Argumento
Todo comeza cando Delia, a protagonista, comeza a facerse amiga do
grupo das “populares” do seu instituto (Xulia, Daniela e Lara), grazas a que
o seu irmán, Iago, estaba saíndo con Xulia.
Unhas semanas despois, chega ó instituto unha nena sueca chamada
Silkie, da que se fan moi amigas as catro rapazas.
Silkie viñera dende Suecia por mor do traballo da súa nai, o pai quedara no
seu país xunto seu curmán.
Despois duns poucos días de acomodarse no grupo, Silkie decidiu xogar
ao fútbol xunto cos rapaces, o que puxo moi celosa a Xulia, xa que Silkie e
máis Iago comenzaron a levarse moi ben polo tema do deporte.
No instituto, Xulia comezou a facerlle a vida imposíbel a Silkie ata o punto
de acosala. Silkie apoiábase nun rapaz moi bo chamado Marcos e nunha
rapaza chamada Elisha, non se apoiaba en ninguén máis porque quería
demostrar que era forte, que podía con todo ela soa, ata que, nunha festa,
Víctor, un rapaz que estaba de acordo con Xulia acosouna sexualmente ao
saír dela, puido escapar, pero dunha forma moi violenta, botándose a un río
que estaba cerca do lugar. Sorbreviviu, pero ese foi o paso que a impulsou
a dicir o que lle estaba pasando á súa nai, docentes...
→
Toda a novela a conta Delia a través do seu blog, tras
un ano do sucecido decidiu non manter máis en
segredo o que acontecera e contalo a todo o mundo de
forma anónima e cambiando nomes na historia.
Durante o ano de instituto no que sucedera a situación
de acoso, Delia gardou silencio e non lle contou a
ninguén o que lle estaba a ocorrer a Silkie, de aí vén o
título do libro.