e que assi perderiam coitas; mais eu de mi quero dizer verdad'a mia senhor: queria-me lh'eu mui gram bem querer, mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom. E que prol tem? Ca, des que morrer, non'a veerei, nem bõo serviço nunca lhi farei. Por end'a senhor que eu quero bem queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom no mundo já, que depois nunca poderom servir as por que morrerom, nem lhis pedir rem. Por end'a que m'estas coitas dá queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer; ca nunca lhi tam bem posso fazer serviço morto como se viver. Cantiga de amor de Paio Gomes Chainho B 809 V 393

Amor do poeta O fiel amante cortés anuncia o seu amor pero non é quen de llo manifestar á súa dama ( precador ) polo que sofre amando en silencio... Pois que m'hei ora d'alongar de mia senhor , que quero bem , porque me faz perder o sem , quando m'houver del'a quitar, direi , quando me lh'espedir : de mui bom grado queria ir log'e nunca [ m'end'ar ] viir . Pois me tal coita faz sofrer , qual sempr'eu por ela sofri , des aquel dia 'm que a vi, e nom se quer de mim doer atanto lhi direi por en: moir'eu e moiro por alguém e nunca vos direi mais en. E já eu nunca veerei prazer com estes olhos meus , de[s] quando a nom vir , par Deus, e com coita que haverei , chorando lhi direi assi : moir'eu porque nom vej'aqui a dona que por meu mal [vi]. Cantiga de Afonso X B 469 Afonso X O Sabio

Amor do poeta Transmítese a través de breves enunciados ao longo das composicións: amar muito , querer ben, amor… Case sempre son fórmulas estereotipadas . Meu senhor Deus, pois me tan muit´amar Fezestes , quan muit´amo , ua molher Pedro Amigo de Sevilla

Reserva da dama * O segredo, a prudencia e a discreción preside a relación de amor: mesura, razón, non dicir… * A prohibición de vela ou falarlle imposta pola dama ao poeta: alongar, alongado, mandar ir, fazer partir… * O rexeitamento, a despreocupación pola sorte do namorado, a indiferenza… : ser sañuda, desamar, desamparar, non nembrar , fazer mal… A m´eu tan muito mia senhor que sol non me sei conselhar ela non se quer nembrar de min … e moiro-me de amor. E assi morrerei por quen nen quer meu mal, nen quer meu ben. Nuno Fernández Torneal

CLASIFICACIÓN FORMAL ATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁN CANTIGA DE REFRÁN Composicións que levan un ou varios versos que se repiten ao final de cada estrofa. Son as máis parecidas ás cantigas de amigo. CANTIGA DE MESTRÍA Non ten refrán e componse de tres ou catro cobras de sete versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos. Estas son máis parecidas ás composicións provenzais.

CLASIFICACIÓN FORMAL ATENDENDO Á DISTRIBUCIÓN DA RIMA COBRAS UNISONANTES Repiten as mesmas rimas en todas as estrofas . COBRAS SINGULARES Teñen rimas diferentes coa mesma distribución en cada estrofa. COBRAS DOBRAS As mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas estrofas. COBRAS ALTERNAS Repiten unha combinación de rimas para as estrofas pares e outra para as impares.

RECURSOS DOBRE Repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa. Est´a dona que quero ben e con pavor de vos pesar non lhis ouso dixer per ren senhor , que vos eu quero ben […] MORDOBRE Repetición, en posicións simétricas, dun mesmo lexema, con variación nos afixos ou nos morfemas. Mais sol non poss´eu enganar Meu coraçon , que me enganou , Por quanto me fez desejar A quen me nunca desejou : […] FINDA Versos ao remate da composición como unha conclusión. Mantén a rima do refrán ou nas de mestría a da última cobra. COBRAS CAPCAUDADAS O primeiro verso da segunda estrofa repite a rima do derradeiro verso da anterior. COBRAS CAPFINIDAS Cando o primeiro verso da segunda cobra retoma algunha palabra ou secuencia de palabras do último verso da anterior. Se ten refrán, o verso anterior ao refrán. COBRAS CAPDENALS Dúas ou máis cobras posúen versos que comezan pola mesma palabra ou grupo de palabras.

Máis Música : http://cantigas.fcsh.unl.pt http://martincodax.org http://sondepoetas.blogspot.com http:// www.luarnalubre.com http:// www.amancioprada.com
Tags