GUIÓN DA XIMCANA DA CORUÑA (IES AGRA DE LEBORÍS-IES MONELOS) (7-4-2025).pdf
HSEXTO
3,668 views
9 slides
Apr 01, 2025
Slide 1 of 9
1
2
3
4
5
6
7
8
9
About This Presentation
Ximcana pola Cidade Vella e Peixería da Coruña
Size: 1007.04 KB
Language: none
Added: Apr 01, 2025
Slides: 9 pages
Slide Content
GUIÓN DA XIMCANA DA CORUÑA (7 -4-2025)
II ENCONTRO IES AGRA DE LEBORÍS -IES MONELOS
Comezamos no xardín da Maestranza.
1ª) Actividades no xardín da Maestranza.
1.1. Iniciamos a ximcana no patio dun
edificio. Que é actualmente este edificio?
Que foi no pasado? Buscádeo nunha placa
informativa que hai na porta da entrada do
patio.
2. Fotografía ante o monumento de Diego del Barco. Quen
foi?
2. Fotografía dun pozo (hai tedes información
da antiga igrexa).
3. Localizade uns restos arqueolóxicos dun antigo
edificio. Facer unha fotografía. Que tipo de
construción debía ser? Facede unha fotografía do
grupo.
Imaxe de 1945 Localización na actualidade
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 2
4. Actividades no edificio branco que está pegado xunto aos restos
arqueolóxicos do xardín da Maestranza.
4.1. Como se chama e que hai neste edificio?
4.2. Que exposicións teñen na actualidade?
4.3. Fotografía de grupo diante do edificio branco.
5. Despois de pasar ao lado da porta principal do edificio branco xiramos cara
a dereita seguimos recto en dirección ao museo Militar.
5) Actividades dentro do museo Militar.
5.1. Fotografía da maqueta da Batalla de Elviña. (Está no primeiro piso)
6. Actividades no Xardín de San Carlos.
O xardín de San Carlos está en fronte do Museo Militar entramos pola porta
principal cruzando polo paso de peóns. (está PECHADO) a actividade non
se realiza. Só a información que hai na porta de entrada ao parque
6.1. Quen está enterrado no medio do
xardín? Con que feito histórico ten relación?
6.2. Busca información sobre a historia
deste xardín.
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 3
6.3. Fotografía do grupo diante da tumba.
6.4. Fotografía do grupo ao lado do busto da
personaxe enterrado no xardín. (está nun
mirador do xardín)
6.5. Copiade os sete primeiros versos dun
fragmento dun poema dedicado de Rosalía de
Castro a esta personaxe.
Éntrase por outra porta 7. Observade a fotografía que tedes abaixo. Que
hai neste edificio? Cando foi creado? Que información ten nos seus
depósitos? Tedes información nun cartel do corredor interior do edificio que
dá acceso ao xardín.
Atravesamos por debaixo deste edificio seguimos recto pola rúa san Carlos e
Tinaxas ao rematar xiramos á dereita en dirección á igrexa de Sto. Domingo.
8. Actividades na praza de San Domingos.
8.1. Que igrexa hai nesta praza? De que estilo é? Que
foi o arquitecto? Que virxe hai nunha das súas capelas
que é patrona da cidade?
8.2. Fotografía do grupo na praza.
8.3. Copiade un párrafo (catro ou cinco liñas) dun texto descriptivo sobre a
praza que hai no centro desta. Que é o autor do mesmo?
Saímos da praza de San Domingos de fronte á dereita en dirección á Praza
das Bárbaras.
9. Actividades na Praza das Bárbaras.
9.1. Fotografía do grupo na praza.
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 4
9.2. Busca información sobre a praza (cartel nun lateral desta). Que houbo e
que hai na actualidade?
9.3. Facede
unha fotografía
do xuízo final e
de Sta. Bárbara
e Sta. Catalina.
Continuade ao fondo da praza das Bárbaras á esquerda entrando na rúa
Ferrerías. No nº 28 desta rúa hai un museo.
10. Actividades no museo da rúa Ferrerías nº 28. (Museo pechado: só
información da porta)
10.1. Este museo foi residencia dunha importante
personaxe da historia da Coruña. De quen falamos?
Entramos no interior do museo e realizamos fotografías de:
10.2. A maqueta da Coruña no século XVI.
10.3. Dende a escaleira interior: da cociña.
10.4. Da cama da personaxe.
10.5. Dos retratos da personaxe realizados por dous pintores: Francisco
Llorens e Isaac Díaz Pardo.
Continuamos a rúa de Ferrerías e xiramos cara a esquerda cara a rúa
Travesía de Porta de Aires atopámonos cunha igrexa camiñamos cara a
portada principal e nos situamos na praza que hai en fronte.
11. Actividades enfronte ao adro da igrexa.
11.1. Como se chama a Igrexa? Cando se
construíu? De que estilo é? Que gremio de
actividades na idade Media reuníase aquí? A
portada principal en que século foi reformada?
Que relevo se representa no tímpano da portada
principal da Igrexa?
11.2. Facer unha fotografía de grupo no adro
desta igrexa.
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 5
11.3. Enfronte da igrexa hai unha casa señorial de estilo Neoclásico. Que
persoeiro importante da Ilustración galega residiu nesta casa? Tedes
información no lateral dereito do edificio na rúa Porta de Aires.
Xiramos á esquerda pola rúa Sta. María. Na primeira encrucillada xiramos á
dereita pola rúa Sinagoga e baixamos por ela.
12.1. O nome da rúa con que a relacionades?
12.2. Que minoría relixiosa residiría na Cidade
Vella durante a Idade Media?
12.3. Facede unha foto de grupo ao lado dunha
árbore que hai plantada nunha praza no centro
desta.
Ao remate desta rúa xiramos á esquerda ata a beira doutra onde hai unha
xamonería A Leonesa) coa rúa do Príncipe
e xiramos cara a dereita.
13. Actividade na rúa do Príncipe.
13.1. Quen residiron no nº 3 e nº 1 desta
rúa? En que ano?
Dende a rúa do Príncipe continuamos á praza da Constitución.
14. Actividades na praza da Constitución.
14.1. Fotografía do edificio principal que está situado nesta praza.
14.2. Que función ten? Cando foi construído?
14.3. Como se chama a exposición que hai na praza? Sobre que vai?
Continuamos pola rúa de Santiago en dirección á igrexa que leva o mesmo
nome e nos situamos na portada principal.
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 6
15) Actividades na igrexa que hai perto
15.1. Fotografía de grupo no adro reflectindo o tímpano da portada (o que hai
debaixo dos arcos da porta principal) (ver a foto de abaixo do guión)
15.2. Que escultura se representa no tímpano da portada principal?
15.3. Buscade información nunha placa
situada preto da portada e sinala
algunhas das características que ten esta
igrexa.
Saímos do adro da igrexa de Santiago e continuamos a man esquerda (para
torcer de novo á esquerda pola Rúa do Parrote e despois a primeira á
dereita pola Travesía de Tabernas outra vez á dereita cara a rúa Tabernas
para chegar ao edificio nº 11 desta rúa.
16. Actividades no edificio nº 11 da rúa Tabernas.
16.1. Facer fotografía de grupo na portada do edificio.
16.2. Que dous usos ten na actualidade esta casa?
16.3. Entra e visita o museo (escaleira á
dereita e primeira planta). Que se di sobre a
escritura no chan do piso do museo?
(Museo pechado. Só as actividades de
fóra) (Opcional se accedemos)
Continuaremos xirando á dereita pola rúa Tabernas ata chegar á rúa
Santiago. Baixamos esta en dirección á Mariña. Unha vez chegado xiramos á
esquerda por María Barbeito (rúa que vai dar á Praza de María Pita).
17) Proba a realizar. Rúa María Barbeito-esquina Avda.
da Mariña.
17.1 Sacar unha fotografía a este edificio.
17.2. Quen foi o arquitecto? De que ano é? Sinalar
algunhas características? Tedes información nunha
placa.
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 7
18. Praza de María Pita. Probas a
realizar.
18.1. Facer unha fotografía na estatua.
18.2. Facer unha fotografía do concello
como fondo.
18.3. Localizar unha liña de metal que
atravesa a praza (desde o concello ao
outro extremo da praza. Está situada no
lateral dereito da fachada do concello
se o miramos de frente). Esa liña é a liña meridiana (que une dous fitos da
praza). Cales son as coordenadas do meridiano da Coruña? (ese dato
aparece inscrito na liña)
19. Rego de Auga. Proba a realizar.
19.1. Facer varias fotografías de grupo nesta rúa
(dúas ou tres) Nesta rúa estivo situada a librería de
Uxío Carré Aldao e onde se reunían figuras do
galeguismo como Manuel Murguía e Eduardo
Pondal coñecida como a Cova Céltica.
no medio da rúa, vindo da Praza de María Pita á
dereita hai unha rúa que se chama Trompeta
continuamos todo recto en dirección á Praza do
Humor. Atravesando a rúa da Trompeta.
20. Praza do Humor. Probas a realizar:
20.1. Fotografía de grupo no banco onde aparece a escultura de Álvaro
Cunqueiro.
20.2. Fotografía de grupo no banco onde aparece a escultura de Castelao.
Realizar polo menos tres fotos coas seguintes ilustracións:
20.3. Fotografía de grupo no busto de
Vicente Risco.
20.4. Fotografía de grupo no busto de
Xulio Camba.
20.5. Fotografía de grupo no busto de
Wenceslao Fdez. Flórez.
20.6. Localizar e fotografiar a caricatura de
Eduardo Blanco Amor.
20.7. Localizar e fotografíar a caricatura de
Carlos Maside.
20.8. Localizar e fotografíar a caricatura de Charles Chaplin.
20.9. Localizar e fotografíar a caricatura de Mafalda.
20.10. Localizar e fotografíar a caricatura dos nenos de Álvaro Cebreiro.
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 8
20.11. Que actividade se realizaba nesta praza anteriormente? Nun quiosco
da praza no que hai unha churrería pola parte posterior infórmavos desa
función.
Xiramos á esquerda pola rúa de San Agustín e chegamos a praza de San
Nicolás.
21.1. Quen viviu no nº 16 da rúa San Agustín? Foto de
grupo ao lado da placa.
Seguimos recto e entramos na rúa de San Nicolás cara
a praza de San Nicolás.
21.2. Facédevos unha foto na fachada deste edificio que
tedes na fotografía da esquerda.
Continuamos á esquerda baixando pola rúa de San
Nicolás e a continuación pola rúa Bailén para chegar á
rúa Real.
21.3. Localizade o edificio da rúa Bailén que
aparece nesta fotografía da dereita. En que número
está situado?
22. Atravesamos a Rúa Real. Nesta rúa comercial imos localizar unha serie
de cousas:
22.1. Que pintor moi importante realizou a
primeira exposición pictórica no nº 20 desta
rúa?
22.2. Facede unha fotografía do edificio nº 22 da
rúa Real. Quen foron os arquitectos? Describe
as características deste edificio que aparecen
nunha placa informativa.
22.3. Que redacción dunha revista cultural do 1º
terzo do século XX estivo aquí?
22.4. No nº 36 realizouse e imprimiuse unha
importante revista da cultura galega. Como se
chamaba esta revista? Fotografía da placa
informativa. Como se chamaba o seu editor?
Guión ximcana II encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos 9
22.5. No nº 56 hai un comercio que ten bastante importancia coa cultura
galega. Como se chama?
Seguimos camiñando en dirección ao Cantón
Grande
Actividades no Cantón Grande:
23. Localizade o Obelisco dos Cantóns e:
23.1. Realizade unha fotografía diante do
Obelisco e outra coa fachada principal do Cantón
Grande..
23.2. Indicade as coordenadas xeográficas da
Coruña (latitude e lonxitude). (aparecen nunha
placa na parte inferior do obelisco)
Cruzade en dirección aos Xardíns de Méndez
Núñez
24. Realizade unha fotografía de grupo tendo como fondo os Cantóns.
Xardíns de Méndez Núñez
24. Localizade unha estatua na que aparece unha personaxe que leva un
instrumento musical (ao mellor vos parece un escudo)
presidindo un conxunto escultórico (aparecen moitas
figuras).
Preguntas:
24.1. Que personaxe da literatura galega é?
24.2. Que instrumento musical é o que leva na man?
24.3.Como describiríades a escultura. Que trata de
representar?
24.4. Realizade unha fotografía de grupo na escultura.
25. Nos mesmos xardíns localizade un palco da
música e:
25.1. Realizade unha fotografía de grupo.
25.2. Neste xardín localizade o Kiosco
Alfonso.
25.3. Realizade unha fotografía de grupo.
25.4. Quen foi o arquitecto que construíu
este edificio?
25.5. Como se chama a exposición que hai no seu interior actualmente?
Ver o itinerario en google maps: