Refrans e cantigas

albinonunez 1,207 views 7 slides Nov 10, 2015
Slide 1
Slide 1 of 7
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7

About This Presentation

Recopilación de refráns, cantigas e xogos do magosto


Slide Content

REFRÁNS

Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.

No día de San Martiño, abilla o teu viño.

Auga de San Martiño, come pan e bebe
viño.

Despois de San Martiño vén o inverno de
camiño.

Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao
veciño.

Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.

O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.

Polo San Martiño, mata o teu porquiño.

Polo San Martiño, nin fabas nin liño.

Polo San Martiño buxainas ó camiño.

Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e
bebe viño.

A todo porco lle chega o seu San Martiño.

O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
.
Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e
viño ou mosto.

As castañas que despois de San Martiño
quedan no souto,
son do moucho.

Os avós cantáronos cantigas, e contáronnos
adiviñas e lendas relacionadas coa festa do
San MARTIÑO.

CANTIGAS

“Non chas quero non chas quero”
non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero non chas quero
que me cheiran ao chamosco”















Santo que estás no canizo
vota castañas abaixo
que anque non teño mandil,
apáñochas no refaixo
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño
tres castañiñas me deu
para ti meu queridiño.
A castaña no ourizo
cría moita gravidade
fai coma os mozos solteiros
criados na liberdade.

LENDAS

Din os contos populares que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos
e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra dá mala sorte. Ó cortares
a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo
ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a
véspera do Dia dos Defuntos ou déixanse para que os mortos as coman
durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana
de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acudían baixo das
fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de bos desexos, que
remataba coa petición das castañas.
Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio.
É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai
que a persoa non teña nunca amores.

Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren
cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de
precaución.

Adiviñas

Alto estou
cor de ouro teño
e por unha risotada
perdo o que teño.
(ourizo)

Alto me vexo
no meu capalexo
e por unha risada
quedei sen nada
(ourizo)

Alto vivo,
mírame a xente
e se me río
quedo sen dente
(ourizo)












“Unha cousiña cousa
criada no monte,
enxoita na casa
e comese sen tasa”

Xogos para o día do
magosto

Titulo: CASTAÑA, ONDE ESTÁS?
Descrición: Compañeiros que se porán de costas aos demáis.
Os xogadores iranse pasando a castaña de man en man por detrás de xeito
que non se vexa por onde vai a castaña e cando os que pandan digan "XA"
quedarán todos quedos e eles terán que adiviñar onde está a castaña. O que
o adiviñe intercambiará o posto co que levaba a castaña

Título: BAILE DA CASTAÑA
Descrición: Bailarase por parellas aguantando a castaña coas frontes o
tempo que indique o encargado do xogo.
Material: castañas e música.

Título: PAPA CASTAÑAS
Descrición: (Puntería a unha caixa). Cada compoñente do grupo con tres
castañas, ten que metelas no "Papa Castañas", situado a unha distancia de
5m.
Material: caixas decorada cunha castaña e unha abertura para meter as
castañas, e 3 castañas.

Título: OS BIRLOS
Descrición: Con botes de bebibles se tiraranse castañas dende 2m. Os
pequenos 1m.
Material: castañas, botes

Título: SEMENTA E APAÑA
Descrición: Sobre 5 liñas (serán os regos ou sucos) cada xogador plantará
5 castañas e ao rematar recolleraas o más rápido posible sen deixar
ningunha.
Gaña o que remate antes
Material: castañas e bote onde levar a castaña

Título: TRANSPORTE DE CASTAÑAS
Descrición: Terán que transportar a castaña
no lombo dun lado ao outro sen que lles
caia mentras van a gatas.
Gaña o equipo que dea pasado máis
castañas.
Título: CIRCUITO DE CASTAÑAS
Descrición: Levar unha castaña por un circuíto pintado no chan, utilizando
un dedo para mover a castaña.
Material: castaña.
Título: APAÑAR AS CASTAÑAS
Descrición: Nun recinto, espallar castañas polo chan. Dous o tres nenos/as
cos ollos tapados teñen que collelas e levalas a un cesto o caixa. Os
compañeiros, dende fora do recinto, vanlles indicando por onde se atopan
as castañas. Teñen, como máximo, 2 minutos para recollelas.
Material: castañas e gafas de privación da visión.
Título: TRES EN RAIA DE CASTAÑAS
Descrición: Xogo de 3 en raia.
material: castañas e taboleiro.

Título: A CASTAÑA AO CASTIÑEIRO
Descrición: Silueta dun castiñeiro no que os xogadores irán colocando
castañas cun velcro tendo os ollos tapados. Os maiores empezaran pola
parte máis alta.
Material: Castañas con velcro e debuxo de castiñeiro

Título: PASEO DE CASTAÑAS
Descrición: Sentados en círculo, cada alumno/a terá unha culler na man.
Pasaranse a castaña de culler en culler tentando que non caia no chan.
Material: castañas e culler

Título: XOGO DA OCA CASTAÑAS
Descrición: Sentados en círculo, cada alumno/a terá os ollos tapados e un
compañeiro ira dando voltas e poñerá a castaña a un que terá que dar a
volta para colocarse no seu sitio.
Material: castañas e culleres.

Título: CARREIRA DE
RELEVOS
Descrición: Faranse 4 grupos que se colocarán en fila fronte unhas ás
outras (2 a 2) cada participantes levará unha culler (na boca os maiores e na
man os pequenos). O primeiro da fila 1 levará a castaña na culler ao
compañeiro do seu equipo que está na fila de enfronte e colocarase de
último nesa fila. O que recibiu a castaña ten que levala ao compañeiro que
ten na fila de enfronte e poñerse no final da mesma. O equipo que remate
antes gaña.
Material: castañas e culler
Tags