Serra do Xistral

monadela 379 views 110 slides Mar 05, 2017
Slide 1
Slide 1 of 110
Slide 1
1
Slide 2
2
Slide 3
3
Slide 4
4
Slide 5
5
Slide 6
6
Slide 7
7
Slide 8
8
Slide 9
9
Slide 10
10
Slide 11
11
Slide 12
12
Slide 13
13
Slide 14
14
Slide 15
15
Slide 16
16
Slide 17
17
Slide 18
18
Slide 19
19
Slide 20
20
Slide 21
21
Slide 22
22
Slide 23
23
Slide 24
24
Slide 25
25
Slide 26
26
Slide 27
27
Slide 28
28
Slide 29
29
Slide 30
30
Slide 31
31
Slide 32
32
Slide 33
33
Slide 34
34
Slide 35
35
Slide 36
36
Slide 37
37
Slide 38
38
Slide 39
39
Slide 40
40
Slide 41
41
Slide 42
42
Slide 43
43
Slide 44
44
Slide 45
45
Slide 46
46
Slide 47
47
Slide 48
48
Slide 49
49
Slide 50
50
Slide 51
51
Slide 52
52
Slide 53
53
Slide 54
54
Slide 55
55
Slide 56
56
Slide 57
57
Slide 58
58
Slide 59
59
Slide 60
60
Slide 61
61
Slide 62
62
Slide 63
63
Slide 64
64
Slide 65
65
Slide 66
66
Slide 67
67
Slide 68
68
Slide 69
69
Slide 70
70
Slide 71
71
Slide 72
72
Slide 73
73
Slide 74
74
Slide 75
75
Slide 76
76
Slide 77
77
Slide 78
78
Slide 79
79
Slide 80
80
Slide 81
81
Slide 82
82
Slide 83
83
Slide 84
84
Slide 85
85
Slide 86
86
Slide 87
87
Slide 88
88
Slide 89
89
Slide 90
90
Slide 91
91
Slide 92
92
Slide 93
93
Slide 94
94
Slide 95
95
Slide 96
96
Slide 97
97
Slide 98
98
Slide 99
99
Slide 100
100
Slide 101
101
Slide 102
102
Slide 103
103
Slide 104
104
Slide 105
105
Slide 106
106
Slide 107
107
Slide 108
108
Slide 109
109
Slide 110
110

About This Presentation

Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un ...


Slide Content

SERRA DO
XISTRAL

Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas
Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo
leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un
conxunto que se podería considerar un macizo.

Vista desde a serra da Loba
No primeiro planoa s serra da Carba e detrás os cumes nevados do Xistral

Abadín
Viveiro
Xove
Muras
O Valadouro
Vilalba
Cervo
Alfoz
CONCELLOS:
Abadín
Alfoz
Cervo
Muras
O Valadouro
Vilalba
Viveiro
Xove

O Xistral é unha serra que se estende con orientación NNE-SSO entre o norte da Terra Cha e
as proximidades da costa polo norte, Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas
carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas.
Os picos máis altos son o Cadramón (1.056 m), o Chao de Lamoso (1.039 m), o Xistral (1.032
m), e o Seixo Branco (1.015 m).
Nela nacen os ríos Landro, Ouro, Masma e Eume.
O Xistral desde o Cadramón

PRINCIPAIS
CUMES
DO XISTRAL

O Xistral desde Abadín. No primeiro plano Monseiván.

Pau da Vella (720 m), o cume máis alto dos Montes do Buio
MONTES DE BUIO
Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, separados dela polos vales dos ríos
Balsadas (Landro) e Ferreira (Ouro). Nos montes do Buio nacen varios afluentes do Landro
(Rego Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova) e outros regatos que desembocan
directamente no Cantábrico (Rigueiro, Cobo e Xunco).

Montes do Buio desde o Xistral. Destaca o domo granítico do castelo

Penido Novo (805 m). Ao fondo o Valadouro e a Frouxeira

Vista desde a Pena da Cadela cara ao norte

Veiga de Murás (752 m )

Penas Grandes

Penas Grandes

Pena da Cadela (1.043 m) desde O Cadramón

Pena da Cadela e Coto da Lagoa (1.002 m) á esquerda

Cara norte do Xistral e Coto da Lagoa, a dereita

O Cadramón (1.056 m)

O Cadramón na néboa

Granitos no Cadramón (O Campo da Cuz)

Vista desde o Cadramón cara ao Xistral

A Fraga do Pedrido e o Lombo Pequeno (1.027 m)

Lombo Pequeno

As Barreiras do Lago (1.023) e O Cadramón (á esquerda)

Barreiras do Lago

Seixo Branco

Cume do Xistral (1.033 m)

Cume do Xistral antes de ter aeroxeradores

Vista desde o cume do Xistral cara a Ourol

Val do Landro ao pé do Xistral, en Silán

O Xistral desde Viveró

Vista de Viveró desde o Xistral

O Apagadoiro

Vista desde o Xistral cara ao val do Eume: á esquerda o Lamoso, de fronte o Redondiño e a dereita o Coto Balsego

Val do Eume: á esquerda o Coto Balsego

O Xistral en Abadín

Monseiván, nas últimas estribacións do Xistral cara ao sur, no concello de Vilalba.
Na zona necen cabeceiras do Támoga (Miño).

Monseiván

Depósitos periglaciares na Veiga de Murás. Acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de
seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.
XEOLOXÍA
As rochas son moi variadas: xistos, gneis, granitos cuarcitas... Alternan cumes de formas
suaves con cumes coroados por penedos graníticos. Consérvanse depósitos periglaciares

Corte de terreo

Masas rochosas do Cadramón e cara leste da serra do Xistral

Penedos no Campo da Cruz, O Xistral

Fontes do Ouro
RÍOS
As serras deste espazo acumulan unha grande cantidade de auga procedente das chuvias e
das néboas que enchoupan o terreo e da lugar as fontes de numerosos ríos e regatos que
escoan cara ao Cantábrico (ríos Landro, Covo, Xunco Ouro e Masma) e ao Atlántico (río Eume
e Anllo e Támoga, afluentes do Miño).

RÍO LANDRO
Nace entre o cumio do Xistral e Coto Balsego e desemboca na ría de Viveiro despois de 31 km.
A súa cunca exténdese por terras de Muras, Ourol e Viveiro. Varios dos seus afluentes nacen
no espazo protexido: Besteburiz, As Balsadas, Grandal...
Val do Landro ao pé do Xistral

Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos.
REGO DE BESTEBURIZ
Nace na serra do Xistral e xúntase
co Landro en Miñotos.

Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos.
REGO DAS BALSADAS
Nace no Pau da Vella e xúntase co
Landro en Miñotos.

RÍO XUNCO
Nace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os montes de Buio en Rúa (Cervo) e
desemboca na enseada da Ruela, no Cantábrico.

RÍO COVO
Baixa desde o monte Pau da Vella (Montes do Buio) e desauga na ría de Lieiro, ao pé de San
Cibrao.
Fontes do Covo nos montes do Buio

RÍO OURO
Nace no Cadramón (Serra do Xistral). e desemboca en Fazouro despois 30 km de percorrido.
Algúns dos seus afluentes nacen neste espazo: Furna, Porto, Fraga das Lerias, Val dos Infernos
Ferreira…
O Ouro en Esteleiro (O Cadramón)

RÍO FURNA
Nace entre O Cadramón e O Xistral e xúntase co Ouro en Esteleiro. É a fonte máis lonxana do río Ouro.

A FERVENZA, FERVENZA DO ESCOURIDAL
No río Guilfonso, tramo alto do Ouro. No linde
entre O Cadramón (O Valadouro) e O Pereiro
(Alfoz). Unha sucesión de saltos e tobogáns en
rochas graníticas que en conxunto acadan uns
70 m de altura.

REGO DE CORVELLE
Un afluente do Ouro que baixa do Pena da
Cadela (Xistral). Nas proximidades das
Rozadas (O Cadramón) cae nun forte desnivel
con varias fervenzas, a máis grande duns 50 m
de altura.

RÍO DA FRAGA DAS LERIAS
Nace no monte do Curro (O Xistral) e
xúntase co Ouro en Frexulfe.
Fervenza en Frexulfe

RÍO MASMA
Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). No seu tramo superior
chámase Pedrido e logo Tronceda. Desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2
km. Recibe pola esquerda o Fraga Vella ou Figueiras.
O Pedrido, nas proximidades do Cadramón

RÍO EUME
Fórmase da unión dos dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ao pé da Lomba Longa do Seixo
Branco, na Serra do Xistral. Despois de 80 km de percorrido desemboca en Pontedeume. Os
principais afluentes neste espazo sonos Regos das Peles, de Currás, do Casal e da Lagoa.

Rego das Toxeiras

RÍO TÁMOGA
Baixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira e o Laxoso
que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia e a partir de Cospeito
recibe o nome de Támoga. Xúntasse co Miño nas proximidades de Cela.
Fervenza no río
Arnela (Támoga)

RÍO ANLLO
Nace na serra do Xistral, preto de Labrada e xúntase co Miño en Castro de Rei.
Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río
Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao
Miño.
O Labrada ao pouco do seu nacemento, en terras de Abadín.
O río Anllo ao seu paso polo concello de Abadín recibe os nomes de Labrada (preto do nacemento), río de Gontán, río de
Abadín e despois Anllo.

CLIMA
Atlántico moi húmido, con invernos fríos. É a zona de Galiza con menos días de sol.
Rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m
2
)
e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais e percorren as chairas
elevadas das serras enchoupando o terreo.
Val de Viveiró e a serra do Xistral desde o Guriscado. A presenza de nubes que achegan a humidade necesaria para a
formación das turbeiras, é unha constante na serra do Xistral.

Néboa nos cumes
Foto Luchi Leiro

O alto nivel de humidade permite a pervivencia de especies arbustivas enriba das pedras

-Pozas e lagoas temporais
-Ríos
-Queirogais: húmidos atlánticos de zonas temperadas e secos
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais
-Formacións herbosas e prados
-Turbeiras
-Depresións sobre substratos turbosos
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira
-Bosques de ribeira
-Carballeiras
-Acevedos
HÁBITATS DESTACADOS

Os ecosistemas máis destacados deste espazo son as turbeiras, medios permanentemente
saturados de auga. As condicións de enchoupamento permanente provocan unha diminución
do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores do solo, polo
que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse no substrato dando lugar
á turba.
AS TURBEIRAS
Nalgúns puntos do Xistral a turba acada os 3 m de espersor, o que
considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade
de máis de 7.000 anos.

No Xistral podemos atopar varios tipos de
turbeiras ou tremoais:
TURBEIRAS DE COBERTOR: recobren os cumios
dos montes máis altos e instálanse sobre
depósitos de tipo periglaciar. O Xistral contén o
maior sistema de turbeiras de cobertor da Península
Ibérica
TURBEIRAS DE LADEIRA: aparecen en pendentes
nas que a auga escorre xusto por debaixo da
superficie nas que a falta de solo so permite o
asentamento de brións. Xeralmente levan un rego
asociado.
TURBEIRAS DE OBTURACIÓN DE VAL: fórmanse
en vales onde na época glaciar se depositaron
morrenas que dificultaron a saída da auga.
TURBEIRAS DE ALVÉOLO: aparecen en áreas de
rochas graníticas na que as rochas disgregadas
deposítanse nas canles de drenaxe e provocan a
retención de auga creando o ambiente propicio
para o desenvolvemento dos vexetais formadores
de turba.
TURBEIRAS DE FONDO DE VAL: desenvólvense en
vales onde a auga non evacua suficientemente.
Son zonas achairadas recheas de sedimentos.
Estas turbeira adoitan ser de grandes dimensións.
Pódese ver no nacemento do Ouro.

Turba na beira do Eume

O Xistral acolle o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica e das mellores de Europa, debido ás
condicións de humidade xunto con temperaturas frescas durante case todo o ano.

Nas turbeiras destaca a cor rosa dos breixos en flor

Vista desde o cume do Xistral sobre o val onde nace o Eume, con turbeiras de cobertor e de val

A Fraga do Pedrido con turbeiras de ladeira e cobertor

Tremoal da Pena Vella, en Abadín

FLORA
A vexetación máis abundante é o mato, algunhas manchas de bosque caducifolio con
predominio de carballos, árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, ulmeiros...) e moitas
zonas repoboadas con piñeiro bravo e eucalipto ou dedicadas a pasteiros.

Carballeiras en Ourol

Na zonas húmidas de transición ás turbeira instálase un mato de toxo manso (Ulex gallii),
queiruga veluda (Erica ciliaris), queiruga de cruz (Calluna vulgaris) queiruga maior (Daboecia
cantabrica) queiruga de tres follas (Erica cinerea), Cirsium filipendulum (endemismo ibérico)
Molinia caerulea, Agrostis curtisii, Danthonia decumbens...

Queiruga veluda (Erica ciliaris)

Cardo (Cirsium filipendulum)

Nas turbeiras atópanse esfagnos (Sphagnum spp. e Sphagnum pylaessi, este último a maior
poboación da Península), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium), rorelas ou orballiñas
(Drosera...), pinguícola, violeta (Viola palustris), hipérico das brañas (Hypericum elodes),
herba das brañas (Nardus stricta), Narcisus triandrus, varios tipos de xuncos e os endemismos
Arnica montana subsp. atlantica, Carex durieui, Ranunculus bulbosus subsp. gallaecicus...

Vexetación típica de turbeira

Breixo de turbeira (Erica tetralix).
Só se atopa en medios con alto nivel de humidade.

Brións (Esfagnos).
No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnum pylaesi da Península e unha das poucas que existen no mundo.
Segundo os expertos, nas turbeiras do Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de especies de brións (esfagnos)
de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción.

Rorela ou orballiña (Drosera rotundifolia). Unha
planta carnívora típica de espazos asolagados
pobres en nutrintes.

Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados
coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm de
lonxitude, que lle dan un aspecto característico.

Thelypteris palustris. Un fento pouco común que aparece en lugares moi húmidos co rizoma asolagado.

Fento de botón (Woodwardia radicans)
CATÁLOGO GALEGO
DE ESPECIES AMEAZADAS
Barbilophozia binsteadii
Dryopteris aemula
Dryopteris guanchica
Frullania oakesiana
Hymenophyllum tunbrigense
Lycopodiella inundata
Metzgeria temperata
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis
Schistostega pennata
Sphagnum magellanicum
Sphagnum molle
Sphagnum pylaesii
Splachnum ampullaceum
Spiranthes aestivalis
Tayloria tenuis
Ulota coarctata
Vandenboschia speciosa
Woodwardia radicans
Fento (Dryopteris aemula)
Orquídea
(Spiranthes
aestivalis)

Narciso (Narcissus asturiensis)

FAUNA
Destacan as especies asociadas ás zonas húmidas e espazos abertos: insectos, anfibios, aves...
A serra acolle algunhas especies raras como a trilladeira nival (Chyonomis nivalis) ou a lagarta
das brañas (Zootoca vivipara), que ten no Xistral unha das poucas localidades de presenza en
Galiza e que conforman o límite occidental da súa distribución mundial.
Lagarta das brañas (Lacerta vivipara)

Acolle ademáis endemismos como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphhron
xistralensis. Nas zonas abertas críase gando en liberdade.
Bolboreta Erebia epiphhron xistralensis

MAMÍFEROS
Canis lupus
Eptesicus serotinus
Felis silvestris
Galemys pyrenaicus
Genetta genetta
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Mustela erminea
Mustela putorius
Myotis daubentonii
Myotis myotis
Myotis nattereri
Pipistrellus pipistrellus
Plecotus auritus
Plecotus austriacus
Rhinolophus euryale
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
ESPECIES DE INTERESE
Toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica),
un pequeno mamífero que vive nos cursos altos
dos ríos de montaña.

AVES
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Aegithalos caudatus
Alauda arvensis
Alcedo atthis
Alectoris rufa
Anas platyrhynchos
Anthus spinoletta
Anthus trivialis
Apus apus
Asio flammeus
Asio otus
Athene noctua
Buteo buteo
Caprimulgus europaeus
Certhia brachydactyla
Cinclus cinclus
Circaetus gallicus
Circus cyaneus
Circus pygargus
Cisticola juncidis ...
Picapeixe (Alcedo atthis)

...
Columba livia
Columba palumbus
Corvus corone
Coturnix coturnix
Cuculus canorus
Delichon urbica
Dendrocopos major
Emberiza cia
Emberiza cirlus
Emberiza citrinella
Erithacus rubecula
Falco subbuteo
Falco tinnunculus
Fulica atra
Galerida cristata
Gallinago gallinago
Gallinula chloropus
Garrulus glandarius
Hippolais polyglotta
Hirundo rustica
Lanius collurio
Lanius meridionalis
Lullula arborea
Milvus migrans
Monticola solitarius ...
Escribenta común (Emberiza cirlus)

Motacilla alba
Motacilla cinerea
Motacilla flava
Oriolus oriolus
Otus scops
Parus ater
Parus caeruleus
Parus cristatus
Parus major
Pernis apivorus
Phoenicurus ochruros
Phylloscopus bonelli
Phylloscopus ibericus
Pica pica
Picus viridis
Prunella modularis
Ptyonoprogne rupestris
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Pyrrhula pyrrhula
Rallus aquaticus
Rascón (Rallus aquaticus)

Regulus ignicapilla
Saxicola torquata
Serinus citrinella
Sitta europaea
Streptopelia decaocto
Streptopelia turtur
Strix aluco
Sylvia atricapilla
Sylvia borin
Sylvia communis
Sylvia undata
Tachybaptus ruficollis
Troglodytes troglodytes
Turdus merula
Turdus philomelos
Turdus viscivorus
Tyto alba
Upupa epops
Bubela (Upupa epops)

RÉPTILES
Anguis fragilis
Chalcides striatus
Coronella austriaca
Iberolacerta monticola
Lacerta lepida
Lacerta schreiberi
Lacerta vivipara
Natrix natrix ...
Cobra de colar
(Natrix natrix)
Esgonzo (Anguis fragilis)

ANFIBIOS
Alytes obstetricans
Bufo calamita
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Hyla arborea
Lissotriton boscai
Rana iberica
Rana perezi
Rana temporaria
Triturus marmoratus
O Xistral é unha fronteira natural entre dúas subespecies de
píntegas ou sacabeiras, a Salamandra salamandra gallaica e
a S.s.bernardezi, que se atopan nas súas formas típicas e
híbridas.Ra patilonga (Rana
iberica)

INVERTEBRADOS
Coenagrion mercuriale
Elona quimperiana
Euphydryas aurinia
Geomalacus maculosus
Hirudo medicinalis
Lucanus cervus
Margaritifera margaritifera
Bolboreta (Euphydryas aurinia)
Caracol (Elona quimperiana)

Libeliñas (Orthetrum…) copulando
Coenonympha glycerion, bolboreta de
espazos húmidos e abertos.
No Xistral abondan os insectos, en especial os asociados á zonas
húmidas e aos espazos abertos : libeliñas, boloboretas, escaravellos...

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES
AMEAZADAS
MAMÍFEROS
Galemys pyrenaicus
Miniopterus schreibersii
Myotis myotis
Rhinolophus euryale
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
AVES
Circus cyaneus
Circus pygargus
Gallinago gallinago
RÉPTILES
Lacerta vivipara
ANFIBIOS
Chioglossa lusitanica
Hyla arborea
Rana iberica
Rana temporaria subsp. parvipalmata
INVERTEBRADOS
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Margaritifera margaritifera
Unio pictorum
Saramaganta (Chioglosa lusitanica)

ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC SERRA DO XISTRAL
Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Ten un grande
interese xeolóxico e ecolóxico

LIC RÍO OURO
Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe (O Valadouro) ata a
desembocadura en Fazouro, 109 ha en terreos dos concellos de Alfoz, Foz e O Valadouro.

RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO
Espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que
están Muras, O Valadouro, Alfoz, Vilalba, Abadín, Xermade... Foi declarada pola UNESCO o 7
de novembro de 2002.
Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza
e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero
unha grande parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente
agricultura e gandaría.

A serra do Xistral acolle mostras culturais de distintas épocas: dolmes, círculos
líticos, capelas, fontes, muíños, pontes, curros, lendas...
PATRIMONIO CULTURAL
Igrexa de Santa Filomena
do Cadramón

ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, parques eólicos.
Mineiría: explotacións de turba, cuarcitas, feldespatos...
Antenas no cume do Xistral

Agrogandaría, actividade forestal e parques eólicos

Campo da Cruz

PROBLEMAS
•Exceso de parques eólicos e apertura de pistas
•Repoboacións con especies alóctonas
•Incendios

Poucos lugares da serra do Xistral están libres de parques eólicos outendidos eléctricos

PUNTOS DE INTERESE
Toda a serra ofrece paisaxes únicas e espectaculares e son moitos os lugares aos que nos
podemos achegar para gozar deles ou facer camiñadas.

-Cumes: O Cadramón, O Xistral, Pena da Cadela, Pau da Vella...
-Tremoais (na zona tamén se coñecen co nome de “veigas moles”): nacementos do Eume,
Pena Vella...
-Fervenzas: río Arnela, Escouridal, rego de Corvelle e Fraga das Lerias (río Ouro)...
-Fragas: Besteburiz, Os Curuxos, As Lerias, O Apagadoiro, Pedra Chantada...
-Penedos: Pena Abaladoira, Campo da Cruz, Penido Novo, Penido Vello, O Castelo...
-Círculo lítico e dolmes de San Tomé de Recaré...

Pena Abaladoira no Xistral (Pereiro, Alfoz)
Contan que tivo unha inscrpción dunha "bicha“ (serpe xigante) que agora non se aprecia. As parellas con problemas de
fertilidade, as nais con pouco leite para alimentar os fillos, as mulleres que procuraban noivo ou as que desexaban saír
con ben do parto deitábanse sobre ela para pedir remedios. A auga das pías é boa para currar as espullas. Para curar o
reúma hai que pasar por baixo dela e abaneala cunha soa man.
Tamén contan que se facían sacrificios de animais e botábase o sangue en dous buratos que hai na parte superior para
logo purificarse con ela. Din que se usou para facer xuízos ou probas de verdade para comprobar a fidelidade das
esposas, a virxinidade das doncelas e a culpa ou inocencia de acusados de diversos delictos; segundo a pena abanease
ou non, resultaba culpable ou inocente o sospeitoso.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro
Debuxos: Mon Daporta
marzo 2017
Tags