Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

3,554 views 13 slides Nov 07, 2015
Slide 1
Slide 1 of 13
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13

About This Presentation

Cando se elabora unha fórmula maxistral hai que elixir o tamaño de cápsula máis axeitado ao volume de preparación e o número de cápsula. Aprende a utilizar o nomograma para calcular o tamaño de cápsula axeitado.


Slide Content

farmacotecnia Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral – utilización do nomograma Instituto de Educación Secundaria Leixa (Ferrol) Ana Roel Ares – Fco. José Teijido López

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma 5 Hai varios tamaños de cápsulas que se numeran de maior a menor tal e como vemos no seguinte esquema, dende 000 ata 5. En farmacotecnia , os máis utilizados son o 00, 0, 1, 2 e 3.

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma Para seleccionar o tamaño de cápsula axeitado utilizamos o NOMOGRAMA , un eixo de coordenadas con tres medidas: Volume aparente (vertical), número de cápsula (diagonal) e tamaño de cápsula (horizontal)

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma O primeiro que facemos é medir o volume aparente total e marcámolo no eixo vertical da gráfica

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma A continuación marcamos na diagonal o número de cápsulas que imos utilizar

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma Finalmente marcamos, no punto de cruce do volume aparente e o número de cápsulas, o tamaño da cápsula. No exemplo de abaixo sería a cápsula de tamaño 00

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma Supoñamos unha fórmula cun volumen aparente de 27 ml e 30 cápsulas: Marcamos a vertical de 27 ml…

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma … marcamos a liña de 30 cápsulas e buscamos o punto de corte …

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma … trazamos a horizontal que pasa polo punto de corte e vemos que está entre cápsulas de tamaño 0 e 00. Evidentemente temos que escoller o tamaño 00, porque no de 0 non nos cabería todo o volumen, pero …

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma … se escollemos as cápsulas do 00 van quedar algo baleiras , falta volume . Se desprazamos a horizontal ao tamaño 00 vemos que nos faltan 3 ml para enchelas …

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma Neste detalle vemos que as cápsulas de tamaño 00 serven para un volumen aparente de 30 ml así que …

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma Debemos engadir volumen e iso facémolo engadindo un excipiente diluínte ata ter os 30 ml.

Cálculos para determinar o tamaño de cápsulas na formulación maxistral - utilización do nomograma RESUMO Medimos o volume aparente segundo a fórmula maxistral e o número de cápsulas. Trazamos no nomograma a liña do volume aparente . Trazamos no nomograma a liña do número de cápsulas . Vemos onde se cruzan a liña do volume aparente coa liña do número de cápsulas. Comprobamos o cruce coa liña do tamaño de cápsula e eliximos a de maior tamaño . No caso de que o volume aparente sexa menor que o volume total correspondente co número de cápsulas e o tamaño elixido , engadimos excipiente diluínte na cantidade necesaria para encher as cápsulas.