“Memorias dun neno labrego” é un libro escrito por Xosé Neira Vilas publicado en 1961, en
Arxentina. É o libro mais lido da literatura galega, e eu falarei dos seus personaxes, aínda que
antes farei un breve resumo do argumento.
O libro non é un relato autobiográfico, mais comeza nun lugar e tempo concretos. Balbino,
que é o protagonista, é un neno pobre, de aldea, que
vai contando no seu caderno a súa vida e
como vai sobrevivindo e pasando os días coma un pobre na primeiras décadas do século XX, con
toda a emigración obrigada en Galicia. O propio Neira Vilas dixo que o seu obxectivo era plasmar
no libro a vida dun campesiño traballador galego,
e parece que o conseguiu.
Estes son os personaxes do libro:
Balbino: é o protagonista. Como xa dixen, é un neno labrego que vai contando a súa historia
a través do seu caderno. Os sucesos que lle ocorren tamén están relacionados coa súa condición.
Ten un carácter aventureiro, aínda que
é algo vergonzoso, pero é moi valente e ten algunhas
características propias das novelas picarescas. No seu caderno reflexiona sobre todo o que lle
sucede. Traballa duro e é obediente xa que o señor da aldea (que fala castelán) trátao moi ben.
O pai de Balbino: non ten un gran
protagonismo, pero preocúpase moito polo seu fillo. Por
isto, moitas veces discuten. É un home serio e a pesar de ter bastantes discusións co seu fillo, é
bastante comprensivo con el.
A nai de Balbino: se o pai non ten un gran protagonismo, ela aínda menos. Interacciona
pouco con Balbino
e sempre vai coa tía Carme, da que falarei agora xa que é necesario para
comprender o papel da nai.
A tía Carme: está sempre coa nai de Balbino, e a súa participación baséase en aconsellar a
Balbino, a axudalo cando pode e a escoitalo e comprendelo.
O padriño de
Balbino: outro personaxe que se dedica a aconsellar a Balbino. Dille o que ten
que facer para chegar lonxe na vida e ser algo. Tampouco participa moito.
O señor da aldea: fala castelán. Xeralmente trata ben a Balbino, pero tivo un altercado co
seu pai que non rematou ben e case acaban Balbino e mais o seu pai desterrados da aldea.
Manolito: é o fillo do señor. A Balbino non lle cae moi ben, cousa que non
é de estrañar,
posto que este sempre anda a meterse con el e a insultalo sen sentido. Chega un momento no
que Balbino fártase e lle lanza unha pedra que o fai sangrar bastante.
Eladia: é a mestra da aldea, e de Balbino. Tampouco ten unha gran participación, e ao
final
do libro insinúase que está namorada de Balbino, aínda que sexa un pouco raro.
Celia e Miguel: son os dous irmáns de Balbino. Xunto a Lelo, do que falarei agora, Miguel
representa un pouco a figura do galego obrigado a emigrar a América en busca de traballo. Celia
quédase
en Galicia e axuda a Balbino a encontrar traballo.
Lelo: é o mellor amigo de Balbino. Tamén é obrigado a emigrar a América para poder
conseguir algúns cartos, pero o protagonista e mais el logran seguir en contacto a través de
cartas que se van mandando mutuamente.