MANIFESTO CONCENTRACIÓN CSAÚDE 22 FEBREIRO 2025.pdf
AntonioGregorioMonte
176 views
4 slides
Feb 22, 2025
Slide 1 of 4
1
2
3
4
About This Presentation
MANIFESTO CONCENTRACIÓN promovida por BNG CSAÚDE Ribadeo, 22 FEBREIRO 2025
Size: 130.65 KB
Language: none
Added: Feb 22, 2025
Slides: 4 pages
Slide Content
MANIFESTO CONCENTRACIÓN SANIDADE 22/02/2025
Bos días a todas e todos e grazas de antemán por asistir a esta convocatoria de
concentración que promovemos dende o BNG de Ribadeo ante o abandono
sistemático ó que está sometida a Atención Primaria do noso pobo en particular, pero
por desgraza extensible a gran parte
da comarca da Mariña.
Fai algo maís dun ano chamávamos á veciñanza a unirse a nós para reclamar ó SERGAS
un pediatra todos os días do ano para as nenas e nenos de Ribadeo e Trabada, ante a
ausencia da titular da praza. Con este fin presentamos tamén unha moción
no Concello
para trasladar á Xunta de Galicia e en concreto ó SERGAS esta petición. A resposta,
meses despois foi:
“A Atención pediátrica está garantida”. Sen máis explicación, e tratando por parvas a
todas as familias que durante meses sufriron a ausencia de pediatra e os continuos
adiamentos das consultas e
revisións.
Hoxe, un ano despois, a situación non é mellor no noso centro de saúde.
A consulta de pediatría ó 50% do tempo óptimo con dous profesionais que acuden ó
centro a maiores da súa xornada habitual para dar un servizo mínimo que non é
suficiente en absoluto, deixando a
máis de 900 nenas e nenos de Ribadeo e Trabada a
metade do tempo sen a asistencia sanitaria especializada que merecen e á que teñen
dereito por lei.
“A Lei 7/ 2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, inclúe a atención
pediátrica para os menores de 14
anos, disposición que se enlaza co artigo 12 da Lei
Xeral de Sanidade cando establece que os poderes públicos orientarán as súas políticas
de gasto sanitario en orde a corrixir desigualdades sanitarias e garantir a IGUALDADE
DE ACCESO ós servizos sanitarios públicos en todo o territorio. En consecuencia, todos
os nenos
e nenas galegos teñen os mesmos dereitos e debe garantirse a todos eles o
mesmo tipo de atención sanitaria, calquera que seña o centro de saúde ó que se
atopen adscritos.”
A mesma situación se está a dar na consulta da matrona do centro, ausente por
incapacidade temporal, e con
sustitución da profesional só un día á semana. A matrona
é a profesional de referencia para atención á saúde maternoinfantil, sexual e
reprodutiva da muller en atención primaria. Encárgase do consello afectivo‐sexual,
reprodutivo e contraceptivo da muller, dos programas de preparación prenatal e
preparación completa ao parto, da atención aos problemas de saúde da muller no
climaterio e menopausa… servizos que se están á negar ás mulleres de Ribadeo por
unha mala
xestión do Servizo Galego de Saúde. Ningunha das mulleres embarazadas
en Ribadeo no último semestre do ano 2024 e no que vai de 2025 tivo acceso a clases
de preparación ó parto e preparación prenatal.
¿Estas son as políticas da Xunta de Galicia para fomentar a natalidade?
Por outra banda
é preocupante tamén a situación dos cupos de medicina de familia.
Un deles leva sen cubrirse dende decembro de 2023 que se xubilou a anterior
profesional que o ocupaba. Sábeno ben os pacientes deste cupo, que ou ben xa
pediron novo médico ou ben están dando tumbos de profesional en profesional
cada
vez que necesitan atención, sendo privados do seguimento e control que é a base da
medicina de familia.
Neste 2025 dúas profesionais máis procederán a xubilarse e outras dúas atópanse en
prórroga voluntaria por riba do seu tempo de xubilación, podendo proceder á mesma
en calquera momento que o
consideren oportuno.
Con estes antecedentes (veciñas e veciños), o panorama é desolador.
Cando se producen ausencias das profesionais por permisos vacacionais ou doutra
índole (ausencias ás que teñen dereito) resulta que non son cubertas. As pobres
solución pasan por:
‐ Que o resto de profesionais prolonguen a súa xornada para
atender ós pacientes
das súas compañeiras.
‐ Ou que os pacientes se repartan entre as demáis médicas saturando as xa de
por sí apretadas axendas (non esquenzamos que se non hai pediatra os nenos
tamén pasan a ser atendidos pola medicina de familia).
¿E que fai o SERGAS da Xunta de
Galicia ó respecto?
O problema da Atención Primaria non é novo, o da falta de médicos tampouco. Nós
Sabémolo, e eles tamén.
Cando demandamos máis profesionais a resposta é sempre a mesma: “non os hai, non
hai pediatras, para Ribadeo non queren vir médicos…” Ou mellor aínda: “se saben
vostedes dalgún pediatra dígannolo que o contratamos”.
Pero nós xa lles dicimos onde atopar profesionais:
‐ Vaian vostedes aos hospitais e clínicas privadas;
a que aí sí que atopan
pediatra? A que nelas non hai lista de agarda apenas para ver a un especialista?
Parece que se cambiamos a tarxeta sanitaria pola de crédito todo se volve
posible.
‐ Vaian vostedes ao estranxeiro, a onde tantos e tantos profesionais partiron
buscando estabilidade laboral
e valoración no seu traballo.
‐ Vaian vostedes máis preto se queren, a outras Comunidades Autónomas do
Estado, con políticas sanitarias máis eficientes e con mellores condicións
laborais.
Non podemos comprar o discurso derrotista de sempre, ese de “é que non hai” e o de
“que facemos todo o posible” cando
sabemos que non é así.
Porque, cal é a realidade?
A realidade é que o PP aproveita todas as crises para acelerar a súa política de
deterioro dos servizos públicos e por suposto da sanidade pública, de falta de
profesionais, sumíndoa cada vez nun pozo máis profundo.
A realidade
é que segundo a memoria do 2023 do Defensor do Paciente, a Atención
Primaria galega ocupa o vergoñento primeiro posto no ránking de “saturación” no
Estado Español, só equiparable a Andalucía.
A realidade é tamén que a pesares de que a Atención Primaria resolve entre o 80‐90%
problemas de
saúde da poboación o PP tena infradotada, con só un 12% do total do
orzamento de sanidade, á cola do estado; tan só Madrid está por detrás. E xa sabemos
o concepto que a presidenta madrileña ten da sanidade pública.
A Consellería de Sanidade e o Sergas teñen a responsabilidade de que a Lei de Saúde
de Galicia e a Lei Xeral de Sanidade se cumpran. Súa é a labor de buscar solucións a
esta carencia e organizar o sistema de forma que non deixe fóra a ninguén. Son eles os
que teñen que dar a cara e responder ós problemas que xurdan no sistema de saúde;
tamén son eles os que levan moitos anos sen demostrar capacidade para
crear políticas sanitarias efectivas que garantan a igualdade de acceso á atención
primaria.
O motivo desta concentración é reclamar unha vez máis
que o SERGAS cumpra con
Ribadeo e cos seus veciños e veciñas, que non merecemos ser tratados como cidadáns
de segunda. De pouco ou de nada serve levantar ladrillos novos se non temos
médicos nin profesionais que nos atendan. Xa vai sendo hora de que dean conta. E
por eso:
RECLAMAMOS A COBERTURA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA E DE MATRONA TODOS OS
DÍAS DA SEMANA.
RECLAMAMOS A COBERTURA DA PRAZA DE MEDICINA DE FAMILIA VACANTE DENDE
DECEMBRO DO 2023
E RECLAMAMOS A COBERTURA INMEDIATA DAS VACANTES DE MEDICINA DE FAMILIA
QUE SE VAN A PRODUCIR POR XUBILACIÓN NO CENTRO DE RIBADEO
MOITAS GRAZAS POLA VOSA RESPOSTA A ESTA CONVOCATORIA E SIGAMOS
LOITANDO POR UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE E PROXIMIDADE.