Expediente núm.: 552/2024
DON JOSÉ ANTONIO CARRO ASOREY, SECRETARIO XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE
RIBADEO (Lugo),
CERTIFICO:
Que o Pleno Municipal en sesión celebrada o día 05/11/2024 adoptou entre outros o acordo que
se transcribe:
5.-EXPEDIENTE NÚM. 552/2024 RELATIVO AO ESCUDO E BANDEIRA OFICIAIS DE
RIBADEO.
Dase conta da proposta da Comisión de Heráldica que se transcribe:
A Comisión de Heráldica na súa sesión do 28.10.2024, logo de estudar a súa solicitude de
elaboración dunha proposta de emblemas heráldicos para o seu concello, realiza a seguinte
proposta conforme á seguinte memoria heráldica e blasonamento:
“O Concello de Ribadeo, que trae un escudo municipal orixinado nos sinais sixilares do pasado
século XIX, desexa regularizar a formulación e disposición das figuras presentes no seu campo
e solicita, ao propio tempo, organizar a súa futura insignia municipal.
Proposta de escudo heráldico:
En resposta á súa solicitude, esta Comisión de Heráldica considera oportuno propoñer un
replantexamento do escudo municipal, actualmente en uso, a fin de adecuar a súa pouco
afortunada formulación actual aos usos e costumes da boa arte heráldica. Non sobra engadir,
neste punto, que a disposición heráldica da chave e a estrela sobre ondas xa era usada nos
selos municipais anteriores a 1876, cando o seu entón alcalde, José María Sela, certificou o seu
uso, explicando que “os tres atributos do selo” aludían á circunstancia de ser Ribadeo unha das
tres prazas fortes amuralladas existentes en Galicia na idade media: “a estrela por acharse esta
vila ao Norte de Galicia e de España, a chave por ser praza murada, e a mar por ser porto
mercantil de importancia antiga” (AHN, Colección de Selos de Tinta, LUGO,10, N.49).
O cambio máis evidente que se considera importante introducir na nova representación heráldica é
de orde formal e refírese á substitución da estrela de cinco puntas por unha de oito puntas,
que é a máis adecuada, por ser desde antigo a máis afeita nas armerías españolas (sendo a
outra do todo insólita ou estraña aquí). Enténdase, en todo caso, que esta substitución ou
cambio formal carece de calquera significación e, polo tanto, non altera en nada a vella
disposición, cuxo uso quedou consagrado polo tempo.
En consecuencia, esta Comisión de Heráldica propón --segundo o modelo adxunto- o seguinte
BLASONAMENTO:Cod. Validación: 9Z9RGXQMTY5QCR7PJP6XT3XJT Corrección: https://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 4