- Padre (Comandante xefe do exército nazi e director do campo de
concentración). Fala con desprezo dos xudeos, di que non son persoas e que
son o gran problema de Alemaña.
- Herr Listz, o profesor. Da clases a Bruno e a Gretel, soamente fala da historia
de Alemania, como centro do mundo e dos xudeos como os culpables da
derrota na primeira Guerra Mundial.
- A obsesión nazi vai máis aló das relacións familiares. Padre é moi criticado
pola súa nai e pola súa muller, mais el non ten en conta a opinión dos seus
seres queridos.
- O propio Bruno, cando o tenente Kotler lle preguntou se coñece a Shmuel
cando está na súa casa, nega coñecer o seu amigo, por medo a ser
castigado.
A través da amizade entre os dous nenos a historia amosa como Bruno non
entende a realidade de Shmuel nin a inxustiza que vive, aínda que, pouco a pouco,
comeza a cuestionar algunhas cousas. Chega un momento no que Shmuel expresa
a súa tristeza por non atopar o seu pai, que desapareceu no campo de
concentración. Bruno, na seu desexo de axudar o seu amigo, decide ir á outra beira
do aramado, ponendo un "pixama de raias" , como levaba o seu amigo Shmuel.
Ao final da historia, Bruno e Shmuel, collidos da man, entran nunha das cámaras
de gas, descoñecendo o destino tráxico que lles agarda. A súa desaparición
convértese nun golpe emocional para a familia de Bruno. O seu pai, comprende a
realidade que o seu fillo experimentou, matando o seu propio fillo ( “o cazador
cazado”)
Temas principais
• Inocencia e amizade: A amizade entre Bruno e Shmuel é o centro da
historia. A inocencia de ambolos dous, especialmente de Bruno, pon de manifesto
a guerra, discriminación e o odio racial.
• A barbarie do Holocausto: os horrores do Holocausto a través dos ollos de
dous nenos, creando un contraste entre a inxenuidade infantil e a brutalidade da
situación. Os menos pensando en xogar , alleos á realidade ( a guerra)