• “O home do saco”: Relata a historia dun neno de seis anos que en xaneiro de
1964 viu o home do saco. El ía coa súa nai cara á casa pero este entretíñase cos
escaparates cheos de xoguetes e a súa nai, para que apurase, sinalou un home e
díxolle que era o home do saco. Este quedou atemorizado. Dous días despois de Reis
comezara a nevar e así entretívose esquecendo o incidente. Nunha destas veces que
ía coa zorra a esvarar pola neve estaba só sen os seus amigos e comezara a nevar
intensamente. Ademais, pareceulle ver a silueta do home do saco pola rúa. Meteuse
no almacén no que coñecía un dos mozos para poder quentarse. O mozo estaba no
bar de enfronte, así que el estaba só. Aínda por riba o home do saco entrou, pero el
tiña a man unha escopeta que tiñan contra os ladróns e...
• “A proba do alfinete”: Conta a historia dun home chamado Ernesto que sempre
quixo ser detective, pero, por culpa da súa nai, non puido; aínda así, facía as súas
propias investigacións. Un día chegaron ao seu edificio un par de panameños que el
tomou por sospeitosos. Comezou a espialos e incluso a rexistrar o seu correo,
recollendo cartas cifradas, cousa sospeitosa, ademais de que lle pareceu que un
paquete que recibiran era droga. Conseguiu descifrar as cartas, pero o que leu non o
agradou...
• “Balangadán”: Narra a historia dunha moza de 26 anos chamada Adela que
tiña unha amiga, Olga, que cría nos poderes sobrenaturais e ía a unha vidente,
Esmeralda. A Adela isto parecíalle unha tolería e deixaron de falarse durante bastante
tempo. Adela coñeceu a Roberto, un mozo guapo e listo e namorouse. O que pasa é
que tamén andaba con el unha moza de nome Belén Feixó. Entón Adela,
desesperada, acudiu á vidente. Esta ofreceulle un balangadán que lle concedería tres
desexos. Adela, primeiro, non o comprou porque era moi caro; pero acabouno facendo
porque morría de amores, e realizou os seus desexos, conseguindo o que quería... Ou
non?
• “Viva a Revolución”: Relata a historia de Valboa,un mozo que despois de
coñecer outro colega chamado Pedro Valeixes, alias Comanche, por primeira vez en
París, reencóntrase con el de novo en Santiago por pura casualidade e, sen querer,
descobre a súa actividade antifranquista. Entón únese ao seu grupo, o MAR, pero
para que non o tomen por traidor e non ser sospeitoso, debe tirar panfletos con
mensaxes antifranquistas na facultade. Non lle fai moita graza, pero accede. Aínda
que tomara moitas precaucións, a policía acábao arrestando, e el espera o peor dos
castigos...
• “Vinte pesos de prata”: Conta a historia de Laureano, dono dunha pousada que
realizou un gran negocio coas moedas de vinte pesos de prata, xa que un forasteiro
que aseguraba ter un equipo de fundición compráballe estas moedas a 30, 20 e 40