Introducion-as-Enerxias-Renovables..pptx

MaraMagdalenaMontesF 11 views 10 slides Sep 04, 2025
Slide 1
Slide 1 of 10
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10

About This Presentation

enerxia solar térmica


Slide Content

Introdución ás Enerxías Renovables A medida que unha sociedade é máis avanzada consume máis enerxía. Pero a enerxía que se obtén do carbón, do petróleo e do gas non se renova e vaise esgotando ano tras ano. O intelixente é ir aproveitando outras fontes de enerxía renovables que están ao noso redor: vento, sol, residuos, etc.

Tipos de Enerxías Enerxías Renovables Solar Hidráulica Eólica Biomasa Maremotriz Xeotérmica Enerxías Non Renovables Carbón Petróleo Gas natural As enerxías renovables son limpas, non contaminan e crean cinco veces máis postos de traballo que as enerxías convencionais.

Enerxía Minihidráulica A auga flue polos ríos e ao descender dun nivel superior a un nivel inferior xenera unha enerxía cinética que pode ser aproveitada para xerar electricidade. As centrais hidroeléctricas funcionan convertindo a enerxía cinética e potencial dunha masa de auga ao pasar por un salto en enerxía eléctrica. Tipos de centrais hidroeléctricas: Centrais de auga fluinte: captan parte do caudal do río e devólveno despois de turbinalo. Centrais de pe de presa: situadas augas abaixo dos embalses, poden almacenar enerxía para usala cando se necesite.

Enerxía Eólica Esta enerxía é a obtida do vento e consiste en convertir a enerxía que produce o movemento das palas dun aeroxerador impulsadas polo vento en enerxía eléctrica. Aeroxeradores As súas palas xiran entre 13 e 20 r.p.m. e teñen unha vida media de 25 anos. En poucos anos evolucionaron de 25Kw a 2000Kw de potencia. Parques Eólicos A explotación faise instalando un conxunto de muíños (parque). Cada parque consta dunha central de control que regula o funcionamento dos aeroxeradores.

A Biomasa A biomasa consiste no emprego da materia orgánica como fonte enerxética. Biomasa Natural Residuos que produce a natureza sen intervención humana (follas, ramas pequenas). Biomasa Residual Residuos de actividades agrícolas, gandeiras e industrias (serrín, cáscara de almendra). Cultivos Enerxéticos Cultivos especialmente destinados á producción de biomasa (cereais, caña de azucre).

Biocombustibles Son combustibles producidos a partir da biomasa. Os biocarburantes pódense empregar nos actuais motores de combustión. Os máis empregados en España son: Bioetanol: obtido a partir do azucre, almidón e de fangos de augas residuais. Biodiesel: obtido por esterificación de aceites vexetais ou grasas animais. Métodos de conversión da biomasa: Termoquímicos: combustión e pirólise. Biolóxicos: fermentación alcohólica e metánica. Presentan ventaxas medioambientais, enerxéticas e socioeconómicas respecto aos combustibles fósiles.

Enerxía Solar Solar Térmica Aproveita a enerxía dos raios do sol en forma de calor para quentar auga ou calefacción. Solar Termoeléctrica Concentra a luz solar mediante espellos para acadar altas temperaturas e xerar electricidade. Solar Fotovoltaica Produce electricidade grazas a un material que absorbe a luz solar, con sistemas illados ou interconectados.

Outras Enerxías Renovables Enerxía Xeotérmica Aprobeita o calor do subsolo para climatizar, obter AQS e electricidade. As aplicacións dependen da temperatura: alta (>150ºC) para electricidade, media para usos industriais, e baixa (<25ºC) para AQS. Enerxía Maremotriz e Undimotriz A maremotriz aproveita as mareas mediante diques con comportas. A undimotriz obtén electricidade do movemento das olas usando turbinas no fondo do mar unidas a boias.

Enerxías Renovables e Medio Ambiente Dependencia Enerxética As enerxías renovables, ao ser fontes enerxéticas autóctonas e inagotables, permiten reducir a dependencia enerxética exterior de España. Cambio Climático O sector enerxético é a fonte máis importante de gases de efecto invernadoiro. As produccións de electricidade e as refinerías teñen unha contribución do 30%. Impacto Futuro As emisións de dióxido de carbono e outros gases elevarán a temperatura media mundial entre 1,4 e 5,8ºC para finais de século.

Protocolo de Kioto O protocolo adoptouse o 11 de decembro de 1997 en Kioto, Xapón, pero non entrou en vigor ata o 16 de febreiro de 2005. En novembro de 2009 eran 187 os estados que o ratificaron. Estados Unidos, que era cando se firmou o protocolo o maior emisor de gases invernadoiro (dende 2005 o é China), nunca o ratificou. O protocolo creouse co fin de reducir as emisión de dióxido de carbono a atmósfera. Este acordo internacional é fundamental para combater o cambio climático e promover o uso de enerxías renovables a nivel global.