Traxe Masculino:
ROUPA INTERIOR
CALZONCILLOS: era un pequeno calzón de liño branco e pechado pola cintura con un botón.
CIROLAS:.Peza de roupa interior. É un pantalón longo , da misma tea que a camisa. Está feita de liño
de cor branco. Úsabase principalmente no verán pola calor e as faenas do campo, como as segas,
onde había que aguantas moitas horas de sol.
MEDIAS: Usábanse en tódalas épocas do ano, ás verces soas e outras por debaixo das polainas.
Cubrían o pé e a perna ata o xeonllo, e eran de liño ou lá, e tamén as había de seda.
ROUPA EXTERIOR
CAMISA: A camisa e usada dende épocas moi lonxanas en Galiza. Está feita de liño ou lá. A súa cor solía
de cor branca, pero podía ser doutras cores. A camisa foi como as demais prendas de vestir, peza de
distinción e esta distinción notábase principalmente no xénero, pero tamén na feitura. As mellores
camisas, que se poñían nas festas, podían ter a parte de adiante superior noutro xénero e con adornos
moitas veces bordados.
CHALEQUE: É unha prenda moi vistosa na indumentaria masculina. Pode ser de panilla, veludo , baeta
( verde, amarela ou vermella, segundo a cor doutas pezas do traxe). Pode levar colo alto e solapas en
pico de regular, ou de colo baixo e solapas en pico pero máis curtas. O chaleque das festas (“o bo”) tiña
solapas bordadas e ribeteadas, e levaba dúas liñas de botóns brancos ou dourados, unha ringleira para
cerrar e a outra de adorno. O peche podía ser central ou lateral.
A espalda era de liño con variedade de adornos, dende un triángulo só ou dous opostos polo vértice, ou
motivos florales, xeométricos, etc.
CHAQUETA: Era curta, non pasaba da cintura , e entallada, de pano castaño, verde, azul ou vermello.iña
colo alto ou volto, e solapa pequena, dous petos horizontais, ás veces bordados. Os botóns en dúas liñas,
unha a cada lado, e tamén nos puños, brancos o dourados, según os das demais pezas.
Nalgunha épcoa a chaqueta usábase levándoa ó ombro, postura moi garbosa dos mozos para lucir
mellor o seu chaleque.
A chaqueta de festa tiña sempre o colo alto e bordado, igual que o reforzo dos petos.