Ríos Asia

966 views 21 slides Sep 09, 2013
Slide 1
Slide 1 of 21
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21

About This Presentation

No description available for this slideshow.


Slide Content

RÍOS DE ASIA
Alumnado de 1º de ESO, Adela Leiro, Chus García
IES Francisco Asorey, xuño 2013


Os principais ríos de Asia teñen as súas fontes nas grandes alturas do centro do continente (Himalia, Meseta do
Tíbet, Altai…) e lévanas aos océanos Ártico, Pacífico e Índico.
En xeral teñen cursos altos con grandes desniveis e cursos medios e baixos de discorrer maino, con grandes tramos
navegables. Os das áreas cálidas teñen grandes enchentes na época dos monzóns e os do norte no desxeo.
O máis longo é o Iangtsé, con 6.300 km (o terceiro do mundo) e os máis caudalosos o Iangtsé e o Mekong.

RÍOS DE MÁIS DE 1.000 KM DE LONXITUDE:
OCÉANO ÁRTICO: Obi, Taz, Ienisei, Piasina, Jatanga-Kotui, Oleniok, Lena, Jana-Sartang, Indigirka, Alazeia, Kolima...
OCÉANO PACÍFICO: Anadir, Amur, Lioao, Hai, Amarelo (Huan He), Azul (Iangtsé), Perla-Xi, Vermello (Sôg- Hông),
Mekong, Kapuas (Borneo)...
OCÉANO ÍNDICO: Salween (Nu Jiang), Irawaddi (Ayeyanwady), Ganxes, Godavari, Krishna, Narmada, Indo, Shattal-
Arab-Éufrates-Murat...
MAR NEGRO: Kizil Irmak
CUNCAS ENDORREICAS
Mar Caspio: Kura e Ural
Mar de Aral: Sir Daria, Amu-Daria-Piandj
Lago Nor: Tarim-Iarkand
Lago Hulun: Kerulen
Lago Hamún: Helmand
Deserto Karakorum: Hari Rud
Depresión Asikal: Chu

RÍO
IANGTSÉ,
AZUL
(CHANG
JIANG)

NACEMENTO E
FONTES
Meseta Tibetana (5.042 m de altitude), ao sur das montañas Kunlun e na vertente norte das
montañas Taggula. Fórmase coa unión do Tuotou e o Donqu (Tongtian); máis abaixo
chámase Jinsha e a partir da confluencia co Min Iagtsé ou Chang-Jian.
LONXITUDE 6.300 km. É o río máis longo de China e de Asia e o terceiro do mundo.
PERCORRIDO:
PAÍSES
China
PERCORRIDO
LINEAL
Panzhihua, Yibin, Chongqing, Yichang, Jingzhou, Yueyang, Xianning, Wuhan, Ezhou, Huangsi,
Huanggang, Chaohu, Chizhou, Jiujiang, Anqing, Tongling, Wuhu, Hefei, Chuzhou, Maanshan,
Taizhou, Yangzhou, Zhenjiang, Nanjing, Nantong, Shanghái.

Está dividido en tres tramos:
CURSO SUPERIOR: desde Yibin a Yichang;
CURSO MEDIO: Yichang e Hukou, onde o sío se atopa co lago Poyang
CURSO INFERIOR: desde Hukou a Shanghái, na desembocadura.
DESEMBOCADURA Mar da China Oriental
CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES
Superficie: 1.800.000 km
2

Norte: Monte Kunlun, Qulian Sha e Qin Lin
Leste: Meseta do Tíbet
Sur: Yun Gui- Gaoyuan
AFLUENTES
DEREITA
ChangninG, Chishui-Gaodong, Shangxi, Qiljiang,Jiantan, Wujiang, Qingjiang, Songzi, Li, Xiang,
Yuan
AFLUENTES
ESQUERDA
Yalong , Nanguang, Jiaju, Tuo, Shenshui-Shangpo, Meijiang-Binan, Jialing,Nanbin, Dongjin,
Huangsi
FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS

Nos 6.300 km de percorrido o río Iangtsé salva 5.042 m de altitude, desde as montañas do
Tibet ata as chairas costeiras. No seu curso forma grandes e profundos canóns, rápidos,
fervenzas, lagos, meandros, praias e illas.

Gorxa do Salto do Tigre: un tramo duns 16 km situado entre dúas altas montañas —o Yulong
Xue Shan de 5.596 m e o Haba Xue Shan de 5.396 m —, no que o río forma unha serie de
rápidos rodeado de empinados escarpes de máis de 2.000 m de desnivel. É o canón de río
máis profundo do mundo.
Gorxas do Iangtsé (entre Chongqing e Yichang).
Catarata de Liusha, situada ao oeste da provincia de Hunan, nun afluente do Yuán. Ten unha
caída de 216 m.
Catarata de Huangguoshu. No suroeste da cidade de Anshun, na provincia meridional de
Guizhou. A máis grande de China. Ten 77,8 m de altura e 101 m de ancho. Formada por oito
cataratas. A súas augas precipítanse sobre un estanque chamado Xiniu, producindo un
estrondo que pode escoitarse a 5 km de distancia.
Cataratas do val de Jiuzhaigou (Nuorilang). Nun afluente do Yangtsé. Na cabeceira do mesmo
río está as Xiaolongtan.
Cataratas do monte Lushan na provincia suroriental de Jiangxi. Nun afluente do Gan. Con 22
cataratas, 18 rápidos, 14 lagos e estanques. A “Catarata do Manancial das Tres Gradas” é a
máis coñecida.

Lagos Poyang, Dongting

CLIMA Continental na primeira parte do río
No resto húmido con veráns calurosos
TIPO DE RÉXIME Nivo-pluvial. No curso alto é nival, con desxeo ao final da primavera. No resto, é pluvial co
problema de que as chuvias son, na marxe dereita, entre maio e xuño e, na parte esquerda
(máis ao norte) en xullo e agosto. Así, o río recibe durante unha longa temporada abundante
auga, o que provoca grandes e graves inundacións.
CAUDAL 31.900 m³/s
FLORA Nas terras altas, de clima continental, abundan os bosques mixtos (carballos, tilleiras,
pradairos, piñeiros). A continuación, bosques subtropicais (especies das familias das
cameliáceas, magnoliáceas e lauráceas) e, no curso baixo, bosques tropicais de tipo
monzónico (perennifolias, no que abundan as lianas, os epifitos, as palmeiras colgantes e os
fentos).
FAUNA

Aligátor chino, peixe espátula do Iangtze, marsopa sen aleta, baiji (Lipotes vexillifer o golfiño
do río Iangtsé ou golfiño de China), extinguido desde 2008; pato mandarín, cervo acuático
chino, musgaño tibetano, píntega china gigante (Andrias davidianus)
APROVEITAMENTO


O Iangtsé alimenta de auga ao 40% do territorio chino e o 70% da produción de arroz.
Aproveitamento hidroeléctrico: presa das tres Gorxas, a máis grande do mundo, e a maior
central hidroeléctrica; presa de Gezhouba,
É navegable nunha gran parte. Os grandes buques poden chegar ata Wuhan e os menores ata
Yichang. É unha das vías navegables máis concurridas do mundo.

ESPAZOS
PROTEXIDOS


Canóns de Yunán “Tres Ríos Paralelos de Yunán”, declarada pola UNESCO PatrImonio da
Humanidade.
Nacemento do río Tuotuo (Reserva Estatal)
Sanjiangyuan (“Fuente dos tres ríos") Reserva Natural en Qinghai

DATOS
HISTÓRICOS
Hai vestixios de actividade humana na zona de hai máis de dous millóns de anos.
Ao longo de todo o río consérvase un rico prtrimonio histórico e cultural.
TRADICIÓNS-
LENDAS
A Gorxa do Salto do Tigre ten ese nome por unha lenda que conta como para escapar dun
cazador, un tigre saltou o canón no seu punto máis estreito (de 25 a 30 m).
CURIOSIDADES

O seu nome en Chino significa río longo.
Ao longo do seu percorrido ten varios nomes: Dangqu (do tibetano "río dos pantanos"); máis
abaixo río Tuotuo e logo Tongtian («río que pasa polo ceo»); cuando corre a través de
profundos canóns río Jinsha («río de areas de ouro»).
O ferrocarril Qinghai-Tíbet atravesa o val do río Tuotuo, despois do paso Tanggula, a 5.231 m,
o paso ferroviario máis alto do mundo.
Ponte Xiling (ponte colgante de 900 m de vano central)
PROBLEMAS Inundacións periódicas, algunhas con numerosas víctimas.
Construción de presas: alteran o curso do río e os ecosistemas
Contaminación, especialmente en Hubei (distrito de Shashi).
Redución de especies acuáticas: pasou de 126 a mediados de 1980 a tan só 52 en 2002.

RÍO AMARELO
(HUAN HE)

NACEMENTO E
FONTES
Montañas de Bayan Har, na cordilleira de Kunlun (Quinghai), a 4.500 m de altitude. As
principais fontes drenan nos lagos Gvaring e Ngoring.
LONXITUDE Lonxitude: 5.464 km
PERCORRIDO:
PAÍSES
China
PERCORRIDO
LINEAL
CIDADES: Lanzhou, Yinchuan, Wuhai, Baotou, Luoyang, Zhengzhou, Kaifeng, Jinan.
DESEMBOCADURA Mar de Bohai (mar Amarelo) en Dongying e Shandong.
CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES
Superficie: 752.000 km².
Norte: Qilian Shan, deserto de Gobi
Sur: montañas de Bayan Har Shan, Amne Machin, Helan, Quin Ling
Oeste: Macizo do Tibet, Montes Kuenlun
AFLUENTES
DEREITA
Tao, Wei

AFLUENTES
ESQUERDA
Datong, Fen

FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS

Nos 5.464 km de percorrido o río Amarelo salva máis de 4.500 m de desnivel e no seu camiño
podemos atopar variedade de fenómenos xeolóxicos: chairas de inundación, lagos, canóns,
Fervenzas...

CANÓNS: Nun tramo de 200-300 km a través das prefecturas de Huangn, Hainan e Haidong,
con escarpados e altos cantís o cauce é estreito e hai 20 canóns (os máis famosos son os de
Longyang, Jishi, Liujia, Bapan e Qingtong)

FERVENZA HUKOU (en chino significa boca de teteira): situada no linde entre as provincias de
Shanxi e Shaanxi, na meseta de loess. Cando o Río Amarelo flúe pola gorxa de Jinshang, a súa
superficie redúcese de 400 a 50 metros, polo que a auga colle gran presión e cae coma se
fose un chorro de te. As fervenzas de Hukou atraen a miles de turistas cada ano, xa que son
uno dos puntos máis espectaculares do Amarelo.

CLIMA Continental (húmido)
TIPO DE RÉXIME

Nival-pluvial
É un río moi propenso ás enchentes e cambios de cauce debido á acumulación de sedimentos
(loes) que van enchendo as amplas chairas e creando atrancos que ao romper rebordan
bruscamente. Este vese acrecentado por bruscos desxeos que se producen por acumulación
de auga con diques de xeo na zona do Inner Mongolia.
CAUDAL 2.571 m³/s (medio)
Cun máximo de 25.000 m³/s e un mínimo de 245 m³/s. Desde 1972, por veces sécase antes
de chegar ao mar. O maior volume prodúcese durante a época de chuvias, de xullo a outubro,
cando flúe o 60% del volume anual do río.
FLORA

Bosque mixto de coníferas e frondosas, mesturado con grandes extensións herbáceas cara ao
interior. A acción antrópica fai que o bosque se atope bastante reducido.
FAUNA

aligátor chino, crocodilo, pato mandarín, golfiño lacustre chino, cervo acuático chino,
musgaño tibetano, salamántiga china gigante (Andrias davidianus)

APROVEITAMENTO


É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos
e importantes xacementos minerais.
Presas para o aproveitamento hidroeléctrico, regadío e controlar as enchentes: Longyangxia ,
Lijiaxia, Gonboxia, Jishixia, Liujiaxia, Qingtongxia, Wanjia, Sanmexia, Xiaolangdi
ESPAZOS
PROTEXIDOS
Fonte dos Tres Ríos Reserva Natural Nacional Sanjiangyuan
Parque nacional Catarata de Hukou.
DATOS
HISTÓRICOS
Históricamente é o río máis importante da China, nel xurdiu a civilización Han, o principal
grupo étnico do país.

TRADICIÓNS-
LENDAS
Nos tempos antigos críase que o río Amarelo fluía desde o ceo como unha continuación da
Vía Láctea.
Nunha lenda china cóntase que Zhang Qian foi o encargado de atopar a fonte do río Amarelo.
Despois de navegar río arriba durante moitos días, veu un rabaño de vacas e unha nena
fiando. Ao preguntarlle á nena onde estaba, ela entregoulle unhas indicacións para que llas
amosara ao astrólogo Yen Chun-p'ing. Cando volveu o astrólogo recoñeceuno como o servizo
de transporte da Fiandeira (Vega) e dixo que vira unha estrela errante interpoñerse entre a
nena e o rabaño (Altaii).

CURIOSIDADES

O nome Río Amarelo foi dado por causa da cantidade de materiais en suspensión que
arrastran as súas augas.
É o río que transporta máis sedimentos do mundo, 1,6 millóns de toneladas ao ano no punto
que descende da meseta de Loes
É costume: dicir “Cando o río Amarelo flúa claro”... ou sexa, nunca
As peores inundacións foron as de 1931 (estímase que matou de 1.000.000 a 4.000.000 de
persoas), o peor desastre natural rexistrado na historia, salvo grandes fames e epidemias; e a
de 1887 que matou entre 900.000 e 2.000.000 personas.
A inundación de 1853 provocou un cambio do curso do río, ata o punto de que na actualidade
desemboca na baía de Bo Hai, cando antes o facía no mar Amarelo, cerca de Shandong, 800
km máis ao sur.
PROBLEMAS O río por veces seca antes de chegar ao mar. O baixo volume débese ao aumento do rego
agrícola.
É un dos ríos máis contaminados do mundo pola gran cantidade de industrias, poboacións e
actividades agrícolas.

RÍO
MEKONG

NACEMENTO E
FONTES
Segundo informe da China Science Exploration Association, a fonte está en Lasagongma, a
unha altura de 5.224 msnm.
A Academia Chinesa das Ciencias recoñece a fonte no monte Guozongmucha e o río Zayaqu,
na provincia Qinghai, en territorio tibetano, como nacemento do Mekong.

LONXITUDE 4.900 km
PERCORRIDO:
PAÍSES
(Tibet), China, Laos, Myanmar (antiga Birmania), Cambodia, Tailandia, Vietnam
PERCORRIDO
LINEAL
Luang Prabang, Vientiane, Phonm Penh
DESEMBOCADURA No sur do Vietnam no Mar da China Meridional. Forma un gran delta de 40.000 km², cuns
3.200 km de canles navegables.
Desauga por nove brazos, o que explica o nome que lle dan os vietnamitas ao río Sông Cửu
Long ou "río de nove dragóns".
CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES
Superficie: 810.000 km
2

NORTE: meseta do Tíbet
LESTE: Ningjing, Yun Ling, Wuliang, Cordilleira Annamita (Trung Phan)
OESTE: Taniantaweng, Nu Shan

AFLUENTES
DEREITA
Ing, Ruak, Mun, Tonle Sap,
AFLUENTES
ESQUERDA
Nam On, Nam Ngum, Nam Kading, Se Kon, Srepok
FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS
O río Mekong ten un percorrido moi variado: na primeira parte do curso alto discorre polas
chairas da Meseta do Tíbet, logo descende un gran desnivel encaixándose en profundos
canóns e no curso medio-baixo discorre mainament formando meandros, illas e chairas de
inundación. Na desembocadura forma un gran delta no que se bifurca en numerosos brazos.
Rexión de Si Phan Don ("Catro Mil Illas") Laos. O río desfaise en numerosos brazos. E cae en
varias fervenzas de gran anchura e caudal.
Fervenzas de Khone, en Laos (ata a fronteira con Camboia).
Cataratas Tad Fane no río Banglian (nun barranco de máis de 100 m de altura), no Parque
Nacional Don Hua Sao, na Meseta da Bolaven, situada entre a Cordilleira Annamita e o río
Mekong no Parque Nacional de Dong Hua Sao.
Cataratas no río Banglian, unha serie de tres caídas: Tad Suong, Tad Lo e Tad Hang.
CLIMA Continental e tropical
TIPO DE RÉXIME Nival no curso alto e pluvial no resto.
CAUDAL 16.000 m
3
/s (medio)
O caudal do Mekong oscila entre 15.000 m
3
/s no período seco e os 60.000 m³/s da estación
das chuvias.
FLORA

Nas zonas altas vexetación de montaña. Na parte baixa vexetación de selva tropical (teca,
bambú, hevea, palmeira…) e no delta carrizos, xuncos, mangles…
Recentemente descubriuse a planta chamada Palma do río Mekong; é anana con ponlas que
se agarran ás rochas e cun pé flexible, o que fai que resista perfectamente á forte corrente da
auga.

FAUNA

MAMÍFEROS: lontra lisa (Lutrogale perspicillata), golfiño de auga dóce, golfiño beluga do río
Irrawaddy (Orcaella brevirostris), manatí do Mekong, gato pescador (Felis viverrina).
RÉPTILES: crocodilo siamés (Crocodylus siamensis), crocodilo mariño (Crocodylus porosus)
tartaruga de Cantor (Pelochelys cantorii).
PEIXES: 1.200 especies: siluros, carpa siamesa do barro (Henicorhynchus siamensis), panga
(Pangasianodon hypophthalmus), peixe gato do Mekong (Pangasianodon gigas), carpa
xigante, de ata 70 kg (Probarbus jullieni), raia xigante, de ata 4,3 m de lonxitude (Himantura
chaophraya), panga xigante (Pangasius sanitwongsei), carpa siamesa xigante, (Catlocarpio
siamensis)...
APROVEITAMENTO


Arredor de 90 millóns de persoas dependen do río, vivindo na súa cunca. O principal medio
de vida da zona é o cultivo do arroz, do que se obteñen tres colleitas anuais grazas os limos
deixados polo río. Plántanse un elevado número de variedades. Das 100.000 variedades
catalogadas, unhas 40.000 proveñen deste territorio.
O río, en xeral, é usado para irrigación, como receptáculo dos sistemas de drenaxe e de augas
residuais, para actividades pesqueiras e de piscicultura, como vía de transporte, e como fonte
de subministración de auga para industrias e particulares.
Encoros: Pak Mun en Tailandia, Manwan (China) e moitos máis en proxecto ou construción.

ESPAZOS
PROTEXIDOS
HUMIDAIS RAMSAR: Middle Stretchesof the Mekong River north of Stoeng Treng Wetland
-Áreas Nacionais de Conservación da Biodiversidade: Phou Dene,
Phou Xiengthong, Thanh Phu (delta)
-Reserva Natural Muons
-PARQUES NACIONAIS: Pha Tam, Kaeng Tana, Dong Hua Sao.
- En Yunnan (China) prodúcese o fenómeno natural dos "Tres Ríos Paralelos". É o sector do
curso superior de tres grandes ríos de Asia: Yangtsé, Mekong e Salween que corren de norte a
sur fluindo paralelamente sen cruzarse e pasando por vales de gorxas de máis de 3.000 m de
profundidade e montañas nevadas de 6.000 m sobre o nivel do mar. A zona está declarada
Reserva da Biosfera pola UNESCO.
DATOS
HISTÓRICOS
As marxes do Mekóng estiveron poboadas desde tempos moi antigos e nelas
desenvolvéronse distintas civilizacións que deixaron numeroso monumentos.
No século XIX os franceses tentaron buscar unha ruta navegable río arriba cara a China e
atoparon os rápidos de Kratié.
Vientián (capital de Laos) é famosa polas súas canles, vivendas construídas sobre pilotes e
pagodas.
Luang Prabang, foi capital do estado Tai-laosiano e máis tarde do reino de Laos, ata a época
colonial francesa.
CURIOSIDADES

É denominado polos Vietnamitas Cửu Long, en tibetano Dza-chu, en chinés Lan-ts'ang
Chiang , e en tai Mae Nam Khong
Case a metade do curso total do Mekong transcorre dentro da China, onde é chamado o "río
turbulento" por mor das gorxas e precipicios que atravesa. Cando deixa China, as augas
corren a 500 m de altura.
Cada ano captúranse no Mekong 1.300.000 toneladas de peixe.Recentemente os
investigadores descubriron máis de mil novas especies no río Mekong: 519 plantas, 279
peixes, 88 ras e 15 mamíferos.

PROBLEMAS Contaminación, deforestación, eutrofización das augas, construción de encoros.
Nos últimos anos o exceso de presas está causando a extinción de numerosas especies,
especialmente grandes peixes.

RÍO
VERMELLO
(Sông Hồng)
(Yuan)

NACEMENTO E
FONTES
Nu Shan
LONXITUDE 1.149 km
PERCORRIDO:
PAÍSES
China, Vietnam
PERCORRIDO
LINEAL
Honghe-Nansha-Hekou (China)-Hanoi-Hưng Yên-Hai Phong-Nam Dinh-Thái Bình (Vietnam)
DESEMBOCADURA Golfo de Tonkin (mar da China Meridional)
CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES
Superficie: 143 700 km²
Norte: Nu Shan
Oeste: Ail Shan
Nordeste:Yun-Gun-Gaoyuan
AFLUENTES
DEREITA
Negro

AFLUENTES
ESQUERDA
Lo, Cou
FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS
Unha gran parte do curso do río discorre por terreos achairados onde forma depósitos de
sedimentos que se aproveitan para a agricultura. No curso alto do río e os seus afluentes
abondan os canóns os rápidos e as fervenzas.
Delta
CLIMA Tropical de tipo monzónico
TIPO DE RÉXIME Pluvial, moi irregular, derivado das chuvias monzónicas: augas baixas de novembro a abril e
altas, de maio a outubro.
CAUDAL 700 a 30.000 m³/s (medio)
Sofre frecuentes inundacións
FLORA Bosque tropical de tipo monzónico de perennifolias, denso, no que abondan as lianas, os
epÍfitos, as palmeiras colgantes e os fentos. Sen embargo, esta vexetación natural foi moi
degradada por acción antrópica, e as especies máis comúns son as moreiras, litchis, cítricos,
hevea, cacaotales, cafetais e especies madeirables como los eucaliptos e os chopos.
FAUNA Crocodilo poroso e siamés, numerosas especies de peixes de auga dóce...
APROVEITAMENTO Regadío (especialmente cultivo de arroz), navegación, subministro de auga ás cidades,
turismo, lecer, deportes...
ESPAZOS
PROTEXIDOS
Reserva da Biosfera Delta do Río Vermello
Reserva Natural Yunnandaweishan
DATOS
HISTÓRICOS

A apertura deste río ao comercio europeo con China levou ás guerras entre Francia e Vietnan
(1883-86), que rematou coa conquista de Vietnam.
CURIOSIDADES

Fai de fronteira entre China e Vietnam.
O nome é pola auga de cor marrón-vermella cargada de sedimentos

PROBLEMAS Inundacións, contaminación, caza e pesca furtivas...

RÍO
GANXES
(GANGA)

NACEMENTO E
FONTES
Glaciar Gangotri a máis de 7.000 m de altitude no Himalaia Central, onde se chama Bhâgiratî
(no estado indio de Uttaranchal).

LONXITUDE 2,510 km
Considerando o sistema Ganxes-Brahmaputra, o de maior lonxitude é o Brahmaputra, con
2.896 km.
PERCORRIDO:
PAÍSES
India, Bangladés, Nepal
PERCORRIDO
LINEAL
Chandigrh-Saharanpur-Kampur-Benarés-Patna-Calcuta
DESEMBOCADURA Golfo de Bengala, formando un vasto delta no Sundarbans, onde se xunta ao Río
Brahmaputra e Meghna para formar o maior delta fluvial do mundo. No delta divídese en
moitos ríos menores, un é o río Hoogli preto de Calcuta; outro o Padma, que penetra en
Bangladés.

CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES
Superficie: 907.000 km²
NORTE E LESTE: Himalaia
SUROESTE: Winddhya, Satpura
AFLUENTES
DEREITA
Chambal, Betwa, Son

AFLUENTES
ESQUERDA
Ghaghan, Kosi, Yarlung-Zangbo, Padna
O río Brahmaputra nace no glaciar Kubigangri, preto do monte Kailāsh, no Himalaia e,
despois dun percorrido de 2.896 km desauga no Golfo de Bengala formando parte do delta
do Ganxes. No seu percorrido pola Meseta do Tibet (1.200 km) é navegable.
FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS
O río Ganxes salva máis de 7.000 m de desnivel desde os cumes do Himalaia ata o delta.
Na parte alta atopamos glaciares, vales profundos, canóns e mesetas achairadas. No curso
medio e baixo discorre maino formando meandros, illas e araeais. Preto da desembocadura
forma un enorme delta xunto co Brahamaputra.
O Delta do Ganxes é o maior do mundo con 105.000 km² de superficie. É unha zona moi fértil
e nela cultívase sobre todo té, iute e arroz. Está habitada por máis de 143 millóns de persoas.
CLIMA De alta montaña (curso alto) e tropical
TIPO DE RÉXIME Nival no curso superior (enchentes na primavera serodia) e pluvial (enchentes no verán polos
monzóns)
CAUDAL 14 270 m³/s (medio)
Ao xuntarse as augas do Ganxes e o Brahmaputra forman un río cun caudal de 35.000 m³/s
(no principal brazo do delta), ocupando o terceiro lugar do mundo.
FLORA

De alta montaña e tropical.
Mangles na desembocadura e bosque de tipo monzónico de perennifolias, no que abondan
as lianas, os epífitos, as palmeiras colgantes e os fentos. Esta vexetación natural foi moi
degradada pola acción antrópica, e as especies máis comúns son as moreiras, litchis, cítricos,
hevea, cacaotales, cafetais e especies madeirables como los eucaliptos e os chopos.

FAUNA

MAMÍFEROS: golfiño do río Ganxes (Platanista gangetica gangetica), golfiño de Irrawaddy
lontra ( Lutrogale perspicillata)...
AVES: avetarda india ( Ardeotis nigriceps ), patos, agachadizas, sisón de penacho (Sypheotides
indicus), ganso asiático (Anser indicus)...
RÉPTILES: crocodilo das marismas (Crocodylus palustris), gavial (Gavialis gangeticus)...
PEIXES: familia Notopteridae, ciprínidos, bagre (Clarias batrachus ), gouramis (Anabantidae),
chano (Chanos chanos ), tiburón do Ganxes (Glyphis gangeticus )...

APROVEITAMENTO


Regadío, subministro ás cidades, navegación, pesca, acuicultura, deportes, lecer...
O río ten dúas presas principais. A primeira preto de Haridwâr, desvía unha grande parte das
augas, procedentes do Himalaia, para o canal superior do Ganxes, construído polos británicos
en 1854, a fin de regar as terras dos arredores. Ese desvío de augas é a causa principal do
deterioro da navegabilidade do seu curso. O outro encoro é unha central hidroeléctrica en
Farakka, preto do punto da entrada principal do río en Bangladesh e que desvía parte das
augas do Hûglî. Esta presa é unha fonte de conflitos entre a India e Bangladesh, desde a súa
construción en 1975.

ESPAZOS
PROTEXIDOS


Zona do Himalaia: Rajaji Parque Nacional , Parque Nacional de Jim Corbett, Parque Nacional
de Dudhwa
A rexión do delta (Parque Nacional de Sundarbans, «fermosos bosques»); é unha área de
espesos bosques de manglares e un dos principais hábitats do tigre de Bengala foi declarada
como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1997 (395 km²).

DATOS
HISTÓRICOS
O val do Ganxes está habitado desde tempos moi antigos e as súas beiras acollen un
importante patrimonio histórico e cultural.

TRADICIÓNS-
LENDAS
O Ganga ou Ganxes está considerado como sagrado polo hinduísmo. A immersión no Ganxes
permite que o crente lave os seus pecados e a dispersión das cinzas no río, logo da cremación
do cadáver, pode beneficiar unha mellor vida futura.
Os devotos hindús peregrinan para se bañar nas súas augas e practicar a meditación nas súas
beiras. Ao longo do percorrido do Ganxes hai varios sitios sagrados hindús, como Haridwâr
(ou Hardwâr) e Vârânasî (ás veces chamado Kâshî ou Bénarès).

CURIOSIDADES

O nome «Ganxes» ven da palabra sánscrita «gáṅgā», que significa «vai, vai» (que se move
rápidamente).

PROBLEMAS É un dos ríos máis contaminados do mundo pola gran cantidade de poboación da súa cunca
(unha das máis densas do mundo), as industrias, as prácticas de tirar cinzas e cadáveres ao
río...

RÍO:
OBI-IRTISH

NACEMENTO E
FONTES
NACEMENTO: Macizo de Altai. Fórmase pola confluencia do Katun (cunhas augas que
proceden da fusión das neves dos altos cumios), polo oeste, e o Biya (emisario do lago
Teletskoye). Chámase Obi augas abaixo de Biisk.
LONXITUDE Só o Obi, 3.650 km
Obi-Irtysh, 5.410 km (6.210 co esteiro)
PERCORRIDO:
PAÍSES
A conca esténdese polo territorio de catro Estados: Rusia (73,77%) e Casaquistán (24,71%)
que comparten case a totalidade da súa superficie, China (1,51%) e Mongolia (0,01%)
PERCORRIDO
LINEAL
CIDADES:
Sobre o Obi: Biisk, Barnaul, Novosibirsk, Nijnevartovsk, Sourgout, Salekhard.
Sobre o Tom: Tomsk, Séversk.
Sobre o Tioura: Tiumén.
Sobre o Isset: Ekaterimburgo.
Sobre o Irtysh: Omsk.
Sobre o Tobol: Kourgan.
DESEMBOCADURA Golfo de Obi. Forma un amplo esteiro no mar de Kara (Océano Glaciar Ártico)
CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES

Superficie: 2.972.497 km²
A conca hidrográfica posúe máis de 1.900 cursos de auga cunha lonxitude de 180.000 km. O
principal tributario do Obi, o Irtysh, posúe, aínda que aporta pouca auga ao río, unha extensa
conca de 1.593.000 km², o que representa preto do 54% da superficie total.
SUR: Montes Altai
OESTE: Montes Urais
AFLUENTES
DEREITA
Tchanlyn, Tym, Taz

AFLUENTES
ESQUERDA
Irtysh, Sosva do Norte

FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS
O Sistema Obi-Irtich e os seus afluentes teñen uns cursos altos encaixados con vales estreitos,
canóns, fervenzas e rápidos e uns cursos medio e baixo onde se perden polas amplas chairas
dividíndose en múltiples brazos.
Gran chaira de inundación: os sedimentos acumuláronse en máis de 6.000 metros de grosor
sobre capas de terreos da era secundaria. Estes extensos horizontes levan a marca das
grandes glaciacións, coa presenza de numerosos rastros morénicos e terrazas fluvioglaciares.
CLIMA

Ao sur da liña Omsk-Tomsk (polos 55° de latitude setentrional) prevalece o clima siberiano
meridional de verán cálido (máis de 25 °C en xullo) e inverno duro (-15 °C en xaneiro), con
temperaturas inferiores a 0 °C de 120 a 180 días ao ano na cunca do Irtysh, de 180 a 210 días
na do Obi (as temperaturas extremas poden elevarse a máis de 40 °C e descender a -60 °C).
Ao norte desta zona ata o esteiro hai clima siberiano de verán fresco (+15 °C en xullo) e
inverno severo (-10 °C en xaneiro), mentres que o esteiro ten un clima ártico, onde as
temperaturas máis baixas acadan -32 °C en decembro e as máis altas elévanse a +11 °C en
xullo. Estas baixas temperaturas que dominan o conxunto da cunca fan que as augas do río se
xeen durante varios meses ao ano. No curso superior, o Obi conxélase de principios de
novembro a finais de abril en Barnaoul; mentres que en Salekhard, as súas augas xéanse de
finais de outubro a principios de xuño.

TIPO DE RÉXIME Nival, con augas altas en maio e en xuño, e baixas de marzo a abril.
Ao ter réxime nival, prodúcense enormes enchentes co desxeo que deixan sen camiños
enormes extensións; é o que chaman “rasputitza” ou ausencia de camiños.
CAUDAL 12.500 m³/s (medio)
O Obi é o menos caudaloso dos ríos siberianos cun caudal medio de 12.760 m³/s en
Salekhard. (O valor máximo rexistrado é de 42.800 m³/s, a cifra mínima de 2.000 m³/s).

FLORA

Na cunca aparecen formacións vexetais variadas. Ao sur, na zona correspondente ao clima
siberiano meridional, atópanse prados siberianos, estepas de herbas, accidentadas
con depresións salinas ou solonetz, de áreas húmidas, con bosques de bidueiros, de álamos e
de piñeiros.
A conca do Irtysh, sobre as súas marxes sur-occidentais e nos vales do Tobol e do Ichim,
sitúase no límite do clima desértico de Casaquistán e é o ámbito da estepa sen árbores.
Máis ao norte, a taiga dáse no clima siberiano de verán fresco e está salferida de marismas
chamadas ourmany, precedendo esta á tundra, que ocupa a parte máis baixa do río.

FAUNA

MAMÍFEROS: visón, marta, castor, alce...
AVES: máis de 170 especies de aves: gansos, patos, garzas, bicotortos petos, pita do monte...
PEIXES: máis de cincuenta especies: esturións (Stenodus leucichthyse), (Coregonus
nasuse), perca, carpa, lucio, alburno...

APROVEITAMENTO


Subministro de auga, enerxía eléctrica, navegación, deportes, pesca, lecer...
O Obi é unha vía de comunicación esencial para a Siberia occidental, aínda que só sexa
navegable 190 días ao ano por termo medio no seu curso superior e arredor de 150 días no
seu curso inferior. Unha boa parte das mercadorías transportadas polo río seguen logo pola
ruta marítima do norte a través do Ártico. O transporte fluvial actúa complementariamente
co Transiberiano, que garante as conexións Leste-Oeste entre as grandes cuncas siberianas: a
cunca agrícola de Omsk sobre o Irtysh e a cunca carbonífera de Kouzbass sobre orío Tom.
Aproveitamento hidroeléctrico: encoros de Novossibirsk sobre o Obi e en
Bukhtarma e Öskemen sobre o Irtysh.
ESPAZOS
PROTEXIDOS


Esteiro (RAMSAR)
Oktyabr'skiy
Elizarovsky
Nizhne-Tomskiy
Shavlinskiy
Montañas douradas do Altair
DATOS
HISTÓRICOS
A cidade de NOVOSIBIRSK, á beira do río, é a terceira máis importante de Rusia (1.500 000
habitantes). É o centro industrial, financeiro, científico e, sobre todo, de transporte de Siberia.
Ao río débelle a cidade a súa orixe: foi un asentamento de traballadores para a construción
dunha ponte na ruta do Ferrocarril Transiberiano. Hoxe, é a máis importante estación da ruta
transiberiana e destacado porto fluvial.
Desde a súa orixe (1893) ata 1925 era coñecida como Novonikoláyevsk, na honra do tsar
Nicolás II.
CURIOSIDADES

Na parte setentrional viven os pobos nénètse, nganasan, énètse e selkup, algúns practicantes
aínda do nomadismo.

PROBLEMAS Contaminación por explotacións petrolíferas e de carbón
Presas no curso alto.

RÍO
AMUR

NACEMENTO E
FONTES
Está formado pola unión do Chilka (Onon: Montes Khentii e Ingoda: Montes Hentei
e do Argun (Montes Khingan)

LONXITUDE 4.449 km
PERCORRIDO:
PAÍSES
China, Rusia (Siberia)
PERCORRIDO
LINEAL
China: Mohe, Huma, Heihe, Jiayin, Tongjiang, Fuyuan,
Rusia: Blagovesjtsjensk, Chabarovsk, Komsomolsk, Amursk, Nikolajevsk
DESEMBOCADURA Estreito de Tartaria, no mar de Okhotsk, fronte da illa de Saxalín (Océano Pacífico)

CONCA
SERRAS MÁIS
IMPORTANTES

Superficie: 1.850.000 km².
Norte: Montes Sayan, Yablonovy, Stanovoy, Bureinsky Hrebet
Suroeste: Montes Hangayn Nuruu, Gran Xingán
Surleste: Montes Sihote-Alin

AFLUENTES
DEREITA
Zeya, Amgún

AFLUENTES
ESQUERDA
Shoghua, Ussuri

FENÓMENOS
XEOLÓXICOS
DESTACADOS
Ao longo do curso do Amur e os seus afluentes atopamos zonas chairas con meandros e illas
e zonas con canóns e fervenzas.
Catarata de Jingbohu. Na unión do lago Jingbohu e o río Mudanjiang (afluente do Amur) , na
provincia de Heilongjiang. O volcán entrou en erupción hai miles de anos e o magma, ao
solidificarse, bloqueou o paso do río formando un lago. A fervenza mide 300 m de ancho e 20
m de caída en período de augas altas.
lago Torreyskie, Lago Kanka

CLIMA

Continental
TIPO DE RÉXIME

Pluvio-nival, con enchentes en abril-maio polo desxeo. Sen embargo, a súa máxima enchente
é en xullo-agosto, polos monzóns. As augas baixas son en inverno.
CAUDAL Na desembocadura o caudal medio é de 11.000 m³
Ten os máximos de caudal no verán, entre fins de xullo e comezos de agosto, por efecto
do monzón, mentres a estiaxe é invernal.
FLORA Taiga, dominada por coníferas, alerces, abetos e piñeiros.

FAUNA

Máis de 1000 especies de peixes: esturión do río Amur (Acipenser schrenckii), esturión de
Kaluga (Huso dauricus), salmón...
APROVEITAMENTO


Subministro urbán e agrícola, pesca, navegación, enerxía eléctrica...
No seu curso inferior, logo da confluencia do Chilka e o Argoun, é nevegable en territorio ruso
completamente, mais por causa dos xeos está pechado para a navegación durante uns seis
meses.
Ten 14 encoros para a xeración de exerxía eléctrica.
Algunhas dragas traballaron extraendo ouro das súas areas.

ESPAZOS
PROTEXIDOS


-Priozernyi Zakaznik
-Komsomolsky Zapovednik
-Bobrovy Zakaznik
-Blagoveschenskiy Zakaznik
-Reservas Naturais: Sanjiang, Humahe
-Humidal RAMSAR: Khingano-Arkharinskaya Lowland Wetland

DATOS
HISTÓRICOS

Durante moitos séculos o val do Amur estivo poboado polos tungus (evenki, solón, duches,
nanai, ulch) e mongois (Daur), e, preto da desembocadura, poos nivkhes. O seu principal
sustento era a pesca e case eran descoñecidos fora desa zona. Os chinos chamábanlles a
algúns «Dazi Yupi» («tártaros de pel de peixe») debido as súas roupas tradicionais feitas con
peles de peixe.
Numerosos vapores serviron no río Amur a finais do século XIX.

TRADICIÓNS-
LENDAS
Os manchúees e a dinastía Quing sempre consideraron este río como sagrado e chamábanlle
Sahalyan ula en manchú "río negro"

CURIOSIDADES

O nome Amur: "río do dragón negro" en chinés, pronunciado Heilongjiang, ou Sahalyan
ula en manchú "río negro"
O río Amur, fai a linde natural entre Rusia e China sobre perto de 1.600 km
A rede hidrográfica do Amur inclúe 10.610 ríos

A primeira ponte permanente no río foi a de Jabárovsk que foi completado en 1916 para
lograr que os trens da liña do Transiberiano cruzasen o río durante todo o ano sen necesidade
de utilizar os transbordadores ou de dispoñer vías férreas directamente sobre a capa superior
de xeo do río.

PROBLEMAS Contaminación, alteración do cauce e dos ecosistemas polos encoros...
Tags