Monte Siradella

monadela 94 views 41 slides Jan 16, 2018
Slide 1
Slide 1 of 41
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36
Slide 37
37
Slide 38
38
Slide 39
39
Slide 40
40
Slide 41
41

About This Presentation

O Monte da Siradella (167 m), é o punto máis alto da península de O Grove, situada na banda sur da Ría de Arousa.�Desde os seus miradoiros pódese ver o istmo da Lanzada, a enseada do Vao, a illa de Ons e parte da ría de Arousa.


Slide Content

Monte da Siradella
O Grove

O Monte da Siradella (167 m), é o punto máis alto da península de O
Grove, situada na banda sur da Ría de Arousa.
Desde os seus miradoiros pódese ver o istmo da Lanzada, a enseada
do Vao, a illa de Ons e parte da ría de Arousa.
Monte da Siradella

O GROVE
A
LANZADA

Vista aérea da península do Grove (no primeiro plano, á esquerda), co monte
Siradella, o istmo da Lanzada e a enseada do Umia-O Grove.

Vista desde o a
Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.
O istmo da Lanzada é unha barra areosa con cordóns de dunas
fixas e móbiles, duns 2 km de lonxitude e unha anchura que varía
dos 500 aos 1.000 m. Formouse polas achegas de area das
correntes contrarias do río Umia e o mar aberto.
É de formación relativamente recente; o primeiro mapa que
representa O Grove como península é de 1784, mentres que outro
mapa de 1632 representábao aínda como illa.

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada.
Á esquerda a Aula da Natureza.
É unha zona dun grande interese xeolóxico. Nos cumes domina a
pedra de gran, con interesantes formacións rochosas: penedos,
pedras cabaleiras…
Na base atópase un gran campo de dunas fixadas pola vexetación e
unha duna remontante que ascende pola aba sur do monte.

Dunas na aba sur do monte Siradella

Duna remontante

Vista desde o monte Siradella sobre a ría de Arousa
(no primeiro plano a illa de Arousa).

O istmo e os cantís da Lanzada.

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.
Á esquerda a enseada do Vao coa marea baixa.

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.
A enseada do Vao coa marea alta.

A enseada do Vao coa marea alta.

Vista sobre a illa de Ons.

Penedos
Pedras cabaleiras no cume da Siradella

A carón do monte da Siradella hai un castro do que só quedan os
restos das murallas e a base dalgunhas casas castrexas.
Castro da Siradella

Flora
A maior parte do monte está ocupado por piñeiros e mato de toxo
e, entre eles, aparecen especies de interese.

Piñeiros bravos e mansos

Estripo (Crataegus monogyna)

Pótega, mel de raposo
(Cytinus hypocistis).
Unha planta parásita das carrascas.

Cantroxo (Lavandula stoechas, subsp stoechas)
Só se atopa na costa do sur de Galiza.

Orquídea (Cephalantera longifolia).
Unha planta escasa en Galiza, moi
abundante na zona sur do monte da
Siradella.
Violeta (Viola kitaibeliana).
Unha planta de pequeno tamaño que se
atopa nas dunas do monte.

Ruda (Ruta chalepensis).
Unha planta que se cultiva polos seus
valores mediciñais, que aparece silvestre
nesta zona.

FIGUEIRA DO MECO, nunha rocha da Siradella
Conta a lenda que o Meco era un cacique do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite
tivo unha discusión nunha taberna e partíronlle unha xerra na cabeza. Os veciños levárono
ao monte da Siradella e colgáronno dunha figueira. Cando a xustiza preguntou Quen
matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!

Fauna
Coellos, aves do mato, do bosque e das rochas, algún anfibio,
lagartos e numerosos invertebrados.
Chasco (Saxicola torquata), macho. Rabirrubio (Phoenicurus ochruros), femia.

Sapo de esporas (Pelobates cultripes) Lagartixa galega (Podarcis bocagei), macho.
Lagarto arnau (Timon lepidus)

Bolboretas e avelaíñas
Ematurga atomaria

Lycaena phlaeas
Papilio machaon Syntarucus pirithous
Macroglossum stellatarum

Hipparchia fidia Hyponephele lycaon
Pyronia cecilia Lasiommata megera

Araña cangrexo (Thomisus onustus)
Cabalo do demo (Sympetrum sanguineum)
Formiga león
(Myrmeleon formicarius)

Escaravellos (Lachnaia pubescens)
Vagalume (Lampyris noctiluca), macho. Escaravello (Milabris quadripunctatus)
Escaravello (Cribroleptura stragulata)

Centro de interpretación
Na Siradella atópase o Centro de Interpretación da Natureza, onde se
amosa toda a riqueza do espazo natural do contorno.

LIC “Complexo Ons-O Grove”
ZEPA e HUMIDAL RAMSAR
“Complexo intermareal Umia-O
Grove-A Lanzada”.

Área de lecer

Lagoa naturalizada aproveitando un desmonte

Montaxe e fotos: Xea
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
xaneiro 2012
Tags