O crepúsculo e as formigas

1,786 views 1 slides Sep 21, 2014
Slide 1
Slide 1 of 1
Slide 1
1

About This Presentation

narradores e puntos de vista, narrador expresionista


Slide Content

O crepúsculo e as formigas
O sol está morrendo e sobre a vila treme unha brétema moi lixeira e
algo vermella.
Eu vivo no derradeiro piso e ollo a vila.
Emprincipian a se acender as luces, impotentes contra a mesta e
bárbara avanzada das sombras. As sombras penetran as rúas como algo
sen corpo e fanse mestas nos ollos dos homes.
É o intre do crepúsculo.
Agora é cando morre a lus e o perfís das cousas deixan de ser
concretos.
Achego a miña cara á fiestra, aos vidros da fiestra, e vexo a rúa
longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que
fervera estreitamente, escuramente.
Os homes son coma formigas, na vila sen nome.
E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdibuxados, esvaídos, pois
o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se
interpón entre os homes e a miña ollada.
Eu non limpo o cristal, non abro a fiestra.
Deixo, lector, que ese bafo inapalpábel desfigure a miña imaxe dos
tebregosos homes da vila, no crepúsculo, que mesmamente enchen a rúa
estreita e prolongada coma se fosen unha columna de formigas en
marcha.